30 ene 2010

PABLO , 38 NO MUNDIAL DE CICLOCROSS


O corredor do cc Maceda, rematou hoxe, no posto 38 no mundial de ciclocross, na localidade de Tabor na Republica Checa, ao que acudiu formando parte da seleccion Española.Nun circuito completamente nevado e con xeo,o que provocou numerosas caidas, e con temperauras moi baixas, Pablo, na sua primeira participacion nun mundial, tivo unha gran actuacion, xa que saindo dende as ultimas posicions, foi remontando posicions ,e cando se atopaba entorno o posto 25 sufriu un pinchazo que fixo que se retrasara de novo a posicions mais retrasadas. A persares delo, voltou a remontar rematando 38 e 2 español..A carreira foi intensa dende o principio, xa que o que se estaba en xogo era nada menos que o titulo de Campion do Mundo, que o final levouse o checo Paprstka. Pablo , pon remate a si a unha gran temporada , no seu primer ano na categoria junior. Con esta sua primeira partipacipacion nun mundial, superou os obxectivos que se tiña marcado a principio da temporada.

29 ene 2010

A CARREIRA DE JUNIORS EN TV


Chegou a hora, mana sabado e carreira de juniors , na que participa Pablo, a partires das 11 horas; o circuito esta cheo de neve e xeo, pero en boas condicions para poder correr. Hoxe non fai tanto frio como parecia, pero mana, as previsions e de mais frio. A carreira televisase en Teledeporte, en diferido, a partires das 13:00 co que se podera ver dende Galicia. Pablo , e Paulo, o outro galego que corre, partiran de posicions retrasadas, co que sera unha carreira para ir remontando.

26 ene 2010

XA QUEDA POUCO PARA O MUNDIAL


Pablo partirá o mércores cara Tabor; estan convocados o mércores a noite en Madrid, para dende ali desprazarse a Tabor. A carreira de juniors é o sábado 30 a partires das 11 da maña, hora local. A previsión e de frio e neve. Xunto con Pablo, iran 20 macedans a presenciar a proba.
En Elite, correrá tamén outro macedan, J.A. Hermida, a sua proba será o domingo 31 a partires das 14:00 P.M. hora local.

É a carreira máis importante do ano, e ali estaremos.
SORTE A PABLO E HERMIDA!!!

Para ver fotos de como esta o circuito e demais datos da carreira podedes entrar en http://www.mstabor2010.cz/en/ ou en http://www.cyklokros.cz/_new/cz/index.php?page=fotogalerie/ze-stavby-trate-pro-ms-2010-v-tabore-iv.-23.1.2010. Nesta ultima web, colgan fotos casi a diario de como se vai preaparando o circuito.

25 ene 2010

CICLOCROSS INTERNACIONAL ISPASTER




Onte Pablo Rodriguez e Marcos Villar estiveron participando no CICLOCROSS INTERNACIONAL DE IPSPASTER, proba que pecha o calendario estatal de ciclocross e que contou cos mellores corredores estatais da especialidade. A carreira estivo marcada , como ven sendo habitual en Ispaster, pola gran cantidade de barro e o numeroso publico que presenciou a proba. Na carreira de cadetes ,Marcos, que partia da ultima posición da parrilla de saida, remontou toda a carreira , ate rematar 6º, o que da unha idea, da gran carreira que realizou. Cando os circuitos son duros, e con costas, Marcos desenvolvese millor.
En Juniors, a mala sorte voltou a acompañar a Pablo, xa que a 100 m da saida, rompia a patilla do cambio, e obrigabao a chegar a boxes. A partir de ahi, tocoulle remontar, e pronto situouse no 3º lugar con Peio , pero ao non poder cambiar de bici en toda a carreira , o barro foiselle acumulando, o que provocou que co paso das voltas , a bici apenas podia ir, co que ia perdendo posicions, remantado nun moi meritorio 6º lugar. Era unha carreira na que era moi importante cambiar de bici cada volta, xa que se acumulaba gran cantidade de barro e herba.
Agora toca pensar no mundial. Agardemos que a sorte lle acompañe e poida disputar a carreira nas millores condicións posibles, anque con moita neve, xeo e frio.

13 ene 2010

PABLO , AO MUNDIAL DE CICLOCROSS


O corredor do CC MACEDA , PABLO RODRIGUEZ, foi convocado pola selección española para participar nos CAMPIONATOS DO MUNDO DE CICLOCROSS, os dias 30 e 31 de xaneiro en TABOR ,na República Checa. Xunto a PABLO , esta tamen acudira, na categoria Elite, J.A. HERMIDA, corredor que da nome a Escola de Ciclismo do Clube de Maceda.

Pablo, que no seu primer ano como Junior, na especialidade de Ciclocross, esta a completar unha gran tempada tanto a nivel galego como a nivel estatal, situándose como un dos millores corredores juniors da peninsula. Nesta tempada leva xa 7 victorias, ademais de numerosos podiums, téndose proclamado galego, e situandose como 2º na xeral final da Copa de España. So a mala sorte, que se cebou nel, en forma de averias e pinchazos, nos pasados campionatos de España , celebrados en Laredo, impediulle disputar unha das prazas do podium. O seleccionador español, segundo a suas palabras, apostou por Pablo ,xa que tivo moi mala sorte no Campionato de España e non poido estar cos millores, pero esta andando moito e é de primeiro ano, polo que lle vai vir ben de cara o futuro. Na categoria junior, tamen acudirá convocado o tamén corredor galego , Paulo Gonzalez.

A selección estará composta por: Os élites Javier Ruiz de Larrinaga, Egoitz Murgoitio (Euskadi), José Antonio Hermida (Cataluña), Tino Zaballa e Isaac Suárez (Cantabria), os sub-23 David Lozano (Cataluña), Iñigo Gómez e Daniel Ruiz (Euskadi), os juniors Jon Ander Insausti, Peio Goikoetxea (Euskadi), Paulo González e PABLO RODRIGUEZ (Galicia) e as féminas Rocío Gamonal (Asturias) e Rocío Martín (Andalucía)

PARABENS PABLO!!!!!!!!

11 ene 2010

CAMPIONATOS ESPAÑA CICLOCROSS - LAREDO




Este fin de semán celebráronse en Laredo os Campionatos de España de Ciclocross, con moito frio, neve e xeo. O venres foi a proba por equipos, con Pablo formando parte da selección galega. Galicia, acabou segunda. O sábado foi o turno para os masters. Xulio foi 23º en M-40 e J.Manuel 48º en M-30. O domingo era o dia forte, coas carreiras de cadetes, juniors e elite. En cadetes, Marcos acabou 19º competindo co maillot da seleccion galega, e David foi 30º, realizando ambos unha gran carreira. En juniors, participarón , Pablo , coa seleccion galega ,e Iago. Pablo , partía como un dos favoritos, pero a mala sorte cebouse nel, e xa nos primeiros compases da carreira, sufría un pinchazo, que o relegaba as últimas posicións; pero non foi o único percance, xa que cando estaba remontando, rompia o cable do cambio, e xa para rematar, e na ultima volta, a cadea. Ao final , entrou en meta a pe. Iago, nunha moi boa carreira, remataba 20º, apesares, de verse afectado nunha caída na saída.

En elite, Hermida, nunha carreira emocionate, que non se decidiu ate os últimos metros, foi 2º.

6 ene 2010

II CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA





O sábado 2, disputouse en Maceda , e organizada polo CC MACEDA , a derradeira proba do calendario galego de Ciclocross, e previa aos campionatos de España que se celebran o vindeiro fin de semán. O clube local fixo un gran papel diante da numerosa afeccion de Maceda que se achegou a ver a proba e acadou a victoria en duas das categorias; en juniors, o vencedor foi Pablo Rodriguez, que desta forma amosou o gran estado de forma no que se atopa de cara os vindeiros campionatos de España, nos que parte con opcions de facer un gran papel. A segunda victoria chegou de mans de Xulio Conde en Master 40. En cadetes , Marcos Villar estivo moi cerca da victoria, e remaoutou 2º dilucidandose a victoria ao sprint. O restos dos corredores de Maceda raiaron a gran altura nas diferentes categorias nas que particioparon, con un J.Manuel Ramos, 4º en Master 40 , David Rodriguez, 7º en cadetes , Iago Saa 17º en Cadetes. Pola sua parte Iago Garcia non poido rematar a sua carreira, en juniors, a causa dunha caida. En total foron mais de 130 os participantes que se achegaron a Maceda a participar na proba.