29 jun 2010

CLASIFICACIONS FINAIS OPEN ESPAÑA

Disputada a ultima proba do Open de España, as clasificacións definitivas ,quedan con Pablo como 7º junior, Iago 13º; en Master 40 Xulio Conde foi finalmente 5º . Asi pois actuación destacada nesta tempada dos corredores do CC Maceda.

OPEN ESPAÑA PORT AINE


Este domingo finalizou no Pirineo lleridano, na estación de Port Aine, o Open de España Superprestigio Massi. Varios corredores macedáns acudiron a cita. Nunha proba , marcada pola altitude, a máis de 2.000 mts , e na que acudiron todos os corredores con opcións a victoria, os corredores macedans cumpriron unha boa xornada de BTT. En juniors, Pablo foi 5º , confirmando que se atopa entre os millores nesta categoria; Iago, foi 17º . En Cadetes Marcos, non finalizou a proba, e en Master 40 Xulio foi 5º

21 jun 2010

PABLO , NA COPA DE ANDALUCIA DE BTT


Na matinal do domingo , Pablo Rodriguez , que se atopaba este fin de semán en Serra Nevada concentrado coa selección española, acudiu co resto de integrantes da selección a participar nunha proba da Copa de Andalucia de BTT , pero unha caida sin maiores consecuencias , provocou a súa retirada cando marchaba no 2º lugar.

G.P. CONCELLO DE CAMBRE DE BTT


O sábado , e coincidindo coa proba do Rosal, os cadetes e juniors desprazaronse ata Cambre para participar no Gran Premio BTT Concello de Cambre. Nun circuito duro e técnico, o único podium chegou de mán de Marcos Villar que rematou 3º en cadetes completando unha gran carreira. En juniors Iago foi 4º e J.Ramon Villanueva tivo que retirarse por averia.

MINI BTT O ROSAL


Nunha xornada calurosa na praia da Eiras, o Clube Ciclista Rosal organizaba unha proba máis do calendario Galego de Mini BTT , e na que os corredores e corredoras de Maceda, acadaron varios podiums. Asi en infantis Ivan Conde foi 2º ,escapandoselle a victoria por unha caida, na ultima curva cando ia primeiro. En infantis feminas, chegou a única victoria da tarde con Desidee Duarte 1ª e Xiana Conde 2ª. En alevíns , Ivan Feijoo foi 2º con Román Saa 3º. E en Promesas Feminas , Aida González foi 2ª .

Os restantes corredores e corredoras completaron unha gran actuación todos.

Promesas: Martin 6º; Breixo 15º;Alvaro 27º;Hugo 29º;Noe 31º. Noela 4ª en feminas.

Benxamins: David 10º; Alfredo 29º

Alevins: Dani 10º; Samuel 12º; Aroon 17º.

Infantis: Ruben 6º

A vinderia cita de MINI BTT terá lugar dentro de 15 dias.

16 jun 2010

PABLO DE NOVO COA SELECCION ESPAÑOLA


O junior Pablo Rodriguez volta a ser convocado pola selección española de BTT para a concentración que este fin de semán vai ter lugar no CAR de SERRA NEVADA. Aproveitando a concentración , participará este domingo, xunto co resto de convocados, nunha proba da Copa de Andalucia de BTT.

6 jun 2010

MINI BTT HERVILLE MOS



Bonita xornada para o Clube Ciclista Maceda, na matinal do sabado no alto do monte de Herville, no concello de Mos, nunha proba organizada pola Fundación Oscar Pereiro para os máis pequenos e pequenas. Os integrantes da Escola de Ciclismo JA Hermida, dominaron na máior parte das categorias, acadando numerosos podiums. Asi en Infantis Masculino Ivan Conde foi 1º con Rubén García no 3º posto. Na mentras que na catería feminina Desidee Duarte e Xiana Conde foron 1ª e 2ª respectivamente. En Alevins, Ivan Feijoo foi 1º con Roman Saa en 3ª posición. E en promesas feminas houbo un novo doblete con Aida Gonzalez e Noela Saa en 1ª e 2ª posición. Foron un total de 21 os corredores de Maceda os que acudirán a participar nesta proba dun total de case que 150 corredores e corredoras de todos os clubes galegos. Na matinal do domingo , algúns corredores cluble macedán acudiron a participar no Campionato galego de Maraton para BTT en Crecente , no que J. Ramon Villanueva logrou acadar como 2º Junior.