31 jul. 2010

PABLO 16º NA COPA DO MUNDO DE VAL DI SOLE


O corredor junior Pablo Rodriguez do CC Maceda finalizou na 16ª posición na proba da Copa do Mundo de BTT celebrada na localidade italiana de Val di Sole, este sábado nunha xornada soleada, o que fixo que o circuito se atopara nunhas condicions optimas a pesar das choivas caidas ao longo da semán. Un gran resultado para o junior macedán situarse entre os 16 millores dunha proba da Copa do Mundo, no seu primer ano como junior e mais tendo en conta que entre os juniors de primeiro ano seria o 3º. Pablo que partia , de posicións moi retrasadas na grella de saida, na posición 65 dun total de 80 corredores, tivo que ir remontando posicions durante toda a carreira. Pablo manifestaba que o circuito adaptabase a suas condicións xa que contaba con importantes subidas o que lle permitia ir adiantando posicións volta a volta, para finalmente rematar 16º, a pouco máis de 4 minutos do vencedor, o belga Jens Schuermans, sendo o millor clasificado dos tres integrantes da selección española, formada polo andaluz, Antonio Santos, e o catalan Adriá Noguera.Con esta carreira, Pablo finaliza a sua participación na Copa do Mundo coa selección española, millorando os seus resultados proba a proba.

Na categoria elite, Hermida remataba unha vez máis no top ten sendo 8º.

30 jul. 2010

PABLO RODRIGUEZ NA COPA DO MUNDO DE VAL DI SOLE


Pablo , voltara a correr este fin de semán nunha nova proba da Copa do Mundo de BTT coa selección española, esta vez na localidade Italiana de Val di Sole. Esta e a última proba da copa do mundo que se celebra en territorio europeo, xa que siguntes citas serán no continente americano, e previas os mundiais que se disputarán no mes de setembro en Canada. O corredor macedán que tan boa temporada esta realizando, describe o circuito , como un circuito duro e menos técnico que nas citas anteriores, e que se atopa pesado, xa que estes días estivo a chover. A carreira disputarase maña sabado a partir das 9 da maña.

25 jul. 2010

PABLO RODRIGUEZ 39º NA COPA DO MUNDO DE CHAMPERY


O corredor junior macedán do CC MACEDA , pariticipou este domingo na estación de Ski suiza de Champery, en medio dos Alpes Suizos, na proba da COPA DO MUNDO de Mountain Bike formando parte da selección española. Nun circuito moi técnico, e resbaladizo, pola choiva caida nos días previos a carreira, Pablo Rodriguez completou unha gran carreira na sua segundo participación nunha proba da Copa do Mundo. Tocoulle sair de posicións moi retrasadas na parrilla de saída, en torno o 65, e nun circuito non que non era facil adiantar, o corredor macedán foi remontando volta a volta para finalmente rematar nun meritorio 39º lugar, millorando cosiderablemente , a posición que tiña acadado na súa primeria participación nunha copa do mundo. Unha vez rematada a carreira , os integrantes da selección española partiron cara a localidade italiana de Val di Sole, onde o proximo fin de semán terán unha nova proba da Copa do Mundo.


Sinalar tamén que na mesma proba , e na categoría elite, Jose Antonio Hermida, remataba 10º co que situa na 4ª posición da xeral da Copa do Mundo.

II TROFEO MINI BTT CONCELLO PORRIÑO


O Sábado os maís pequenos e pequenas da Escola de Ciclismo JA Hermida do CC Maceda, acudían ao monte da Risca en Porriño , para participar nunha nova proba do OPEN GALEGO DE MINI BTT, conquerindo varios podiums, asi Ivan Conde venceu en Infantiles, Román Saa foi 2º en alevins, Aida Gonzalez venceu en Promesas con Noela Saa 2ª. Foron un total de 15 os corredores do CC Maceda que acudiron a cita de Porriño.

INFANTIS:
Masculino: 1º Ivan Conde; 7º Ruben García; 11ºIsmael del Campo
ALEVINS:
Masculino: 2º Román Saa; 10º Samuel Gonzalez; 13º Aroon Lopez
BENXAMINS:
Masculino:13º David Hermida;
Feminas: 4ª Antía Martínez
PROMESAS:
Másculino: 8º Pablo Hermida; 11º Martín González; 19ºAlvaro González; 22º Hugo González; 23º Noe González
Feminas: 1ª Aida Gonzalez; 2ª Noela Saa

18 jul. 2010

PABLO NA COPA DO MUNDO DE SUIZA E ITALIA


Os campionato de España de BTT puxerón punto final a temporada de BTT , que tan fructifera esta sendo para a Escola de Ciclismo do CC Maceda, na que ten acadado importantes resultados a nivel estatal. O unico corredor que ainda non pon fin a temporada , e Pablo Rodriguez, que ao remate da proba foi convocado pola seleccion española para acudir a participar nas proas das Copas do Mundo de BTT que se disputarán os dous fin semán que siguen en Champery (Suiza) e Val di Sole (Italia), asi unha vez rematada a carreira de Barcelona xa partiron cara Suiza.

PABLO 3º EN JUNIORS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BTT-XC


Este domingo rematarón na montaña olímpica de Montjuic en pleno corazón de Barcelona, os Campionatos de España de BTT-XC; nunha maña intensa, coa celebración de 3 carreiras, a actividade principiaba as 9:30 coa carreira de Juniors na que o clube macedán partia con opcións de podium , por medio do seu corredor Pablo Rodriguez que viña facendo unha gran temporada, sen esquecerse de Iago García que xa tiña obtido podium nunha proba da Copa de España; e a carreira non defraudou , sendo moi disputada na cabeza, con un Pablo sempre rodando nos tres primeiros postos. Ao final, e nun final intenso Pablo obtivo unha moi meritoria 3ª praza no seu primer ano na categoria junior, que se engade o seu destacado palamares; os outros dous corredores juniors macedans , Iago e J. Ramon, tamén realizaron unha boa carreira con Iago , finalmente 17 e J. Ramon 22, con pinchazo incluido; o obxectivo macedán de colocar os seus 3 corredores entre os 20 primerios nunha carreira na que sairon casi un centenar de corredores, estivo cerca , xa que so un pinchazo privou a J. Ramon de rematar nos 15 primeiros. Na outra carreira na que tomarón parte corredores de Maceda, foi a de Cadetes, na que Marcos Villar realizou unha gran remontada despois de partir das ultimas posicions e rematar finalmente de 25 na súa primeira particpación nun campionato de España, e David Rodriguez foi 35º. En Master 40 , Xulio Conde foi 14º.Esta carreira pon fin a temporada de BTT , que tan fructifera esta sendo para a Escola de Ciclismo do CC Maceda, na que ten acadado importantes resultados a nivel estatal.

MINI BTT MONTEPORREIRO PONTEVEDRA

O sabado celebrouse en Monteporreiro (Pontevedra) unha nova proba do Open Galego de Mini BTT , optendo o clube macedan sendas victorias en Infantis por medio de Ivan Conde e Desiree Duarte en masculino e femenino , e 3º postos de Ruben Garcia en Infantil, Ivan Feijoo en Alevin , un 2º posto de Aida González en Promesas.

16 jul. 2010

CAMPIONATO DE ESPAÑA BTT XC


Este fin de semán celebranse no parque olímpico de Montjuic, en Barcelona os Campionatos de España de BTT XC; o CC Maceda acudirá con unha importante representación asi un total de 6 corredores macedans participarán nas categorias de Cadetes, Juniors e Master 40. As probas de Cadetes e M-40 disputaránse na tarde do sábado a partir das 17 horas; Marcos Villar , David Rodriguez e Xulio Conde participarán nesta carreira. O Domingo a partir das 9:30 horas tocaralle os juniors Pablo Rodriguez, Iago García e J.Ramon Villanueva. E nesta categoría onde o clube macedán parte con serias opcions de podium , xa que tanto Pablo como Iago xa estiveron presentes no podium nas probas da Copa de España, e hai que lembrar que neste mesmo circuito, Pablo, acadou o titulo de Campión de España en categoría Cadete. A partir das 11:30 do domingo e pondo punto final aos campionatos ,celebrarase a proba Elite, na que o principal favorito e o corredor oriundo de Maceda J.A. Hermida.

ACTIVIDADES FIN DE SEMAN

SABADO 17
11:00 horas MINI BTT MONTEPORREIRO - PONTEVEDRA
15:00 horas CAMPIONATO ESPAÑA BTT XC - MONTJUIC - BARCELONA
Carreira Cadetes e Master 40

DOMINGO 18
9:30 horas CAMPIONATO ESPAÑA BTT XC - MONTJUIC - BARCELONA
Carreira Juniors

11 jul. 2010

TROFEO MINI BTT PARQUE A VISOUREIRA


Fin de semán intenso para o CC Maceda. Despois de organizar a última proba do OPEN GALEGO DE BTT o sabado, o domingo , os máis pequenos do clube, acudiron a Ponteareas para participar nunha nova proba do OPEN GALEGO DE MINI BTT, organizada pola Fundación Oscar Pereiro, no parque da Viosoureira. E tamén colleitaron unhos moi bos resultados con 5 podiums e 4 victorias. En infantis venceu unha vez máis , Ivan Conde; na mesma categoria en feminas a vecedora foi Xiana Conde con Desiree Duarte no 2º lugar. En Alevíns o vencedor foi Ivan Feijoo; e en promesas feminas , Aida Gonzalez colleitou unha victoria máis.


Resultados:

Infantis

1º Ivan Conde

5º Ruben García

12º Ismael del Campo


Infantis Feminas

1ª Xiana Conde

2ª Desiree Duarte


Alevin

1º Ivan Conde

10º Samuel Gonzalez

11º Daniel Fontela


Benxamins

12º David Hermida

29º Alfredo Firvida


Promesas

6º Martin Gonzalez

8º Breixo Atrio

9º Pablo Hermida

19º Manuel Firvida

21º Alvaro Gonzalez

22º Hugo Gonzalez

30º Noe Gonzalez


Promesas Feminas

1ª Aida González

II BTT CASTELO DE MACEDA


No fin de semán anterior os Campionatos de España, que se celbran o vindeiro fin de semán na montaña olimpica de Montjuic, en Barcelona e o que acudira unha boa representación do noso clube, correspondeulle ao clube macedán organizar a ultima proba do OPEN GALEGO DE BTT 2010 , nun circuito no entorno do rio de Maceda con saída e chegada nas piscinas municipais, e con numerosísimo público presenciando a proba, nunha tarde calurosa, e na que o clube Macedan convertiuse no dominador ao conseguir un total de 5 podiums con tres victorias. En junior , venceu Pablo Rodriguez con J.Ramón Villanueva no 3º posto. En Cadetes tamén houbo doble podium con Marcos Villar 1º e David Rodriguez 3º. E en Master 40 chegou a 3ª victoria de man de Xulio. Asi pois xornada completa a q puña fin a temporada galega de BTT. En total foron un centenar de corredores e corredoras os que tomarón a saída na proba.


Resultados II BTT CASTELO DE MACEDA.

Elite:
1º Mauro Gonzalez Cidade de Lugo
2º Daniel Rodriguez A ponte vella - Monforte
3º Pablo Paz CC Monforte-Bicimarket

Junior
1º Pablo Rodriguez CC Maceda-Academia Postal
2º Brais Chas CC Cambre-Renault Caeiro
3º J.Ramon Villanueva CC Maceda-Academia Postal

4º Iago García CC Maceda-Academia Postal

Cadete
1º Marcos Villar CC Maceda - Academia Postal
2º Anxo Lourenzo CC Padrones-Aluminio Cortizo
3º David Rodriguez CC Maceda-Academia Postal

Feminas
1ª Lucia Vazquez Aquagest
2ª Isabel Castro Aquagest
3ª Eva Alvarez Monteferro Bike Club

Master 30
1º Luis Garcia Bici Verde - Vigo
2º Xorxe Lourenzo Roca Sport-Ferrol
3º Ringo Deza CC Monforte- Bicimarket

Master 40
1º Xulio Conde CC Maceda - Academia Postal
2º Miguel Dorado XtremeBike
3º J.Ramon Jacome Turismo de Pontevedra

5 jul. 2010

II BTT CASTELO DE MACEDA

II BTT CASTELO DE MACEDA-Copa Deputación de Ourense
Final OPEN GALEGO BTT 2010

17:00 HORAS
SAIDA E CHEGADA: PISCINAS DE MACEDA

Este sábado celébrase en Maceda o II BTT CASTELO DE MACEDA- Copa Deputación de Ourense, a ultima proba puntuable para o OPEN GALEGO DE BTT, organizada polo CC MACEDA a partires das 17:00 horas con saída e chegada nas PISCINAS DE MACEDA.
Atención o cambio de ubicación , xa que este ano sera nas PISCINAS e non no castelo ,como viña sendo outros anos.
Xa sabedes, todos con bañadores, para celebrar o final do Open.

CAMPIONATOS GALEGOS BTT 2010


Este fin de semán disputaronse os CAMPIONATO GALEGOS DE BTT 2010 no monte Pedroso de Santiago de Compostela, nunha maña calurosa e non circuito duro, os corredores de Maceda tiveron unha actuación moi destacada , acadando 4 medallas, e destacando a victoria, e polo tanto o titulo de CAMPION GALEGO 2010 de Pablo Rodriguez na categoria Junior. Nun mes decisivo , xa que neste mes se celebran tanto os Campionatos Galegos como os de España, Pablo refrenda a súa gran temporada neste primer ano como junior acadando o su primeiro obxectivo que era o titulo galego. Na mesma categoría , e consolidando o proxecto da canteira do CC Maceda, J.Ramon Villanueva foio 3º e Iago García 4º , polo que tres corredores da Escola de Ciclismo JA Hermida entraron entre os 4 primeiros nun campionato galego na categoria junior.En cadetes chegou a terceira medalla por medio de Marcos Villar que rematou 3º e en Master 40 Xulio foi 2º. A vindeira cita , sera o proximo sabado pola tarde na proba que organiza o noso clube en Maceda, un fin de semán antes dos campionatos de España que se celebran en Barcelona. Esta proba pora fin o Open Galego de BTT 2010.
Resultados:
Junior:
1º Pablo; 3º J.Ramon Villanueva;4º Iago Garcia.
Cadetes:
3º Marcos Villar; 5º David; 9º Iago Saa.
Master 40:
2º Xulio

I MINI BTT HORACIO BARROS - PORRIÑO


Este sábado , os maís pequenos e pequenas da Escola acudiron ao velodromo de Porriño, para participar nunha nova proba do Calendario Galego de MINI BTT , organizada pola Fundación Oscar Pereiro, acadando, como ven sendo habitual , varias victorias, asi en Promesas, Aida Gonzalez foi 1ª e Noela Saa 2ª. Benxamins , Antia Martinez foi 2ª. En alevins Ivan Feijoo foi 3º e xa en Infantis , na categoria feminas Desiree Duarte foi 1ª e Xiana Conde 2ª , e en masculino Ivan Conde foi 1º. Destacar que tamen se celebrou unha proba de Equipos , na que o clube macedan finalizou 2º.

Resultados:

Promesas:

Masculino: 6º Pablo; 19º Manuel Firvida; 22º Alvaro Gonzalez; 26º Hugo Gonzalez; 33 Noe Gonzalez.

Femenina: 1ª Aida; 2ª Noela.

Principiantes:

Masculino: 10º David Hermida; 26º Hugo ; 31º Alfredo Firvida.

Femenina: 2ª Antia.

Alevins:

Masculino: 3º Ivan Feijoo; 6º Roman Saa; 9º Daniel Fontela; 13º Samuel Glez; 16º Aroon Lopez

Infantis:

Masculino: 1º Ivan Conde; 6º Ruben Garcia;10º Ismael.

Femenino: 1ª Desiree Duarte; 2ª Xiana Conde