18 jul 2010

PABLO 3º EN JUNIORS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BTT-XC


Este domingo rematarón na montaña olímpica de Montjuic en pleno corazón de Barcelona, os Campionatos de España de BTT-XC; nunha maña intensa, coa celebración de 3 carreiras, a actividade principiaba as 9:30 coa carreira de Juniors na que o clube macedán partia con opcións de podium , por medio do seu corredor Pablo Rodriguez que viña facendo unha gran temporada, sen esquecerse de Iago García que xa tiña obtido podium nunha proba da Copa de España; e a carreira non defraudou , sendo moi disputada na cabeza, con un Pablo sempre rodando nos tres primeiros postos. Ao final, e nun final intenso Pablo obtivo unha moi meritoria 3ª praza no seu primer ano na categoria junior, que se engade o seu destacado palamares; os outros dous corredores juniors macedans , Iago e J. Ramon, tamén realizaron unha boa carreira con Iago , finalmente 17 e J. Ramon 22, con pinchazo incluido; o obxectivo macedán de colocar os seus 3 corredores entre os 20 primerios nunha carreira na que sairon casi un centenar de corredores, estivo cerca , xa que so un pinchazo privou a J. Ramon de rematar nos 15 primeiros. Na outra carreira na que tomarón parte corredores de Maceda, foi a de Cadetes, na que Marcos Villar realizou unha gran remontada despois de partir das ultimas posicions e rematar finalmente de 25 na súa primeira particpación nun campionato de España, e David Rodriguez foi 35º. En Master 40 , Xulio Conde foi 14º.Esta carreira pon fin a temporada de BTT , que tan fructifera esta sendo para a Escola de Ciclismo do CC Maceda, na que ten acadado importantes resultados a nivel estatal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario