25 jul 2010

PABLO RODRIGUEZ 39º NA COPA DO MUNDO DE CHAMPERY


O corredor junior macedán do CC MACEDA , pariticipou este domingo na estación de Ski suiza de Champery, en medio dos Alpes Suizos, na proba da COPA DO MUNDO de Mountain Bike formando parte da selección española. Nun circuito moi técnico, e resbaladizo, pola choiva caida nos días previos a carreira, Pablo Rodriguez completou unha gran carreira na sua segundo participación nunha proba da Copa do Mundo. Tocoulle sair de posicións moi retrasadas na parrilla de saída, en torno o 65, e nun circuito non que non era facil adiantar, o corredor macedán foi remontando volta a volta para finalmente rematar nun meritorio 39º lugar, millorando cosiderablemente , a posición que tiña acadado na súa primeria participación nunha copa do mundo. Unha vez rematada a carreira , os integrantes da selección española partiron cara a localidade italiana de Val di Sole, onde o proximo fin de semán terán unha nova proba da Copa do Mundo.


Sinalar tamén que na mesma proba , e na categoría elite, Jose Antonio Hermida, remataba 10º co que situa na 4ª posición da xeral da Copa do Mundo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario