23 ago 2010

MINI BTT CASTELO DE MACEDA: CARREIRA E FESTA


Este sábado disputouse o VI MINI BTT CASTELO DE MACEDA, a nosa carreira. Foron 110 os rapaces e rapazas de todo Galicia os que tomaron a saída na proba, nunha xornada moi calurosa e nun paraxe xa clásico no mundo do ciclismo como é o entorno do Castelo de Maceda. Os corredores e corredoras da ESCOLA DE CICLISMO JA HERMIDA do CC MACEDA , cumpriron sobradamente diante da sua xente, e acadaron varias victorias e podiums, asi en Promesas Feminas, venceu Aida Gonzalez con Noela Saa en 3º lugar. En Principiantes feminas , Antía Martinez foi 3ª. En Alevins Ivan Feijoo foi 2º e en Infantis Feminas doblete con Xiana Conde 1ª e Desiree Duarte 2ª, na mentres que en Infantis Masculino Ivan Conde foi 2º. Ao remate da carreira comezou a FESTA DO MINI BTT, que durou ata altas horas da madrugada, cun xantar multitudinario con mais de 300 persoas do MINI BTT, piscina, videos, cea, karaoke e acampada..... Agardamos que toda a xente que participu o pasara ben.


Resutados carreira corredores e corredores CC MACEDA:


INFANTIS MASCULINO: 2º Ivan Conde; 5º Ruben Garcia; 12º Ismael Del Campo

INFANTIS FEMINAS: 1ª Xiana Conde;2ª Desiree Duarte

ALEVINS MASCULINO: 2º Ivan Feijoo; 4º Roman Saa; 8º Daniel Fontela; 11º Samuel Gonzalez; 20º Aroon Lopez;

PRINCIPIANTES MASCULINO: 10º David Hermida; 14º Hugo Vazquez

PRINCIPIANTES FEMENINO: 3ª Antía Martínez

PROMESAS MASCULINO: 9º Pablo Hermida; 11º Martin Gonzalez;23º Manuel Firvida; 25º Hugo Gonzalez;27º Alvaro Gonzalez; 28º Noe Gonzalez;

PROMESAS FEMENINO: 1ª Aida Gonzalez; 3ª Noela Saa.

Resultados completos carreira:

No hay comentarios:

Publicar un comentario