26 sept 2010

REMATOU O MINI BTT COA PROBA DE TUI


Este sábado celebrouse en no Monte Aloia en Tui organizada pola Fundación Oscar Pereiro, a última proba do calendario galego de Mini BTT. Nunha maña soleada , e coa presencia de Oscar Pereiro, os corredores e corredoras de Maceda acadaron varios podiums, con tres victorias, completando unha vez maís unha gran xornada. En promesas féminas, Aida González acadou unha vez máis a victoría con Noela Saa en 3ª posición. En Principiantes , Antia Martínez foi 2ª; en alevíns , Ivan Feijoo foi segundo; en Infantis féminas Xiana Conde acadou a victoria ao igual que Ivan Conde que venceu na categoría masculina. Foron un total de 120 os corredores que participaron na proba nas distintas categorías. Ao remate da mesma houbo agasallos para todos.

Clasificacións completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/710_I%20TROFEO%20MINI%20BTT%20CONCELLO%20DE%20TUY.pdf

21 sept 2010

DESIREE E XIANA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE SANTOÑA


As dúas corredoras infantis da escola de ciclismo JA Hermida do CC Maceda, participaron este domingo nos campionatos de España de Estrada na localidade cantabra de Santoña. Nunha maña soleada e nun circuito plano ao que lle tiveron que dar 5 voltas, as corredoras do Maceda, na súa primeira participación nunha cita de caracter estatal , a que acudiron formando parte da selección galega, cumpriron, rematando Desiree no posto 37 e Xiana no posto 48. A selección galega acadou 4 metais, 1 de prata e 3 de bronce.

Clasificacións completas:
http://rfec.trackglobe.com/noticias/adjuntos/Clasificaciones%20completas%20Campeonatos%20Escolares%202010.pdf

13 sept 2010

MARIN E CANGAS: DOBRE CITA EN ESTRADA


Esta semán os corredores infantis IVAN CONDE, RUBEN GARCIA, DESIREE DUARTE e XIANA CONDE, asi como o alevón IVAN FEIJOO, acudiron a participar na dobre cita do calendario galego de estrada. O mércores a cita foi na localidade de Marin, nunha xornada marcada pola abundante choiva e as numerosas caidas nun circuito diseñado non interior das instalación portuarias. Os corredores e corredoras de Maceda , cumpriron na súa primeria competición en estrada, con un IVAN CONDE 7º en Infantis, e IVAN FEIJOO 10º en alevins.
Xa o sábado a cita foi en Cangas, nunha tarde xa soleada e calurosa, e nun circuito urbán polo centro de Cangas. Na carreira alevin , IVAN FEIJOO rematou o 11º e en INFANTIS , o millor voltou a ser IVAN CONDE , rematando 11º.

Clasificacions completas:

XVII TROFEO VIRXE DO PORTO - MARIN: http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/689_XVII%20TROFEO%20DE%20CICLISMO%20VIRXE%20DO%20PORTO.pdf
VI TROFEO CONCELLO DE CANGAS: http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/690_VI%20TROFEO%20CONCELLO%20DE%20CANGAS.pdf

DESIREE E XIANA AOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA ESCOLARES


As corredoras infantis da Escola de Ciclismo JA HERMIDA do CC MACEDA , DESIREE DUARTE e XIANA CONDE foron selecionadas para participar nos CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLISMO INFANTIL E CADETE de estrada, que se celebrarán entre do 17 o 19 de setembro na localidade cantabra de Santoña, formando parte do combinado galego. A proba disputarase na maña do domingo 19 a partir das 9:30 horas, tendo que dar 5 voltas a un circuito de 2.100 km de lonxintude. Son un total de 20 os corredores e corredoras os que formaran parte do combinado galego.
Máis información en http://www.cesecant.es/

5 sept 2010

HERMIDA CAMPION DO MUNDO !!!!!!!!


Que gran día para o noso clube, JOSE ANTONIO HERMIDA, gañou o campionato do Mundo de BTT 2010 en Canada dspois dun apasionante duelo co checo Jaroslav Kulhavy e o sudafricano Burry Stander, que poidemos presenciar a traves de Freecaster.tv coa familia do corredor, pais primos e avoa. Mentra tanto , PABLO, presenciaba en directo a proba en Canada, despois de ter participado na proba junior , na que lembremos rematou 33. Un titulo máis que merecido para un corredor que proba tras proba, mundial tras mundial ,se atopou sempre nas primerias posicións. Os corredores , corredores e toda a xente da Escola de Ciclismo JA HERMIDA, do CC Maceda, queremos felicitar a Jose por este titulo, que o fai si cabe máis grande dentro da historia do BTT. PARABENS!!!!!!!!!!!

IVAN , DESIREE E AIDA VENCEDORES DO OPEN MINI BTT


Onte rematou en Cambre o OPEN GALEGO DE MINI BTT-XIRA CAIXANOVA , coa imposición do maillot blanco de leader os vencedores nas diferentes categorias. Foron tres os corredores do CC MACEDA os que acadaron o maillot, asi IVAN CONDE foi o vencedor en INFANTILES , DESIREE en INFANTILES FEMINAS, e AIDA GONZALEZ en PROMESAS FEMINAS. No que respeta a carreira , Ivan Conde venceu en Infantis, Desiree en infantis feminas ,con Xiana Conde en 2ª posición. En alevins Ivan Feijoo foi 3º. Aida González foi a vencedora na carreira de Promesas Feminas. Agora xa so quedan 2 carreiras nesta tempada de Mini BTT , as organizadas pola Fundación Oscar Pereiro que se celebraran nos ultimos fin de seman de setembro.


Clasificacions completas en




3 sept 2010

PABLO 33º NO MUNDIAL JUNIOR DE BTT




Pablo Rodriguez remata 33º no campionato do mundo de BTT celebrado esta tarde no monte Sainte Anne en Canada , nun circuito moi tecnico nun dia nublado. Pablo que partia da posicion 48 foi remontando volta a volta para finalmente rematar despois de 5 voltas no posto 33 , sendo o 6º junior de 1º ano, xa que hai que lembrar que este e o seu primer ano na categoria. Gran carreira , pois de Pablo nesta sua primeira participación nun mundial de BTT, que segundo manifestaba ao remate da mesma, era un circuito que lle gustaba, pero que o embotellamento que houbo na primeira volta nas zonas tecnicas , provocou que tardara en recuperar posicions, e xa foi a partir da 2ª volta, cando a carreira estaba estirada, cando foi adiantando posicions, sobre todo nos treitos de subida, que foron onde podia marcar diferencia co resto de correodores. Foron un total de 75 os corredores que tomaron a saida, sendo o vencedor o holandes Michiel VAN DER HEIJDEN , segundo o frances Julien TRARIEUX e terceiro o alemán, Julian SCHELB. O outro corredor español que tomaba parte na proba, Antonio SANTOS, non finalizou a proba. Esta proba pon punto final a temporada de BTT , e despois dun descanso, PABLO iniciara a súa preparación de cara a temporada invernal de Ciclocross, que comeza no mes de Novembro. Maña, a partires das 20:30 horas disputarase a proba de Elite, na que participara o corredor oriundo de Maceda, JOSE ANTONIO HERMIDA, que parte con opcións de facer podium.




Clasificacións completas en:


2 sept 2010

PABLO NO CAMPIONATO DO MUNDO DE BTT


Maña é o gran día; PABLO tomará parte a partires das 17 horas no Campionato do Mundo de BTT en Mont Sainte Anne, en Canada, na categoria junior. Estaremos todos pendientes, a traves da web da uci, xa que parece que van colocando os tempos en directo. E o sabado, tocalle o turno a HERMIDA, a partir das 20:00 , nunha proba que se poderá ver en directo en http://www.freecaster.tv/. MOITA SORTE OS DOUS!!!!