28 nov. 2010

MARCOS VILLAR VENCE EN CADETES EN COMPOSTELA


Actuación destacada do corredores macedáns no VIII Trofeo de Ciclocross Muebles Compostela, celebrado hoxe no parque da Granxa do Xesto en Santiago. Os corredores macedáns , completaron asi un gran fin de semán despois da actuación destacada de Pablo Rodriguez na Copa do Mundo en Koksijde, e asi Marcos Villar levouse a victoria na categoria Cadete , na que Ivan Conde finalizaba 6º e Ruben García 7º. En Juniors , David Rodriguez , que carreira a carreira vai millorando os seus resultados, foi 7º. Desta volta sigue a boa temporada do Club macedán no calendario de Ciclocross.

27 nov. 2010

PABLO , 16º NA COPA DO MUNDO DE KOKSIJDE


Despois dunha gran carreira, o junior macedán , Pablo Rodriguez , rematou 16º na Copa do Mundo de Koksijde, en Belxica, na proba celebrada esta maña , baixo un frio intenso, con 2 grados baixo cero no momento da saida. Pablo , que partia na primeira liña de saída, realizou unha gran carreira , mantendose sempre entre os 20 primeiros, para rematar no 16º lugar, o que supón un gran resultado nesta súa primeria participación nunha proba da Copa do Mundo de Ciclocross, xa que anteriormente so tiña participado no Mundial de Ciclocross do ano pasado.

Pablo afrontaba a carreira con gran optimismo, e o final da mesma manifestaba a sua ledicia polo resultado colleitado, e por como se atopou na carreira. O circuito belga e un circuito con grandes zonas de dunas con area de praia, xa que se atopa perto do mar, o que obriga aos corredores a ter que facer tramos a pe. Pablo , que estivo moi metido en carreira en todo momento, soubo adapatarse perfectamente o circuito. O vencedor da carreira foi o belga Laurens Sweeck. En total tomaron a saída 71 corredores de 15 paises, sendo Pablo o único representante español.

25 nov. 2010

PABLO NA COPA DO MUNDO DE KOKJSIDE O SABADO




O junior Pablo Rodriguez , desplazouse a localidade belga de Kokjside para participar na proba da Copa do Mundo de Ciclocross. O corredor macedán que nestes momentos se atopa 3º no ranking da UCI de ciclocross, quere aproveitar a oportunidade de poder sair en posicións dianteiras, e poder loitar por un posto entre os millores. Hai un total de 72 corredores inscritos, de 15 nacionalidades diferentes, sendo Pablo o único corredor español.


Cumpre lembrar, que Pablo e o actual lider da Copa de España de Ciclocross , a falta da ultima proba.


Os restantes corredores do clube acudiran a participar na proba do calendario galego de Ciclocross que se celebrara o domingo pola maña ,na granxa do Xesto, despois de que a proba do sábado de Ames fora aprazada.

21 nov. 2010

CICLOCROSS NAVIA: PABLO 2º E LIDER. MARCOS 2º


Na maña do domingo celebrouse en Navia , nunha xornada marcada pola choiva e polo barro, a terceira proba da Copa de España de Ciclocross. De novo os corredores de Maceda , pisaron o podium , con Pablo Rodriguez , 2º en Juniors e Marcos Villar 2º en Cadetes; deste xeito Pablo recuperou de novo o maillot amarelo de Lider, que perdera na proba anterior, situandose dun xeito inmellorable de cara a acadar a victoria final na Copa de España , xa que so resta a proba de Alcobendas. Pero non so Pablo ten opcions para a victoria final , xa que tamen Marcos ,despois do 2º posto de hoxe, situase 2º na xeral moi cerca do lider. Asi pois será na proba final de Alcobendas na que se decidiran os vencedores finais da Copa. Os restos de corredores macedáns acadaron os seguintes resultados: en Elite Sub 23 Iago Garcia tivo que abandonar por problemas mecánicos. En juniors, David Rodriguez acadou un meritorio 20º lugar. En Cadetes, Ivan Conde era 18º. E para rematar , en master 40 , Xulio Conde foi 7º.

20 nov. 2010

COPA ESPAÑA PADRON , MARCOS 2º E PABLO 2º


Doble podium na segunda proba da Copa de España de Ciclocross, celebrada hoxe, na localidade coruñesa de Padrón. En Cadetes , Marcos Villar quedaba 2º , moi cerca da victoria, acadando asi o seu primer podium nunha proba da Copa de España. Na mesma categoria , Ivan Conde , era 21º. O segundo podium chegou na carreira de Juniors, na que Pablo Rodriguez era 2º despois de que un pinchazo na penultima volta, cando rodaba en cabeza con madrileño Cristobal. Tamén en juniors David Rodriguez foi 23º. En Elite Sub 23 , Iago Garcia remataba, 36º , 14º Sub 23 e en Master 40 , Xulio Conde foi 17º.
Maña, domingo, en Navia, Asturias , disputarase a 3ª e penultima proba da Copa de España

19 nov. 2010

ACTIVIDADES FIN DE SEMAN


Este fin de semán haberá dobre cita da Copa de España de Ciclocross para os integrantes do CC Maceda. O sábado , a partires das 9:30 na localidade coruñesa de Padrón e o domingo na localidade asturiana de Navia, tamén a partires das 9:30, nunha proba que será televisada en directo pola canle autonómica asturiana. Destacar que Pablo , parte como lider da categoría junior e tentará ampliar a súa diferencia cos seus rivais nestas dúas probas, para seguir mantendo o maillot amarelo que o acredita como lider da clasificación xeral. Na categoria cadete, Marcos Villar , situado no 6º lugar , tentará achegarse o podium, nunha categoria que se atopa moi aberta e disputada. Os corredores que participarán este fin de seman son ademais de Pablo e Marcos, David Rodriguez, Iago García, Ruben García e Xulio Conde

14 nov. 2010

PABLO LIDER DA COPA DE ESPAÑA DE CICLOCROSS


O corredor junior macedan do ACADEMIA POSTAL – ACTYON , PABLO RODRIGUEZ , impuxose na primeira proba puntuable para a Copa de España de Ciclocross disputada na localidade zamorana de Villaralbo, no mesmo circuito onde este año disputaranse os Campionatos de España de Ciclocross , alo polo 9 de xaneiro. Nunha carreira intensa , na que o seu máximo rival foi o madrileño Cristobal Sanchez, Pablo destacouse a falta de 2 voltas entrando como vencedor.Deste xeito , Pablo situase como primerio líder da Copa de España de Ciclocross 2010, portando o maillot amárelo que o identifica. Na mesma categoria, DAVID RODRIGUEZ rematou no 23º lugar. En Cadetes , MARCOS VILLAR , entrou 6º a escasos 3 segundos do vencedor, nunha proba que se decidiu a o sprint entre un grupo de 8 corredores. Na mesma categoria IVAN CONDE rematou o 22 e RUBEN GARCIA 26º. En master 40 XULIO CONDE foi 16º. E na categoría elite Sub-23 IAGO GARCIA rematou 42º e J. RAMON VILLANUEVA 46º.
A vindeiro fin de semán haberá dobre cita para a Copa de España, o sábado en Padron e o domingo na localidade asturiana de Navia. Nelas, PABLO tentará manter o seu maillot de líder.

9 nov. 2010

PABLO 3º JUNIOR NO RANKING MUNDIAL DA UCI DE CICLOCROSS


Pablo Rodriguez situase no 3º posto do ranking mundial da UCI de ciclocross na categoria junior.

Na actualización realizada hoxe pola UCI, do ranking de ciclocross , o corredor de Maceda , que acumula un total de 22 puntos situase terceiro no ranking UCI, detras do suizo Lars Foster e do belga Laurens Sweeck. Unha gran noticia para o corredor macedán e toda a xente do CC Maceda, asi como para o ciclocross galego, situarse provisionalmente neste ranking. A elaboración do ranking faise en base o puntos colleitados polos corredores nas diferentes probas puntuables que hai por todo o mundo.

Pablo que esta a realizar un gran comezo de temporada , desprazarase este fin de semán, xunto co resto de integrantes do CC Maceda, a localidade zamorana de Villaralbo, para participar na 1ª proba puntuable para a Copa de España de Ciclocross.


Ranking UCI:

8 nov. 2010

DOBLE PODIUM NO ROSAL CON PABLO 1º JUNIOR E MARCOS 3º CADETE


Este domingo comezou na localidade pontevedresa do Rosal a temporada galega de Ciclocross , nunha xornada máis propia de primaveira que de inverno, e na praia das Eiras. E non poido empezar millor para os integrantes do CC Maceda, que voltaron coa victoria de Pablo Rodriguez na categoria junior, dominando a carreira dende o principio ata o fin con unha gran superioridade, e o 3º posto de Marcos Villar en Cadetes . Os restantes corredores colleitaron os seguintes resultados: en Cadetes ,Ivan Conde foi 8º e Ruben García 9º na estrea de ambos na disciplina de ciclocross. En Juniors David Rodriguez foi 13º; en Master 30 J. Manuel Ramos foi 13º , en Master 40 Xulio Conde 6º e en Elite J.Ramon Villanueva 17º.

A vindeira cita para o clube Macedan será o vindeiro fin de seman na localidade zamorana de Villaralbo ,na que será a primeira cita da Copa de España de Ciclocross.


Clasificacions completas:


1 nov. 2010

VICTORIA DE PABLO NO CICLOCROSS INTERNACIONAL DE MUSKIZ


No Ciclocross Internacional de Muskiz ,chegou para o CC Maceda , a primeira victoria nunha proba internacional de mans do corredor junior PABLO RODRIGUEZ, despois dunha carreira que dominou dende o principio abrindo un oco que logo mantivo con respecto a os seus rivais. Nin a presencia de corredores belgas, fixeron que Pablo acadara a victoria, a mais importante das logradas ata agora. Nun circuito embarrado , os resto de corredores macedáns mantiveron o nivel que veñen amosando neste inicio de temporada , con Marcos 6º en cadetes, David 29º en juniors, Xulio 7º en Master 40 e Iago 38º en Elite Sub 23 , rematando 10 sub 23 no seu primeiro ano na categoria.

XVIII CICLOCROSS INTERNACIONAL KARRANTZA


Este domingo o CC Maceda estivo presente no Ciclocross Internacional de Karrantza. Nunha xornada na que a choiva respetou, os corredores macedáns tiveron unha actuación destacada, con un Pablo Rodriguez 2º na categoria junior, ao que so un pinchazo privouno do victoria , e David 26ºna mesma categoria. En Cadetes ,Marcos despois de diversos problemas na saida, tivo que ir remontando dende o posto 25 para chegar 5º. En master 40 Xulio foi 6º. E na categoria reina, Iago Garcia foi 48º.