1 nov 2010

VICTORIA DE PABLO NO CICLOCROSS INTERNACIONAL DE MUSKIZ


No Ciclocross Internacional de Muskiz ,chegou para o CC Maceda , a primeira victoria nunha proba internacional de mans do corredor junior PABLO RODRIGUEZ, despois dunha carreira que dominou dende o principio abrindo un oco que logo mantivo con respecto a os seus rivais. Nin a presencia de corredores belgas, fixeron que Pablo acadara a victoria, a mais importante das logradas ata agora. Nun circuito embarrado , os resto de corredores macedáns mantiveron o nivel que veñen amosando neste inicio de temporada , con Marcos 6º en cadetes, David 29º en juniors, Xulio 7º en Master 40 e Iago 38º en Elite Sub 23 , rematando 10 sub 23 no seu primeiro ano na categoria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario