13 dic 2010

MARCOS E PABLO VENCEN NA COPA DE ESPAÑA DE CICLOCROSS


O clube ciclista Maceda, acada un feito historico ao conquistar a victoria na Xeral final da Copa de España de ciclocross en duas categorias , cadete e Junior. Marcos Villar, que chegaba a ultima proba 3º na xeral , acadaba a victoria na proba de Alcobendas e con elo a victoria final na xeral da copa; Marcos dominou a carreira dende a primeira volta e foi aumentando a sua ventaxa en cada volta para entrar en meta con 28 seg no segundo clasificado. na mesma carreira, Ivan Conde rematou de 15º e Ruben García 18º. Marcos , completaba asi unha gran Copa ao acadar tres podiums en tres da catro probas da Copa e 1 victoria. Na cateriria junior , Pablo chegaba como lider da xeral, con certo marxe para acadar a victoria. Ainda asi saiu a pola carreira dende a primeria volta, escapandose practicamente dende o inicio , e chegando a meta con 40´' sobre o seg , o vasco Jonathan Lastra , gran rival de Pablo. Con esta victoria, Pablo confirmaba a súa victoria na xeral coa victoria na proba final. Na mesma proba, David Rodriguez acadaba un meritorio 22º , no seu primer ano na categoria. Na proba que remataba a xornada, a Elite-Sub 23, chegaba 13º Sub-23.
Deste xeito o clube Macedán , confirma o seu traballo coa canteira, e acada a victoria en duas categorias tan significativas como son Cadetes e Juniors, convertindose no unico clube , que acada nesta tempada 2 maillots de lider.

No hay comentarios:

Publicar un comentario