2 ene 2011

MARCOS E PABLO VENCEN EN CASA


A terceira edicion do CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA, celebrado na maña do domingo puxo punto final a temporada galega de Ciclocross, con duas victorias para o clube organizador , o Clube Ciclista Maceda-Academia Postal-Actyon; Marcos Villar, recente vencedor da Copa de España en cadetes , vencia na primeira carreira da xornada, a de Cadetes; na mesma categoria Ivan Conde remataba 5º e Ruben Garcia 8º.
Pablo Rodriguez confirmaba o seu gran momento de forma e vencia con total autoridade na proba de juniors, na mentras que o seu irman David Rodriguez era 10º.En Master 40 , chegaba o terceiro podium da xornada para o CC Maceda, con Xulio Conde era 2º. En master 30 Jose Manuer Ramos foi 12º. En Elite Iago Garcia acadaba un meritorio 7º posto.
Foi case un centenar os corredores e corredoras que participaron na proba de Maceda,que se consolida no calendario galego de ciclocross, nunha maña soleada, e casi primaveral.

E o vindeiro fin de semán , tocan os campionatos de España en Zamora.
Clasificacións completas:

1 comentario:

  1. Excelente organización y precioso circuito, el mejor de la temporada. Felicidades !!!!!

    ResponderEliminar