1 feb 2011

BALANCE DUNHA TEMPORADA PARA LEMBRAR


Pasaron os Campionatos do Mundo en Sankt Wendel , e con elo rematouse a temporada de Ciclocross. Chega a hora do descanso e de facer balance; non temos dubidas que para nos foi unha temporada moi intensa, bonita, e con grandes resultados. Fai 5 anos comezamos cun proxecto de Escola de Ciclismo co apoio de J.A. HERMIDA, co obxectivo de traballar coa canteira e forma corredores e corredoras,e hoxe xa estamos presentes en Copas do Mundo , Mundiais, e conquerindo Copas de España, Campionatos de Galicia, de España ademais de numerosas e importantes victorias en outras probas. Nove foron os corredores que participaron nas probas desta temporada: os cadetes Ivan e Ruben, que no seu primer ano na categoria e na disciplina de CX, cumpriron co seu obxectivo de aprender; en juniors David Rodriguez, que completou unha gran temporada no seu primer ano na categoria, chegando a conquerir algun podium, pero sobor de todo, vendo que de cara o ano que ben a súa millora foi moi grande. En Sub 23, Iago Garcia, tamén se estreaba nesta sempre dificil categoría ,e pouco a pouco foi amosando que vai ser un corredor a ter en conta de cara vindeiras temporadas, e pechando a temporada con un moi bo Campionato de España. Deixamos para o final, aos dous protagonistas desta temporada, Marcos Villar e Pablo Rodriguez.

Marcos , deu o seu gran salto, neste segundo ano como cadete, conquerindo a victoria final na Copa de España e o subcampionato de España, ademais de varias victorias en probas importantes e completando asi unha espectacular temporada.Na vindeira temporada de CX , xa será junior, e seguro que estará entre os millores.

Pablo Rodriguez, chegaba a o seu segundo ano como junior con moitas expectativas, e estas cumprironse sobradamente: gañaou a Copa de España, o Campionato Galego, o Campionato de España, estivo no top ten da UCI; acudiu as probas da Copa do Mundo deKokjside, Kalmonth, Pont Chateau e Hoogerheide, facendo sempre moi boas carreiras. Finalmente estivo presente nos mundiais por segundo ano consecutivo, e so a mala sorte lle privou de poder rendir ao nivel no que realmente se atopaba.

En fin , unha tempada intensa e chea de emocións e experiencias, que deu moito maís do que nos podiamos imaxinar, e que vivimos intensamente toda a FAMILIA deste clube macedán. Non nos esqueceremos de dias como o de Alcobendas, dos Campionatos de España en Zamora, das experiencias da Copa do Mundo, dos mundiais, e de cada unha das carreiras nas que estivemos presentes. Miles de quilometros quedan atras, pero dende logo que mereceron cada un deles.

Sempre co apoio da xente que sigue o clube, dos numerosos afeccionados que se desprazaron a carreiras como Zamora, como Alcobendas, como Sankt Wendel.....

Agora, xa toca empezar a pensar nunha nova temporada para os rapazes e rapazas da escola que en breve incian a súa actividade ,e pensar que algúns deles , para a vindeira temporada xa estarán vivindo as carreiras de Ciclocross.

Grazas a todos os patrocinadores , que nos apoian ACADEMIA POSTAL, ACTYON,GRANITOS MILUCHO, SUMATORY, CONCELLO DE MACEDA, DEPUTACION, XUNTA, FERRETERIA GREGORIO, DIA MACEDA, EGUADA ALBORADA, TREVINCA ,e os novos apoios que chegan MERIDA, BICICLETAS DA CUNHA..... sen eles non seria posible este proxecto. E grazas especialmente a J.A. HERMIDA, por todo o que representa para a nosa Escola

1 comentario:

  1. Todo un exemplo de constancia, sacrificio e de facer ben as cousas. Grazas a vos o nome de Maceda e de Galicia pasea polo mundo. Merecedes todo o apoio necesario para seguir adiante

    O mellor está por chegar.


    GRACIÑAS POLO TRABALLO!

    ResponderEliminar