27 feb 2011

SAUL LOPEZ XA VISTE DE VERDE


Unha das grandes promesas do BTT Galego, o junior SAUL LOPEZ , incorpórase de cara a esta temporada que esta a piques de arrancar, ao noso clube co fin de continuar coa súa formación na disciplina de BTT; xunto con Pablo Rodriguez e David Rodriguez , formará o equipo junior, co que o clube macedán estará presente nas probas do calendario galego e a Copa de España asi como outras probas de máximo nivel. Sául , que xa esta a adestrar co resto de corredores do clube macedán , conta con postos importantes e numerosas victorias tanto na disciplina de BTT como en Ciclocross.
Saúl , estivo a participar neste inverno co Aquagest de Santiago, e anteriormente no Ribeira Sacra de Monforte, clube no que se formou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario