25 mar 2011

ESTE FIN DE SEMAN, BTT E DUATLON ESCOLAR

O sábado BTT ;a cita será en Coruxo (Vigo) a partires das 17 horas, nunha carreira organizada polo clube RP3 de Vigo. A ela acudirán os corredores das categorias de Cadetes, Juniors , Sub 23 e Masters. Destacar a ausencia de Pablo , que se atopa en Granada na concentración da selección española no CAR de Granada. Os corredores macedáns tentaran repetir as boas actuacións das carreiras nas que levan participado. Ali estarán , Iago ,J. Ramon, Saul, David, Marcos, Ruben, Ivan e Felix.
O domingo tocaralle o turno os mais pequenos que competiran no DUATLON ESCOLAR que organiza o noso clube en Maceda, nos arredores do Campo de Futbol de Maceda, a partir das 11:30 e na que participaran as categorias de PRINCIPIANTES, BENXAMINS, ALEVINS , INFANTIS E CADETES.

No hay comentarios:

Publicar un comentario