28 abr 2011

ESTE FIN DE SEMAN COPA DE ESPAÑA EN HUELVA E A FINAL GALEGA DE DUATLON ESCOLAR



Este fin de semán a actividade será dobre para o clube. O Domingo a cita será na 3ª proba puntuable para a COPA DE ESPAÑA DE BTT , en HUELVA. Para ali partirán o venres os corredores Sub 23 Iago e J. Ramon, os juniors, Pablo, Saul e David, e os cadetes Marcos e Ivan que acudirá co CGTD. Pablo, chega a esta cita despois de ter vencido na anterior proba de Menorca, e como lider da Copa de España Junior; tentará afianzar o seu liderazgo na categoria con unha victoria. Outro corredor Junior , con opcións de victoria e Saúl, que en Menorca xa subiu o podium. En Cadetes , Marcos Villar tentara subir o podium , despois de ter quedado as portas do mesmo en Menorca. Asi pois , as opción do clube macedán ACADEMIA POSTAL-ACTYON son importantes de cara a acadar máis dunha praza nos podiuns das diferentes categorias. Pola sua banda, tanto J. Ramón, que tamen esta en racha de victorias a nivel galego, como Iago, parten coa idea de medirse cos seus rivais na categoria SUB 23 a nivel estatal , e nos sería moi dificil , que algun deles rematará en posición de cabeza.



A outro cita para os integrantes do clube, será na tarde do sábado , na FINAL GALEGA DE DUATLON ESCOLAR , na localidade da Pobra do Caramiñal , para as categorias Benxamín, Alevín, Infantil e Cadetes. Asi pois, un fin de semán máis , actividade intensa para o conxunto macedán e os integrantes da ESCOLA JA HERMIDA.

27 abr 2011

SQUIRT LUBE: UN NOVO APOIO



Os lubricantes de longa duración SQUIRT LUBE, a traves da súa distribuidora para España , BICIBIKE, vense a sumar a outras marcas que apoian o noso proxecto de Escola de cara a esta temporada. Asi grazas a SQUIRT LUBE, todos os integrantes da nosa Escola poderán manter a suas cadeas limpas e lubricadas, empregando estes lubricantes ecoloxicos de longa duración, a base de ceras, e de máximo nivel. GRAZAS A SQUIRT LUBE.












18 abr 2011

PABLO, 1º EN MENORCA E LIDER, SAUL 3º


PABLO RODRIGUEZ , conqueira este domingo victoria na proba da Copa de España de Menorca, o que lle valia para situarse como lider da Clasificación Xeral ,despois de disputarse 2 probas. Nunha gran carreira , Pablo vencia con total autoridade e chegaba a meta con un marxe de 2 min sobre o 2º clasificado. Pero non so era Pablo o que subia ao podium , xa que SAUL LOPEZ, era 3º , despois , tamén dunha gran carreira, conquerindo , asi subir por primeira vez na súa carreira a un podium da Copa de España na disciplina de BTT . Asi pois o podium da categoria junior na Copa de España vestiase de verde, xa que o clube macedán , ACADEMIA POSTAL -ACTYON conseguia un doblete histórico . E xa na proba de cadetes , casi chega de o terceiro podium , de man de MARCOS VILLAR , que toda a carreira estivo a loitar polo terceiro posto, e o final tivo que conformarse con ser 4º a escasos 2 segundos do 3º clasificado. Asi pois, gran balance para a canteira macedán que continua a colleitar valiosos resultados nas probas nas que participa. A seguinte cita da Copa de España será en Huelva.

JOSE RAMON, 2º EN SANTIAGO E LIDER OPEN


Este sábado celebrouse no Monte do Pedroso en Santiago de Compostela ,unha proba máis do Open Galego de BTT; nunha tarde calurosa e nun circuito duro, o balance para os corredores do ACADEMIA POSTAL -ACTYON -MACEDA, foi moi bo, xa que dous dos seus corredores situaronse no podium; asi na categoria Elite-sub 23, JOSE RAMON VILLANUEVA, que esta a realizar unha gran temporada , no seu primer ano na categoria , entraba na meta en 2ª posición o que lle valia para facerse co maillot de lider do Open Galego; en Juniors, DAVID RODRIGUEZ, subía tamén ao podium , esta vez o terceiro posto.

14 abr 2011

ANQUIN TORRE NOVO PATROCINADOR




Nesta temporada , recen comenzada , incorporamos un novo patrocinador. Trátase da empresa ANQUIN TORRE, adicada a fabricación de armarios para o fogar e ubicada no poligono industrial de Xinzo de Limia. Podedes visitar a sua web http://www.anquintorre.com/ onde atoparedes máis información. E moi de agradecer, que nestes momentos, empresas como Anquin Torre apoien este proxecto de traballo coa base do ciclismo.

13 abr 2011

ESTE FIN DE SEMAN , MENORCA E SANTIAGO

Este fin de semán a cita será doble para os corredores do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA, xa que por unha parte, Pablo , Saul e Marcos acudiran a 2ª proba puntuable para a Copa de España de BTT , en Menorca. Na mentras que os restantes corredores , Iago, J. Ramon e David, acudiran o sabado para participar nunha proba do Open Galego de BTT, esta vez no Monte do Pedroso en Santiago de Compostela. Por outra parte, Ivan Conde ,acudira a Portugal ,para participar nunha proba do calendario portugues.
Pablo, partiu xa cara Menorca, xa que participara nos dias previos a carreira , nunha nova concentración da Seleccion Española de BTT , esta vez coincidindo coa carreira de Menorca.
Tanto Pablo, como Saul e Marcos tentaran regresar con algunha victoria ou podium, na mentras que Iago tentara manter o maillot de lider do Open Galego de Elite , e J. Ramon ,continuar coa sua racha de victorias.

11 abr 2011

VICTORIA DE J. RAMON VILLANUEVA NA 2ª PROBA DA TRANSGALAICA DE BTT


Na maña do domingo disputouse a 2ª proba da TRANSGALAICA de BTT ,e de novo un corredor do ACADEMIA POSTAL -ACTYON-MACEDA , acadaba a victoria; se na primeira proba foi Pablo ,nesta 2ª foi JOSE RAMON VILLANUEVA o que conseguia a victoria, diante de corredores da clase e nivel dos exprofesionais de Estrada , A. Magallanes e Gustavo C. Veloso. Asi pois unha victoria máis neste ano, no que o clube macedan conta a suas particpacions en probas por victorias. Deste xeito , JOSE RAMON , ademais ,situase como lider da Transgalaica , a falta dunha proba.

EXPOSICION FOTOGRAFÍA DE ADRIAN


Dende o sábado están expostas en varios locais de Maceda (A Cervexería, O Carro, Cafetería El Castillo, A Casa Rosa) unha serie de fotos do fotografo Adrian Martinéz baixo o titulo MOMENTOS DE CARREIRA, na que o fotografo recolle en máis de 30 fotografias as millores imaxes da temporada 2010 dos corredores e corredoras do clube macedán. A exposición estará durante tres semáns nos citados locais.

FINAL PROVINCIAL DUATLON ESCOLAR CARBALLIÑO


Na maña do domingo celebrouse no parque municipal do Carballiño a final provincial escolar de Duatlón. Nun día soleado , os máis pequenos e pequenas do Clube, poideron disfrutar do bonito circuito diseñado dentro do Parque do Carballiño, e acadar varias victorias nas diferentes categorias. Agora xa so queda a final Galega, que se celebrará a finais de mes.

10 abr 2011

PRESENTACION 2011


Onte pola tarde , e no Concello de Maceda, con un salon cheo , o CC Maceda , presentou de cara a nova temporada 2011 , a súa Escola de Ciclismo que leva o nome de JA Hermida, actual Campión do Mundo de BTT e o seu equipo de BTT , ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA; nun acto que apadrianaron tanto OSCAR PEREIRO como GUSTAVO CESAR VELOSO ,e no quese fixo entrega o premio CHOCA DO ANO ,que anualmente concede o clube macedán a deportistas relacionados co mundo da bicicleta,e que este ano lle foi concecido a GUSTAVO CESAR VELOSO, sucedendo no palmares a campións como Ezequiel Mosquera, Gomez Noya, Oscar Pereiro, Marcos Serrano e o equipo Karpin. Deste xeito o clube macedán quixo recoñecer a traxectoria de Veloso que no ano 2009 faciase con unha victoria na volta a España.
Todos os integrantes da clube estiveron presentes no acto, asi como os patrocinadores e diversos representantes de estamentos como o Concello de Maceda, C.O.B,.... Durante o acto Oscar Pereiro destacou o importante traballo que esta a realizar este clube coa canteira coa que se atopa comprometido, acadando ademais importantes resultados a nivel estatal . Tamén se lle rendiu un pequeno homenaxe a os dous corredores locais, Pablo Rodriguez e Marcos Villar, pola sua victorias en Copa de España de Ciclocross, campionatos e subcampionato de España de ciclocross e polo 3º posto de Pablo nos estatais de BTT.
De cara a nova temporada, serán casi 40 os rapaces e rapazas que formaran parte do clube macedán , repartidos nas diferentes categorias, que van dende principiantes ata sub 23, o cal ven a dar unha idea do traballo deste modesto clube coa canteira do ciclismo, nas diferentes modalidades nas que ven participando con exito, tanto BTT, ciclocross, estrada e duatlon.

7 abr 2011

GUSTAVO C. VELOSO PREMIO CHOCA DO ANO

O CC Maceda ven distinguindo anualmente dende fai 4 anos a deportistas galegos relacionados
co mundo da bicicleta co premio CHOCA DO ANO. En anos anteriores recibiron o galardon corredores como OSCAR PEREIRO, MARCOS SERRANO, JAVIER G. NOYA , O EQUIPO KARPIN e EZEQUIEL MOSQUERA. Este ano o premio serálle concedido o Ciclista GUSTAVO C. VELOSO pola súa traxectoria deportiva entre a que destaca unha victoria na Volta a España.


Biografia:

Gustavo César Veloso, nado o 29 de xaneiro de 1980 en Vilagarcía de Arousa.

Comezou a súa andadura no equipo Club Ciclista Cultural Cambados ás ordes de Xosé María Conde Osorio, equipo do que saltou a profesionais despois de innumerables vitorias como amateur e de ser mundialista en Plouay. Debutou como profesional no 2001 co equipo Carvalhelhos-Boavista, pasou polo Relax-Bodisol e Kaiku antes de recalar no Karpin Galicia, despios Xacobeo Galicia. O seu maior éxito chegou o 7 de setembro de 2009, cando gañou a 9ª etapa da Vuelta a España en solitario; con 21 segundos de diferenza sobre Marco Marzano tras un duro ataque.

PRESENTACION CLUBE O SABADO AS 19:30 HORAS


Este sábado a partires das 19:30 , no salon de actos do Concello de Maceda teremos a presentación do clube de cara a unha nova temporada, que xa se esta iniciando, contando coa presencia de OSCAR PEREIRO E GUSTAVO C. VELOSO. Ademais como xa ven sendo habitual , procederemos a entrega dos premios anuais CHOCA DO ANO, cos que o noso clube pretende distinguir a deportistas ou colectivos relacionados co mundo da bicicleta. Este ano o premio seralle concedido ao ciclista GUSTAVO C. VELOSO , pola súa distinguida traxectoria , entre a que destaca unha victoria de etapa na Volta a España.

3 abr 2011

4 VICTORIAS, TRES LIDERES: BALANCE DO FIN DE SEMAN


O clube macedán ACADEMIA POSTAL -ACTYON prosigue coa súa racha de victorias neste comezo de temporada de BTT; asi este fin de semán colleitou 4 victorias , vencendo en todas a carreiras nas que participou.
O sábado , na segunda proba puntuable para o OPEN DE GALICIA , celebrada na localidade pontevedresa de Poio, José Ramón Villanueva , vencia na categoria Élite, realizando unha gran carreira e marcando unha boa diferencia cos seus rivais. Na mesma proba , Iago García era 6º, pero mantiña o maillot de lider do Open Galego. En Juniors Saul López, vencia con total autoridade e gran marxe ,colleitanto unha nova victoria, e polo tanto , afianzabase como lider do Open. Na mesma categoria David Rodriguez tamén subía o podium , sendo 3º. En cadetes Marcos Villar ,tamén vencia , e o igual que o seus compañeiros de equipo ,mantiña o maillot branco que o identifica como lider do Open Galego. Ivan Conde era 4º.
Xa o domingo, chegaba a 4ª victoria neste fin de semán , e era nunha proba tan importante como na TAÇA DE PORTUGAL, de caracter internacional ,na localidade de Povoa de Lanhoso, e na que Pablo Rodriguez vencia con total autoridade na categoria junior, diante do actual campión portugues da especialidade.
Asi pois , exitoso fin de semán para a canteira macedán e da Escola J.A. Hermida , que continua a destacar naquelas probas nas que acude.

1 abr 2011

ESTE FIN DE SEMAN, OPEN GALEGO E TAÇA DE PORTUGAL


Este fin de semán a actividade será dobre, xa que o sábado a cita será no xa clásico circuito de Samieria, en Poio (Pontevedra) , a partires das 16 horas. Nesta segunda proba puntuable para o OPEN GALEGO DE BTT , os corredores do clube macedán, Iago Garcia (Elite) Saúl López (Junior) e Marcos Villar ( Cadete) tentarán manter os maillots de lideres na súas respectivas categorias e afianzar a súa posición.
O domingo a cita será na localidade portuguesa de Lanhoso, no parque de aventuras de Diverlanhoso, na segunda proba puntuable para a TAÇA DE PORTUGAL ,nunha proba na que o corredor Pablo Rodriguez tentará repetir a victoria que xa conseguira na mesma proba o ano pasado.