18 abr 2011

PABLO, 1º EN MENORCA E LIDER, SAUL 3º


PABLO RODRIGUEZ , conqueira este domingo victoria na proba da Copa de España de Menorca, o que lle valia para situarse como lider da Clasificación Xeral ,despois de disputarse 2 probas. Nunha gran carreira , Pablo vencia con total autoridade e chegaba a meta con un marxe de 2 min sobre o 2º clasificado. Pero non so era Pablo o que subia ao podium , xa que SAUL LOPEZ, era 3º , despois , tamén dunha gran carreira, conquerindo , asi subir por primeira vez na súa carreira a un podium da Copa de España na disciplina de BTT . Asi pois o podium da categoria junior na Copa de España vestiase de verde, xa que o clube macedán , ACADEMIA POSTAL -ACTYON conseguia un doblete histórico . E xa na proba de cadetes , casi chega de o terceiro podium , de man de MARCOS VILLAR , que toda a carreira estivo a loitar polo terceiro posto, e o final tivo que conformarse con ser 4º a escasos 2 segundos do 3º clasificado. Asi pois, gran balance para a canteira macedán que continua a colleitar valiosos resultados nas probas nas que participa. A seguinte cita da Copa de España será en Huelva.

No hay comentarios:

Publicar un comentario