28 may 2011

PABLO 9º NA COPA DO MUNDO DE OFFENBURG


Extraordinaria actuación a do junior macedán do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA, a PABLO RODRIGUEZ GUEDE na proba da COPA DO MUNDO na localidade alemana de Offenburg. Pablo entraba no top ten nunha proba da Copa do Mundo , e era 9º, despois dunha grandisima carreira, na que participaban máis de 120 corredores; Pablo que partia dende a posición 12º da grella de saída ,e xa na primeira volta pasaba entre os 10 primeiros; o ritmo era alto nun circuito técnico e cheo de raices que non permitía fallos, e o que Pablo adaptábase perfectamente. As distancia coa cabeza de carreira eran pequenas, e asi se mantivo ao longo das 4 voltas, pelexando polos postos 8 e 9º pero a escasos 30 segundos dos 5 primeiros. Ao final 9º e moi ledo nesta súa segunda proba da Copa do Mundo nesta tempada, na que tantos exitos esta acadando. Este posto o situa entre os millores juniors do panorama mundial , a este xoven corredor formado na Escola de ciclismo JA HERMIDA; Agora so lle resta rematar a Copa de España da que queda unha proba e vai lider para centrarse xa nos campionatos de España e as probas da Copa do Mundo que seran previas ao mundial que se celebrará no primeiro fin de semán de setembro en Suiza.
Na mesma xornada , os seus companerios de equipo acudían a Cambre para participar nunha nova proba do OPEN GALEGO, colleitando victorias por medio de Saul López. outro dos mellores junior españois, e Marcos Villar en Cadetes, con podiuns de David Rodriguez 2º en juniors, Ivan Conde 3º en Cadetes , e Xulio Conde 3º en M-40. Asi pois , un dia para lembrar para este clube.

26 may 2011

PABLO ACUDE ESTE FIN DE SEMÁN A COPA DO MUNDO DE OFFENBURG



Pablo , acude este fin de semán a unha proba da Copa do Mundo de BTT , a segunda este ano, formando parte da selección española de BTT . A cita será esta vez na localidade alemana de Offenburg, o sábado a partir da 12 horas. O corredor do ACADEMIA POSTAL-ACTYON -MACEDA, que tan boa actuación tivo a semán pasada na proba de Dalby Forest, na que rematou 11º , partiu coa intención de voltar a Maceda, con un posto que o situe entre os 10 primeiros. Este xoves, a súa chegada a Alemaña , xa poderá adestrar nun circuito que xa coñece, xa que será o segundo ano que corre nesta carreira.

22 may 2011

PABLO 11º NA COPA DO MUNDO DE DALBY FOREST


Pablo Rodriguez do ACADEMIA POSTAL -ACTYON- MACEDA , ven de acadar na segunda proba puntuable para a COPA DO MUNDO de BTT ,na localidade inglesa de DALBY FOREST, unha gran 11ª posición , despois de estar loitando toda a carreira entre os 10 primeiros;
Tal como nos relataba Pablo ao remate da proba: " salin dende a 2ª fila situeime entre os 7-8 primeiros dende o principio e abriase un oco entre eu e os de diante, pasando a 12 segundos da cabeza na segunda volta. Na terceira volta chegaba por primeira vez a cabeza dunha Copa do Mundo, e nese momento producíase un ataque no grupo que non poiden respostar , acusando o esforzo , e perdendo algunha posición ata quedar 11º, pero entrando o sprint polo 9º posto. Quedaseme clavada a espina do top ten, pero a seman que ven haberá a rebancha en Alemania, nunha nova cita coa Copa do Mundo"
Asi pois, Pablo que acudia a esta cita formando parte da selección española , amosaba o seu gran nivel , nunha proba como e unha Copa do Mundo.
Hoxe tocalle o turno a J. Antonio Hermida, na carreira da categoria Elite.


OPEN GALEGO EN ARTEIXO


Nunha tarde fresca, e nun circuito moi técnico , na localidade coruñesa de Arteixo, tiña lugar unha nova cita do OPEN GALEGO DE BTT ; e de novo os integrantes do ACADEMIA POSTAL -ACTYON -MACEDA , completaban unha gran xornada , e vencián en tres das categorias. Asi Marcos Villar era 1º en cadetes con Ivan Conde en 3º posto. En juniors Saul López vencia con David Rodriguez 2º, e en master 40 chegaba a terceira victoria da xornada de man de Xulio Conde. Con estes resultados , Saul Lopez sigue como lider do Open en categoria Junior, na mentras que J. Ramón Villanueva perdia o lider na categoria Elite, ao non poder rematar a carreira, victima dunha caida.

MINI BTT O ROSAL


Na praia das Eiras do Rosal, celebrouse a segunda proba puntuable para o Open Galego de MINI BTT; nunha nova xornada con moita participación , os corredores e corredoras da Escola de Ciclismo JA HERMIDA de Maceda, completaban unha gran xornada, unha vez máis.
Tanto Martin Garrido ,2º como Aixa Gonzalez 2ª subian a podium na categoría de promesas. En principiantes era Aida Gonzalez a que vencia. En Alevins, tamén vencia Ivan Feijoo , e na categoria de Infantis Desiree Duarte 1ª e Xiana Conde 2ª acadaban o doblete. Foi unha bonita xornada para todos os integrantes da Escola, que acudiron a participar nesta proba.

19 may 2011

PABLO ACUDE ESTE SABADO A COPA DO MUNDO DE DALBY FOREST


O junior macedán Pablo Rodríguez ,acudirá este fin de semán , formando parte da selección española de BTT , a localidade inglesa de Dalby Forest , para participar na proba puntuable para a Copa do Mundo de BTT. Pablo , que esta a completar unha gran temporada , na que vai lider da Copa de España de BTT despois de ter vencido en tres das 4 probas disputadas, acude a esta cita coa intención de acadar unha boa posición entre a elite mundial de BTT. A proba disputarase o sábado a partires das 10:30 horas, nunha xornada na que se prevee tempo seco.
A xornada do sábado preveese intensa para o CC MACEDA, xa que os máis pequenos e pequenas ,da Escola JA HERMIDA, acudirán a participar nunha nova proba do OPEN GALEGO DE MINI BTT na localidade pontevedresa de O Rosal, na mentras que os integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA, estarán na localidade coruñesa de Arteixo , nunha nova cita do OPEN GALEGO DE BTT ,a que os corredores J. Ramón Villanueva ,e Saúl Lopez , chegan como lideres da categoria Elite e Junior respectivamente.

17 may 2011

J. RAMON VILLANUEVA VENCEDOR NA XERAL DA TRANSGALAICA


A ponte da Letras Galegas , pechábase coa última proba puntuable para a TRANSGALAICA , que este ano contaba con tres puntuables e que se pechaba coa cita deste 17 de maio en Sanxenxo. Na proba vencia Enrique Salgueiro, corredor profesional de estrada , en Portugal . Pero a clasificación xeral , estaba entre J.RAMON VILLANUEVA e Alejandro Magallanes. Finalmente, era o corredor do ACADEMIA POSTAL -ACTYON -MACEDA o que se facía coa victoria final grazas o 10º posto acadado , nunha proba na que o nivel era moi alto, xa que eran varios ciclistas exprofesionais os que copaban as primerias posicions.

TRIPLE PODIUM NA COPA DE ESPAÑA DE AVILES , CON VICTORIA DE PABLO


Gran xornada a vivida polo ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA , na penultima proba puntuable para a Copa de España de BTT, na localidade astuariana de Aviles, xa que os integrantes do clube macedán voltaban a casa con tres podiums. Asi na categoria junior , Pablo Rodriguez afianzabase como lider da clasificación xeral , con unha victoria máis, e xa van tres; e sobre todo , con esta victoría , Pablo parte cara a súa primeira cita coa COPA DO MUNDO , este fin de semaán en INGLATERRA, formando parte da Selección Española coa moral moi alta de cara a acadar un posto destacable entre a elite mundial. Pero si importante era a victoria de Pablo , que ao achega máis a victoria final, tamén eran importantes os 2º posto de Saul Lopéz en Juniors e o tamén 2º de Marcos Villar en Cadetes. Estes dous corredores , que tamén están a realizar unha gran temporada, e xa están entre os millores a nivel estatal nas súas respectivas categorias. Tamén e destacable a actuación dos restantes corredores macedáns , con Ivan Conde 13º en Cadetes, David Rodriguez 14º en Juniors e Xulio Conde 6º en M40. Asi pois, máis non se pode pedir.

COMEZOU O MINI BTT EN CORUXO


Na tarde do sábado , nunha xornada calurosa, e con 180 participantes, o que da idea do nivel que esta adquirindo o MINI BTT como canteira do ciclismo galego, disputouse o II Trofeo Montes de Coruxo, no monte de Fragoselo, e organizado polo CC Coruxo. Comezaba, asi a temporada para os maís pequenos e pequenas da Escola de Ciclismo JA Hermida do clube macedán. Destacar as victorias de Aida Gonzalez en Principiantes Feminas con Antia Martinez 3ª , e de Desiree Duarte en Infantis Feminas con Xiana Conde 2ª e tamén o 2º posto de Ivan Feijoo en Alevins, a pesares da caida sufrida. Tamén non se pode esquecer a gran actuación dos restantes integrantes da Escola que , ademais de disfrutar da gran xornada festiva, acadaron meritorios postos en todas as categorias. A vindeira cita do MINI BTT será este sábado no Rosal.

12 may 2011

ESTE FIN DE SEMAN COPA DE ESPAÑA EN AVILES E MINI BTT EN CORUXO


Este volvera a ser un fin de semán intenso para o CC MACEDA ,xa que por unha parte o ACADEMIA POSTAL -ACTYON-MACEDA acudira a penultima proba puntuable para a Copa de España de BTT , na localidade asturiana de Aviles, proba que se disputará na maña do domingo, nun circuito diseñado practicamente no centro da cidade. A esta proba Pablo Rodriguez chega como lider da categoria Junior e tentara unha nova victoria para tratar de distanciar os seus rivais na clasificación xeral. Ademais de Pablo , tamén estarán presentes Saul Lopez, David Rodriguez en juniors, Marcos Villar e Ivan Conde en Cadetes ademais de J. Ramon Villanueva en Sub 21.

A outra cita importante para o clube, e tamén na matinal do domingo, a partir das 11 horas , en Coruxo (Vigo), no lugar de Fragoselo, onde comeza a temporada de MINI BTT , e ali estarán os integrantes da ESCOLA DE CICLISMO JA HERMIDA.

Mais información sobre a proba en http://www.fgalegaciclismo.es/calendario.aspx?id=780

8 may 2011

OPEN GALEGO EN GONDOMAR: UN BO DIA


Este sábado celebrouse na localidade pontevedresa de Gondomar a 4ª proba puntuable para o Open Galego de BTT, e os integrantes do conxunto ACADEMIA POSTAL-ACTYON -MACEDA, que estan a alternar as competicións a nivel estatal coas probas do calendario galego, tiveron unha actuación destacada, xa que na proba de Elite, Iago Garcia foi 3º con J. Ramón en 4º lugar, mantendo J.Ramón a sua condicion de lider do Open. En juniors Saul López era 1º e lider e David Rodriguez 2º, e en Cadetes, Marcos Villar 1º e Ivan Conde 3º; na carreira por equipos, o conxunto macedán presentou dous equipos ,acadando finalmente a 1ª e 2ª posición ,co que pechaban unha gran xornada, unha vez máis copando os podiums; a vindeira cita , será a proxima semán na penultima proba puntuable para a Copa de España na localidade asturiana de Aviles.

6 may 2011

ESTE SABADO OPEN GALEGO EN GONDOMAR

Este sábado os integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA, acudiran a participar nunha nova proba puntuable para o OPEN GALEGO DE BTT, a 4ª; esta vez a cita será na localidade pontevedresa de Gondomar a partires das 16:00 horas. Un total de 8 serán os corredores do clube que acudan a participar na proba, despois de ter participado na semana pasada na proba da Copa de España de Huelva.

5 may 2011

COÑECE AOS NOSOS PATROCINADORES


Visita a web de ACTYON pulsando neste enlace www.actyon.es e coñece a os nosos patrocinadores

4 may 2011

A MARCA DE ROUPA DARE2B SE INCORPORA COMO PATROCINADOR



A marca de roupa DARE2b se incorpora como novo patrocinador. DARE2B e unha para todo tipo de deportes, tendo roupa apta tanto par ski, snow, treking, escalada, ... e tamén mountain bike, ciclismo... Asi que si che gusta o multi deporte, DARE2b e a millor opcion.

Co acordo , entre o CC MACEDA e DARE2b os corredores do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA vestirán a partir de agora as diferentes prendas facilitadas pola marca, contando coas millores prendas entre as que se incluen shofshells, polares, pantalons, bermudas, prendas de auga...

Agradecer dende aca o apoio dado de DARE2b e sobre todo a sua aposta por un club como o noso que adica o seu esforzo a traballar coa bas.

Pode ver as prendas de DARE2b pulsando no seguinte enlace

2 may 2011

COPA DE ESPAÑA DE HUELVA: PABLO 1º E LIDER, MARCOS 5º



De novo os corredores do ACADEMIA POSTAL -ACTYON -MACEDA, completaron unha gran xornada na 3ª proba puntuable para a Copa de España de BTT 2011 no centrico parque Moret, en Huelva. En junior, PABLO RODRIGUEZ, consolidou o seu liderazgo a fronte da Copa de España , vencendo con absoluta autoridade, nun circuito moi técnico , e que se preveia moi embarrado , pero que o final estaba seco xa que a as previsións de auga non se cumpriron. Pablo , marcou o ritmo dende a liña de saida e volta a volta foi aumentando a diferencia, ata chegar a meta con 1´47 sobre o seu rival , o andaluz Antonio Santos. Pena da averia sufrida , a 50 mts da saída por SAUL LOPEZ, que viña de facer 3º na proba de Menorca, e que tivo que retirarse, como consecuencia da averia; DAVID RODRIGUEZ rematou 18º na mesma categoria.



En Cadetes, MARCOS VILLAR , era 5º, completando unha gran carreira, estando en todo momento moi perto das posición de podium, para rematar nunha meritoria 5ª posición. IVAN CONDE , no seu primer ano como cadete , remataba entre os 20 primerios sendo 19º. En Elite Pro JOSE R. VILLANUEVA era 42º (16 º sub 23) e IAGO GARCIA 50º (19º sub 23).

FINAL GALEGA DUATLON ESCOLAR



Na tarde do sábado, disputouse na Pobra do Caramiñal a Final Galega de Duatlón Escolar para as categorias de Benxamins, Alevíns , Infantis e Cadetes. Ata ali se desprazarón un total de oito corredores e corredoras da Escola de Ciclismo, para disfrutar dunha bonita xornada deportiva nunha tarde soleada, colleitando uns moi bos resultados, xa que tanto Aida Gonzalez, 2ª en Benxamíns Feminas, como Ivan Feijoo, 3º en Alevíns Masculino, subirón ao podium a nivel individual, na mentras que o equipo de Benxamíns Feminas (Aida , Noela e Antía) foron 2ª opor equipos.