11 ago 2011

COPA DO MUNDO BTT NOVE MESTO NA MORAVE


Este sábado a partir das 12:00 horas , o corredor junior PABLO RODRIGUEZ , estará presente , coa selección Española, na penultima proba puntuable para a Copa do Mundo de BTT , na localidade checa de Nove Mesto na Morave.
Despois da sua gran actuación , o fin de semán pasado ,no europeo de BTT , no que foi 4º , Pablo , tratara de aproveitar o seu excelente momento de forma, e tentara estar por primeira vez no podium nunha proba na Copa do Mundo. Pablo ,partira da 5ª posición na grella de saída, grazas aos seus bos resultados nesta temporada.
O corredor macedán que xa se atopa dende o luns na localidade checa, preparando a carreira deste sábado co resto de corredores e corredoras da selección Española, manifestou , que o circuito lle gusta e se adapta a súas condicións; trátase dun circuito técnico con subidas cortas , e moita raiz e pedra.
O domingo tocaralle o turno , a partir das 14:00 , o actual campión do Mundo ,e oriundo de Maceda, Jose Antonio Hermida.

Maís información da proba en:

No hay comentarios:

Publicar un comentario