30 oct 2011

BOS RESULTADOS NO CX INTERNACIONAL DE KARRANTZA


Os xovens integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA de Maceda,voltaron a ter unha actuación destacada, esta vez nunha proba de gran nivel como e o ciclocross Internacional de Karrantza, en Euskadi, e na que se diron cita os millores especialistas estatais de CX, confecionando grellas de saída moi numerosas e de gran nivel en cada unha das categorias, estando casi todos entre os 10 primeiros e a portas do podium en varias categorias. A xornada, soleada e calurosa ,comezou as 10 da maña cos corredores cadetes; na carreira de Feminas ,. Xiana Conde estaba de novo loitando pola posicións de podium e o final era 4ª,  o mismo que Ivan Conde  na carreira masculina. Ruben era 17º. As 11 era a carreira de Junior, con David Rodriguez e Marcos Villar na grella de saída. Marcos era colocado nas ultimas posicións, e tivo ir remontando toda a carreira, para o final rematar nun gran 11ºpòsto , na súa 2ª carreira como junior; David , si saia dende a primeira liña , pero na 2ª volta sufria un pinchazo retrasando moitas posicións. Pero David realizaba unha grandisima carreira remontando ata o 5º lugar, o que lle facia entrar na zona de puntos UCI. As 12, a cita era para a carreira raiña, cos Elite e o Sub 23. Saúl López e Iago García, os 2 sub23, partián dende atras do peloton. Iago remataba no posto 35, o 15 entre os Sub 23, na mentras que Saul Lopez  remataba 26 , entrando no top ten entre o Sub 23 xa que era 9º. A xornada remataba coa carreira de Master , na que Xulio era 5º. A vindeira cita para a xoven canteira macedán , sera este martes , nunha nova proba de caracter intenacional , esta vez na localidade vizcaina de Muskiz, e na que agardan poder acadar algún podium.

27 oct 2011

ESTE FIN DE SEMAN DOBRE CITA DE CX EN EUSKADI: KARRANTZA E MUSKIZ


Este fin de semán a cita será por partida dobre para o xoves corredores/as do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, xa que coincidindo coa ponte, desprazaranse a Euskadi para participar en sendas probas internacionais. O Domingo a cita será na proba de Karrantza, na mentras que o martes estarán un ano maís na cita de Muskiz. Un total de 8 serán os corredores/as do noso clube que acudan a cita. Despois do extraordinario comezo de tempada nas probas de Villarcayo e Medina de Pomar, acudiran a terras vascas coa intención de continuar coa sua progresión e tratar de voltar con vos resultados. En Sub 23 tanto Saul como Iago, terán a oportunidade na proba de Muskiz de medirse de tu a tu con todos os seus rivais, xa que a carreira nesta ocasion sera so para Sub23 e non con Elite, polo que será unha boa oportunidade ver o seu nivel. Daranse a cita os millores especilistas a nivel estatal, xa que se trata dunha proba que adxudica puntos UCI. Saul esta a ter unha boa adaptación a nova categoria de Sub23 , sempre co handicap de sair en posicións retrasadas. As actuación de Iago estiveron marcadas pola mala sorte. En Junior David, acude coa intención de continuar coa sua progresión e tentar entrar en posicións de podium , sobre todo despois de ter rematado 4º en Medina. Marcos, que comezou a sua temporada na nova categoria, continua coa sua adapatación a categoria, xa totalmente recuperado das súas molestias. En Cadetes , Ivan, tentara de novo estar entre os millores ao igual que en probas anteriores. Ruben, tamén quere estar entre os 15 primerios na categoria. E en feminas ,a benxamin do grupo, Xiana, continuara seguir no nivel das suas duas primerias probas na categoria. Asi pois, boas expectativas para a canteira da ESCOLA JA HERMIDA , de cara a este fin de semán en duas probas de moito nivel.

23 oct 2011

CX INTERNACIONAL DE MEDINA DE POMAR


Onte o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , participou nunha nova edicion do CX Internacional de Medina de Pomar, segunda e definitiva proba do Open Diputación de Burgos; foron máis de 430 os participantes na proba chegados de toda a peninsula ibérica, asi como numeroso o publico que presenciou a proba nunha xornada soleada. A xornada voltou a ser exitosa para o clube macedán , e asi os xovéns corredores/as da Escola de Ciclismo JA HERMIDA, conqueriron 2 podiums na xeral do Open , con IVAN CONDE , 3º en Cadetes Masculinos e XIANA CONDE 3ª en Cadetes Femeninas. En canto a os resultados da proba destacar que  varios dos integrantes lograronse situar entre os millores nas súas respectivas categorias, asi en cadetes IVAN CONDE foi 5º e RUBEN GARCIA foi 21º; en Cadetes Feminas, XIANA CONDE foi 4ª; en M-40 Xulio Conde foi 9º;en Juniors, DAVID RODRIGUEZ 4º con MARCOS VILLAR 14º; e na proba raiña, a Elite Sub-23 SAUL LOPEZ foi 28 , sendo o 11º entre os Sub23; IAGO GARCIA non poido rematar a proba por problemas na espalda. O vencedor da proba foi o belga Diether Sweeck.

Clasificacións completas en www.uno.es

20 oct 2011

ESTE SABADO CICLOCROSS EN MEDINA DE POMAR



@s integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, voltan de novo a terras burgalesas, en concreto a localidade de MEDINA DE POMAR, onde este sábado se celebra o VIII CICLOCROSS INTERNACIONAL MEDINA DE POMAR, proba incluido no calendario da UCI. Ao igual que xa acontecera o fin de semán pasado, en Villarcayo, os xovenes integrantes do clube Macedán , trataran de situarse nas diferentes categorias nas que participan, entre os millores, intentando acadar algunha posición no podium. A expedición macedán saera cara terras burgalesas o venres de tarde, co fin de poder recoñecer o circuito. Acudiran @s seguintes corredores: Saul Lopéz e Iago García en Sub 23; David Rodriguez e Marcos Villar en Juniors; Ivan Conde e Ruben Garcia en Cadetes; Xiana Conde en Cadetes Feminas e Xulio Conde en M 40. Asi pois , unha boa plantilla para voltar a casa con algún podium.
Os horarios das probas son os seguintes:
12:00 Senior e M-30
13:00 Feminas Junior e Elite; M-40,50,60
15:00 Cadetes e Feminas Cadetes
16:00 Junior
17:00 Elite/Sub 23

Máis información da proba en www.ciclocrossmedina.com

16 oct 2011

BO COMEZO NO CICLOCROSS INTERNACIONAL DE VILLARCAYO


Este sábado, na localidade burgalesa de Villarcayo, e con un inusual calor para o que e normal en ciclocross, arrancaba oficialmente a temporada de Ciclocross para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA de Maceda. Foron 7 os corredores e corredoras os que acudiron a tomar parte na proba internacional de Villarcayo, nas diferentes categorias. O caracter internacional da proba, fai que a participación fora moi numerosa en todas as categorias. Os corredores de Maceda, tiveron unha moi meritoria actuación estando a un gran nivel. Asi en Cadetes, IVAN CONDE, era 4º, moi cerca das posicións de podium, e facendo unha gran carreira. RUBEN GARCIA , era o 17º . En juniors, DAVID RODRIGUEZ , tamén estaba a un bo nivel, e estivo moi perto de entrar no top-ten , rematando 11º, despois dunha saída non moi boa. Na carreira reina , a de Elite-sub 23, con casi un centenar de participantes, tanto SAUL LOPEZ como IAGO GARCIA , tamen facian unha boa carreira. IAGO GARCIA, saia ben, e rodaba nas duas primeiras voltas entre os 30 primeiros, e entre os millores Sub 23, pero na 3ª volta sufria unha forte caida, que lle marcou a carreira, retrasandolle bastantes posicións. Ao final remataba 52º. SAUL LOPEZ despois dunha saída regular, foi remontando toda a carreira, nun circuito no que non era facil recuperar posicións, para finalmente rematar 29º, sendo o 11º Sub23, na súa primeira carreira na categoria. O único podium da xornada , chegaba de man da pequena do clube, XIANA CONDE, que na súa primeira carreira como Cadete e en ciclocross era 2ª, nunha proba na que vencia a súa excompañeira de equipo , Desiree Duarte. Asi bo comezo de tempada. A vindeira cita o proximo sábado de novo en terras burgalesas, esta vez en Medina del Pomar.

15 oct 2011

A VENDA A ULTIMA BICI DO CLUB!!!

MERIDA O NINE TEAM D talla 18


Esta a venda a bici do club
MERIDA O NINE  TEAM D talla 18, bici de entorno os 8 kg de peso, e totalmente revisada, montada en XX . Tal vez unha das millores bicis do mercado.


Interesad@s enviar e mail a                          ccmaceda@gmail.com



13 oct 2011

ESTE SABADO, ESTAREMOS NO CX INTERNACIONAL DE VILLARCAYO


Este sábado, o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA se desprazará ata a localidade burgalesa de Villarcayo, onde se celebra o IX CICLOCROSS INTERNACIONAL DE VILLARCAYO, onde comezaremos "oficialmente" unha nova temporada de CX despois do "fallido intento" do pasado fin de semán en Valladolid.
Esta proba, de caracter internacional, nas categorias de Junior e Elite, é unha das probas importantes no calendario estatal. Ata ela se desprazará, un total de 7 corredores e corredoras do clube, repartidos nas categorias de Cadetes, Juniors, Sub 23 e Master. 
Os horarios das probas son os seguintes:

10:30 Carreira Popular
12:00 Master 30/Senior
13:00 Feminas Elite/Junior/Master 40-50-60
15:00 Feminas Cadetes/Cadetes
16:00 Junior Internacional
17:00 Elite/Sub 23 Internacional

Para mais información da proba visita:
ciclocrossvillarcayo.blogspot.com

10 oct 2011

COMEZOU O CX EN VALLADOLID



Este domingo celebrouse a primeria proba da temporada de Ciclocross, en Valladolid, con unha proba que nun principio estaba calendada como puntuable para a Copa de España de Ciclocross, pero que, a última hora  quedou fora da Copa de España, pasando a ser unha proba de caracter autonómico o que propiciou que a participación na mesma decaera.O noso clube decidiu non acudir a proba como equipo, unha vez que lle foi comunicado por parte do organizador, que non era puntuable para a Copa de España.Asi por parte do noso clube acudiron a participar, a titulo individual,  David Rodriguez en Juniors e Ivan Conde en cadetes, tendo unha boa actuación , xa que na carreira de Juniors , David, que inicia o seu segundo ano como junior, rematou no 4º posto, e en Cadetes, Ivan Conde, era 5º. Ambos corredores, apuntan a realizar unha gran temporada.
A seguinte cita, sera o vindeiro fin de semán , na localidade burgalesa de Villarcayo, proba de caracter internacional.
Clasificacións completas:
http://www.fedciclismocyl.com/actas_carreras/ciclocross-valladolid091011.pdf

6 oct 2011

CALENDARIO CICLOCROSS 2011/12


COMEZA UNHA NOVA TEMPADA DE CICLOCROSS

Este fin de semán comeza coa proba de Valladolid unha nova tempada de Ciclocross. A cita de Valladolid será a primeira das probas puntuables para a Copa de España de Cilclocross. As nove da maña do domingo 9 de outubro, no centrico Parque Sol, darase a saída a primeira das carreiras. Ata ala se desprazaran un total de 8 corredores do ACADEMIA POSTAL -ACTYON-MERIDA do CC Maceda, repartidos nas categorias de Cadetes, Juniors, Sub 23 e Master.
Os horarios das probas son os seguintes:
9:00 :  Master 40,50,60
10:00:  Senior e Master 30
11:00: Cadetes Masculinos e Femeninos
12:10: Juniors e Feminas
13:15: Elite e Sub-23 Masculina

3 oct 2011

PABLO RODRIGUEZ FICHA POLO HIRUMET TALDEA

O corredor Pablo Rodriguez Guede, comeza unha nova etapa na sua carreira ciclista, fichando polo equipo vasco de ciclocross, Hirumet Taldea, equipo montado entorno ao corredor Egoitz Murgoitio. Deste xeito Pablo entra a formar parte dun equipo que ven participando asiduamente en carreiras da Copa do Mundo de Ciclocross, o que lle permitira estar presente nas millores probas a nivel internacional, e asi poder seguir evolucionando como ciclista. Dende o noso clube, queremos desexarlle moita sorte na súa nova andaina lonxe do noso clube, e que a sua carreira ciclista siga millorando ao ritmo que dentro do noso clube o veu facendo dende que se iniciou na Escola JA Hermida alo polo ano 2005. Sorte Pablo.

FIN DE SEMAN EN A RUA


Este fin de semán os corredores/as do ACADEMIA POSTAL-ACTYON, acudiron a localidade de A Rua, sede da empresa ACTYON, para pasar un fin de semán adestrando de cara a nova temporada de Ciclocross , que comeza en breve. Nun fin de seman caluroso, os integrantes do clube macedán, disfrutaron de duas xornadas nas que combinaron adestramentos de CX, con adestramentos de estrada , dando tempo para algunha visita de tipo cultural, todo elo nun entorno ideal para a practica do CX.