21 nov. 2011

VICTORIA DE IVAN CONDE NA TAÇA DE PORTUGA DE CX


Onte comezou na localidade portuguesa de Sobrado, perto de Porto, a Taça de Portugal de Ciclocross, nunha xornada soleada, e nun circuito ,que situado en pleno centro da vila, constaba de moitos tramos a pe.
A presencia de corredores galegos foi importante, e entre eles os corredores do noso clube, que tiveron unha boa actuación. En cadetes Ivan Conde subía o máis alto do podium , e acadaba a súa primeria victoria da tempada. Na mesma categoria Raul Carracedo , na súa primeira carreira de ciclocross, era 4º. En Feminas , Xiana voltaba a estar nun podium e era 2ª. En Juniors, tanto Marcos como David , tiñan unha carreira accidentada e con diversos problemas mecanicos. Asi o final , Marcos era 6º e David 8º. Na carreira de Elite-Sub23 Jose Ramon Villanueva, estreabase este ano en Ciclocross, e facía unha boa carreira. En Master 40, Xulio finalizaba 5º.

17 nov. 2011

ESTE DOMINGO TAÇA DE PORTUGAL DE CX


Este domingo, os corredores/as do ACADEMIA POSTAL-ACTYON -MERIDA, acudiran a localidade portuguesa de Sobrado, perto de Porto, para participar na primeira proba puntuable para a TAÇA DE PORTUGAL de Ciclocross. Serán un total de 4 as probas puntuables.
O horario das carreiras sera o seguinte


PROGRAMA – Domingo (20-11-2011)

08h00 Abertura do secretariado
09h00 Encerramento da confirmação das inscrições
09h15 Reunião de prova
09h45 Chamada para corrida C1
10h00 Corrida C1
10h50 Chamada para corrida C2
11h00 Corrida C2
11h50 Chamada para corrida C3
12h00 Corrida C3
13h15 Entrega de Prémios

16 nov. 2011

SAUL CONVOCADO PARA UNHA CONCENTRACION DA SELECCION ESPAÑOLA DE BTT


O corredor Sub 23 do noso clube, SAUL LOPEZ ALVAREZ , ven de ser convocado pola selección Española de BTT, para unha concentracción que terá lugar este fin de semán no C.A.R. de Serra Nevada , en Granada. Saúl , que tan boa temporada realizou o ano pasado no seu último ano no como junior, no que logrou a medalla de bronce nos campionatos de España asi como varios podiums en probas da Copa de España, será o segundo corredor do noso clube que acuda a unha cita da Selección Española.

14 nov. 2011

COPA DE ESPAÑA DE CX EN NAVIA E XIXON


Fin de semán intenso, o vivido polo ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA en Asturias coa dobre cita da Copa de España de CX; o sábado a cita era no centrico parque dos Pericones, en Xixon, con máis de 400 participantes repartidos nas diferentes categorias. A xornada comezaba as 10:30 ca saída das carreiras de Master, e remataba as 15:30 ca carreira de Elite-Sub 23; nun circuito , sin barro, pero que todos coincidian en calificar como moi esixente fisicamente, polos numerosos repeitos que habia en cada volta, sin ninguna zona de descanso, os nosos corredores/as estiveron a un bo nivel. Asi na categoria de Cadetes, Ivan Conde era 6º e  Ruben Garcia 22º; a femina Xiana , non remataba a proba; en master 40 Xulio era 12º; en Juniors, David ero 11º e Marcos Villar o 15º; na carreira de Elite Sub 23 , Saul Lopez ,  era o 23º , sendo 7º entre os Sub 23.
O domingo a cita era en Navia, nun circuito xa clásico, non que toca rodar pola auga da ría. Este ano, a diferencia do ano pasado , o circuito estaba casi totalmente seco, o que provocou que se rodara a gran velocidade sendo carreiras moi rapidas. A participación de novo era moi numerosa, rondando os 400 participantes. A actuación voltaba a ser boa para os integrantes do noso clube. Xiana Conde , acababa o primeiro podium nunha proba da Copa de España para o noso clube neste ano, sendo a 3ª entre as cadetes. Na categoria masculina de Cadetes , Ivan Conde ,repetia o 6º , na mentras que Ruben Garcia era 20º; en Juniors, Marcos Villar era o 11º e David Rodriguez o 13º;e en Elite Sub 23, Saul Lopez era o 25º, 11º entre os Sub 23.
Destacar neste fin de semán, a parte do podium da cadete, Xiana Conde , na proba de Navia, a continuidade de Ivan Conde que esta a pelexar sempre con primeiros na súa categoria; en Juniors , a milloria de Marcos Villar, que segundo vai avanzando a temporada vaise achegando xa, neste seu primer ano na categoria, ao top10 , despois de ter demorado o seu inicio de tempada por unha lesion; David Rodriguez , tamén se esta amosando forte, pelexando tamén sempre por estar entre os 10 primerios, e realizando boas carreiras. Na categoria raiña, Saul Lopez, no seu primer ano ca categoria ,esta a amosar que carreira a carreira , vai atopandose moito millor , e asi nolo fixo ver en Xixon, acabando 6º entre os Sub 23, e realizando unha gran carreira a pesar de ter saido moi atras no pelotón e de ter que ir remontando toda a carreira. Este esforzo, pagouno na carreira de Navia.

10 nov. 2011

REPORTAXE EN PLANETA MTB

 


No numero de este mes, que xa podedes atopar nos kioskos, a revista PLANETA MTB , publica unha reportaxe sobre o noso clube e a nosa ESCOLA DE CICLISMO JA HERMIDA.  Dende aca queremos agradecer a xente de PLANETA MTB , a reportaxe

8 nov. 2011

COMEZA A COPA DE ESPAÑA DE CX EN ASTURIAS

Este fin de semán comeza en Asturias a Copa de España de CX con dobre cita, o sabado en Xixon e o domingo en Navia e coa asistencia do noso equipo o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, que desprazara un total de 8 corredores/as.
O sábado 12 terá lugar 0 III Trofeo Villa de Xixón, organizado pola E.C. Coque Uría, que se disputará no Parque dos Pericones. Unha prueba que se disputa por primeira vez no calendario da Copa de España. 
Horarios Xixon:
 10:30: Máster 40/50/60
11:30: Máster 30/Séniors
12:30: Cadetes (masculino y femenino)
13:15: Ceremonia de podio de las carreras disputadas
13:45: Reconocimiento del circuito (resto de categorías)
14:30: Juniors (hombres) y féminas élite y juniors
15:30: Élites y sub 23
A segunda cita do fin de seman asturiano, o Ciclocross Villa de Navia-VIII Memorial Andrés Méndez, é xa un clásico na Copa de España. Organizado pola Peña Ciclista Navia, conta con un dos circuitos máis atractivos de todo o calendario estatal, o de  Vega de Arenas, con la espectacular zona de la Poza, xunto a praia. 
Horarios Navia
09:00: Máster 40/50/60
10:00: Máster 30/Séniors
11:00: Cadetes (masculino y femenino)
11:45: Ceremonia de podio de las carreras disputadas
11:45: Reconocimiento del circuito (resto de categorías)
12:10: Juniors (hombres) y féminas élite y juniors
13:15: Élites y sub 23

Lembrar que na anterior edición da Copa de España os vencedores nas categorias de junior e cadetes foron os corredores do noso clube Pablo Rodriguez e Marcos Villar.



7 nov. 2011

RANKIN CX DA FEDERACION ESPAÑOLA DE CICLISMO

Hoxe , luns, e despois deste fin de semán de descanso, a Federación Española de Ciclismo ven de actualizar os rankins das diferentes categorias na especialidade de CX. As posicións que ocupan os nosos corredores e corredoras son as seguintes:
-Sub 23: Saul Lopez 10º e Iago García 16º
-Junior: David Rodriguez 8º e Marcos Villar 17º
-Cadetes: Ivan Conde 3º e Ruben Garcia 18º
-Cadetes Feminas: Xiana Conde 2ª
Sinalar tamen, que no rankin da UCI , o junior David Rodriguez figuar no posto 21º na categoria de juniors.

2 nov. 2011

CX INTERNACIONAL DE MUSKIZ


Onte martes chegaba a segunda cita para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA ,en terras vascas, esta vez na localidade vizcaina de Muskiz, nunha proba de caracter internacional para as categorias Junior, Sub23 e Elite. O circuito estaba situado en plena centro da localidade o que fixo que o público que presente nas distintas probas fora moi numeroso, como ven sendo habitual en todas as citas en Euskadi. A xornada comezou cedo ,as 9:15 coa carreira dos Cadetes. Ivan Conde, rodou sempre entre os 10 primerios, e o final entrou en meta na 7º posición, nun circuito resbaladizo polas choivas caidas durante a noite. Ruben Garcia, finalizaba o 20º. A continuación eran as feminas, e entre elas, Xiana Conde, que se adaptaba ben o circuito e mantiña unha bonita loita polas posicións do podium, sendo a 3ª entre as cadetes. En Master 40 Xulio era o 9º. En Juniors ,as cousas non foron como se podian agardar despois dos resultados de Karrantza, e David Rodriguez, que tan boa carreira fixera un par de dias antes, tiña un mal dia e  non daba entrado en carreira para rematar 14º. Marcos Villar viase afectado por un rebenton de roda, o que lle fixo perder moitas posicións para a partir de ahi ter que remontar e chegar o 25º, amosando a sua casta e non dandose por rendido. En Sub 23, Saul Lopez , facía a súa millor carreira da temporada, entrando 7º na meta, pero sobre todo dando sensación de fortaleza, e vendo que carreira a carreira vai millorando os seus resultados neste seu primer ano na categoria. Iago García ,que saia ben , ao final sufria molestias na espalda e remataba o 18º. Nesta carreira vencia o ex-corredor do clube, Pablo Rodriguez , con gran autoridade.
Asi pois fin de semán completo e intenso o vivido polos xovenes integrantes do clube en terras vascas coa súa participación en sendas probas de caracter internacional, e nas que destacaron. En un par de semáns comezaran en Xixon a Copa de España de Ciclocross.