31 dic. 2011

VICTORIAS DE SAUL E XIANA NO IV CX CASTELO DE MACEDA



A carreira de Maceda , pechou a temporada de ciclocross Galega, nas visperas dos Campionatos de España do vindeiro fin de semán en Gandía; nun circuito rápido, nas inmediacións do Castelo de Maceda, e con unha participación numerosa, con corredores e corredoras chegados de toda Galicia, de Portugal, e comunidades limitrofes, e con un numeroso público que puido disfrutar dunha bonita xornada de Ciclocross , neste último día do ano 2011, os corredores macedáns poideron estiveron a un gran nivel, a pesar das ausencias de Marcos, Iago e David, Na carreira que abria a xornada, en Cadetes o macedán IVAN CONDE era 2º , con RAUL GONZALEZ 4º; a victoria era para o actual campión Galego, o corredor do Rosal, Raul Fernández. Na carreira de Feminas, a Cadete, XIANA CONDE, entraba como 3ª , sendo a 1ª entre as cadetes. En feminas vencía a Campiona de Portugal, Marisa Morgado. En master 40 , Xulio Conde era 2º, nunha carreira na que entraba como vencedor o corredor de Muros, Jose Vicente Formoso. En Master 30 vencía Jose Rodriguez do  Vigo Master. Na carreira que pechaba a xornada, a carreira Elite Sub 23 e Juniors, vencía con autoridade Mauro Gonzalez do Salvaterra de Miño,  seguido de Jaime Juncal do Aquagest e 3º o campión de Portugal, Celestino Pinho.; SAUL LOPEZ, era 4º , vencendo na categoria de Sub 23. En Juniors o dominio vencia Manuel Gonzalez do Rosal, con Dani Lopez do Cambre , 2º e Antonio Portela , tamén do Rosal , 3º. Destacar a ausencia nesta proba ,de Marcos e David. Asi pois , vos resultados para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , na súa carreira.

Clasificación completas :http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/909_Clasificaci%C3%B3n.pdf
Fotos da carreira de Luz Iglesias : https://picasaweb.google.com/114831358335341071162/Ciclocross2012Maceda

28 dic. 2011

IV CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA


Este sábado , chega o Ciclocross a Maceda. O noso clube organiza a última proba do Calendario Galego de Ciclocross, e a unha semán dos Campionatos de España. O IV CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA , celebrarase, como sempre, nos arredores do Castelo de Maceda, no circuito xa tradicional.
As probas comezaran a partires das 10:30 horas , e agardase a presencia de corredores e corredoras de toda Galicia, asi como de Portugal e outras comunidades limitrofes.
As inscripcións estarán abertas ata 1 hora antes do comezo da carreira.
Os horarios das probas son os seguintes:
10:30 H: Cadetes e Feminas
11:15 H: Master e Junior
12:00 H: Elite Sub23 e Senior
Ao remate da proba haberá chocolatada para tod@s

25 dic. 2011

RENDINDO HOMENAXE A MARCOS NOS GALEGOS DE CX


Os corredores e corredoras do CC Maceda, aproveitaron os Campionatos Galegos de CX para rendirlle homenaxe a MARCOS VILLAR , que ven de romper o seu femur , e que se atopa internado na Residencia de Ourense; a súa volta a Maceda, aproveitaron para visitar a Marcos e facerlle entrega das medallas conseguidas. Tamén , destacar que Jose Antonio Hermida, adicaballe a súa victoria nos Campionatos de Catalunya de CX, a Marcos, tal e como recollia o seu twitter.

IVAN E XIANA SUCAMPIONS GALEGOS E SAUL E DAVID 3º

Onte sábado , celebraronse en Santiago de Compostela, os Campionatos Galegos de Ciclocross, no parque da Granxa do Xestal; para os integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, a xornada pode calificarse de boa, xa que cumprirón coas súas expectativas e acadaron 4 podiums, colocando algún corredor no podium en todas as probas nas que tiñan presenza. A xornada, soleada, comezaba ás 10:30 coa saída da carreira de Cadetes e Feminas; en cadetes, a carreira foi un man a man entre o corredor do Rosal , e o de Maceda, Ivan Conde; ao final vencía Raul , e Ivan remataba segundo, proclamandose subacampión Galego. Na mesma categoría , Raul Gonzalez era 5º, nunha extraordinaria carreira. En Feminas, Xiana Conde era 2ª , polo tanto subcampiona Galega, de tras da corredora do Aquagest, Desiree Duarte, (excorredora, do CC Maceda) as 12:15 dábase a saída a proba de Junior e Elite Sub23; en juniors, a única representación macedán corría a cargo de David Rodriguez, ante a ausencía de Marcos Villar, que se atopa convaleciente da súa rotura de femur, esta semán.  David partia con serias opcións de podium, e un pinchazo na primeira volta, descolgouno da cabeza de carreira, pero aínda asi remontaba , e o final era terceiro. Na carreira de Sub 23, Saúl López, tamén era 3º, colleitando asi unha medalla máis para o clube macedán; nesta categoria vencía o excorredor do CC Maceda, Pablo Rodriguez. Asi pois, bos resultados para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , nestes campionatos galegos, nos qu colocou a 4 corredores no podium.



22 dic. 2011

ESTE SABADO , CAMPIONATOS GALEGOS DE CICLOCROSS EN SANTIAGO


Este sábado 24, chega unha das citas importantes, os Campionatos Galegos de Ciclocross, que este ano celebraranse na capital de Galicia, Santiago de Compostela, a partires das 10:30, hora a que comenza a carreira de Cadetes e Feminas. As 11:15 sera o turno para para Juniors, Masters e Seniors e as 12:00 a carreira de Elite e Sub 23. O ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, tentará voltar a Maceda con algún podium, ou titulo. Seran un total de 9 os corredores do clube macedán os que acudan a estes Campionatos. As opcións de podium son Ivan Conde en Cadetes, Xiana Conde en Feminas Cadetes, David Rodriguez en Juniors  e Saul Lopez en Sub 23. Destacar a ausencia de Marcos Villar, que se atopa de baixa , despois de ter fracturado o femur esta semán. Toda a familia do CC Maceda, tentará rendir homenaxe a este xoven corredor junior que  tantas alegrias lle ten dado ao noso clube, tentando adicarlle algunha victoria.

19 dic. 2011

DAVID 3º EN JUNIORS NO CICLOCROSS DE PORRIÑO


Onte domingo, celebrouse nas instalacións municipais do Velodromo de O Porriño , e organizado polo CC Spol o 35º Trofeo de Ciclocross Vila de Porriño. A maña presentabase moi fria, con temperaturas , que apenas subían dos 3 grados. As 10 horas dábase a saída as categorías dos Cadetes e das Feminas. En cadetes, Raul Gonzalez , Sergio Movilla e Ruben Garcían tomaban a saída. Raul e Sergio, que estan a correr as súas primeiras carreiras na especialidade de CX , cumprían , e remataban nos postos 12º e 13º respectivamente. Rubén , era o 15º na súa volta a competición. En Feminas, Xiana Conde, completaba unha boa carreira, xa que sendo cadete de 1º ano, tiña que competir coas Elite, sendo 7ª , e 1ª Cadete. Na carreira de Master , Xulio era 8º. En Junior , David Rodriguez e Marcos Villar, pelexaban por un posto no podium, e completaban unha gran carreira. Asi David era 3º , subindo o podium por primeira vez nesta tempada; Marcos , quedaba as portas e era 5º finalmente. En Elite , Saul López, estaba a completar unha moi boa carreira, xa que a falta de 3 voltas para o final , ia 4º , cando unha averia na sua bici, facíalle perder moitas posicións para rematar finalmente o 10º.
A vindeiria cita, son os Campionatos Galegos, que serán o próximo sábado, en Santiago de Compostela.

16 dic. 2011

O DOMINGO 35º TROFEO VILA DE PORRIÑO DE CICLOCROSS


Este fin de semán volta a competición de Ciclocross a Galicia, co 35º TROFEO VILA DE PORRIÑO que organizada polo CC SPOL se celebrará no Velodromo  Municipal do Porriño a partir das 10 horas, nun circuito moi vistoso , que ano a ano ven acollendo probas do calendario galego de Ciclocross
Os horarios, aproximados, das distintas probas son os seguintes:
10:00 horas Cadetes e Feminas
11:00 horas Juniors e Master 30,40 e 50
12:00 horas Elite Sub-23 e Senior

12 dic. 2011

A COPA DE ESPAÑA DE CX REMATOU COA PROBA DE ALCOBENDAS



Onte remataba na localidade madrileña de Alcobendas unha nova edición da Copa de España de Ciclocross.
A maña presentabase fría pero sin choiva. O circuito estaba moi resbaladizo, sobre todo para as primerias carreiras, polas choivas caidas da noite. A xornada comezaba  cedo, as 9 da mañan, e remataria case que as 3 da tarde coa imposición dos maillots de vencedores finais. Un total de 5 foron as carreiras que se disputaron.
En Cadetes, Ivan Conde , acudía coa intencion de estar novamente perto dos  5 primeiros, pero non tivo o seu día e o final remataba nunha discreta 18ª posición. En Feminas, Xiana Conde quedaba a porta do podium , e remataba 4ª. En  juniors, Marcos Villar que viña de facer unha gran carreira o xoves en Pte Viesgo, rodaba entre os 10 primeiros a falta de 2 voltas , pero o final remataba o 12º, un bo posto para un corredor que viu moi retrasada a súa preparación por unha inoportuna lesión a comezo de tempada , pero que pouco a pouco vaise situando entre os millores juniors , no seu primer ano na categoría. David Rodriguez era o 15º , voltando a recuperar parte do seu nivel que amosou no comezo da tempada.
Con estos postos, Ivan Conde rematou 10º na xeral da Copa de España Cadete, Xiana Conde 6ª, Marcos Villar 11º e David Rodriguez 16º. Agora , os xovens corredores macedáns centraran os  seus esforzos no calendario galego, nas tres próximas semáns, xa que estamos as portas da celebración dos Campionatos Galegos de Ciclocross que teran lugar dentro de 2 semáns.

9 dic. 2011

MARCOS VILLAR 5º NA COPA DE ESPAÑA DE PUENTE VIESGO

Este xoves celebrouse na localidade cantabra de Puente Viesgo a 3ª proba puntuable para a Copa de España de Ciclocross. Nun circuito , que xa tiña acollido en anos anteriores a Copa de España, resbaladizo, e algo de barro, a xornada para os corredores do ACADEMIA POSTAL -ACTYON -MERIDA foi dispar; asi na categoria de Cadetes, Ivan Conde , era o 10º apesares de non ter un bo dia, pero mantendose ahi no top ten nunha proba a nivel estatal. Raul Gonzalez e Sergio Movilla, acudían por primeira vez a unha cita deste nivel, e cumprian. En Feminas , Xiana Conde rompia a cadea ao pouco da saída téndose que retirar. En Elite-Sub23 Saul Lopez, era o 29, pero ao final da proba manifestaba que non se atopara comodo na carreira e no circuito, pero aínda asi era o 11º entre os Sub 23. En juniors David Rodriguez , non tiña o seu día e remataba o 27º. Ao que si lle saía unha gran carreira era a Marcos Villar, que proba a proba vai atopandose millor , no seu primer ano como junior , e onte quedaba 5º , moi perto do podium , xa que escasos 14" eran os que lle separaban do 2º posto.
A  seguinte e o ultima cita da Copa de España será este domingo na localidade madrileña de Alcobendas.

7 dic. 2011

MAÑA COPA DE ESPAÑA CX EN PTE VIESGO E 35º TROFEO HORACIO BARROS EN MOSENDE


Maña, retomase a Copa de España de CX, coa 3ºª proba puntuable, na localidade cantabra de Puente Viesgo. Cara ali partiran , hoxe os integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, para participar nun circuito que xa acolleu en anos anteriores probas da Copa de España. Agardase un día sin choiva, polo que esperase que o circuito non teña moito barro. Serán 8 os corredores e corredoras das categorias de Cadetes, Juniors, Sub 23 e Master de Maceda que acudan para participar nas diferentes categorias, tentando voltar a Maceda con algún podium nesta competición de máximo nivel, e na que se daran cita os millores especialistas a nivel estatal.
Pero non e a única cita para os corredores de Maceda, xa que maña tamén , se celebrara unha proba clásica do calendario galego de CX, o 35º Trofeo Horacio Barros de Ciclocross organizado polo CC Spol , e que tamén contara con presencia macedán, xa que os corredores sub 23 Iago Garcia e J. Ramón Villanueva acudiran a cita, que se celebrara na localidade de Mosende.

FINALISTAS NOS PREMIOS +DEPORTE DE LA REGION


A Escola de Ciclismo JA HERMIDA ,ven de ser nominada como finalista do premios + Deporte que organiza o xornal ourensán de La Region, na categoria de MELLOR EQUIPO BASE. O vencedor darase a coñecer na gala do 10º PREMIOS + DEPORTE que se celebrara o vindeiro mércores día 14.

TAÇA DE PORTUGAL DE CX. VICTORIA DE IVAN EN CADETES


Este domingo celebrouse na localidade portuguesa de Agueda a segunda proba puntuable para a Taça de Portugal de CX. Foron un total de 8 os corredores do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, os que se desprazaron para participar nesta proba. Destacar a actuación de Ivan Conde en Cadetes, que obtiña de novo unha victoria, e xa van 2, na Taça, dominando a proba dende a saída.Na mesma categoria , Raul Gonzalez finalizaba 4º e o debutante Sergio Movilla 7º Tamén en cadetes, pero en feminas, era Xiana Conde a que obtiña outro podium , rematando 2ª detras de Desiree Duarte. Nas restantes categorias os resultados foron os seguintes: en juniors Marcos Villar e era 6º con David Rodriguez 9º. En Master 40 Xulio Conde era 4º. E na categoria raiña, Saul Lopez finalizaba en 10º posicion.

1 dic. 2011

ESTE DOMINGO UNHA NOVA CITA NA TAÇA DE PORTUGAL DE CX



Este domingo ,o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, desprazarase ata a localidade lusa de Agueda, perto de Aveiro para participar na segunda cita puntuable para a Taça de Portugal de CX. Agardase de novo unha importante presencia de corredores e corredoras galegos, ao non coincidir con ningunha proba  do calendario galego. Os corredores macedáns partiran coa intencion de colleitar algunha victoria, como xa acontecera na primeria proba puntuable, na que Ivan Conde faciase coa victoria na categoria de Cadetes.


O horario das carreiras será

07h30 Abertura do secretariado 
08h45 Encerramento da confirmação das inscrições 
09h00 Reunião de prova (local da prova) 
09h15 Chamada para corrida C1 (Masters) 
09h30 Corrida C1 
10h20 Chamada para corrida C2 (Todas as Femininas, Cadetes masc. e Open CX) 
10h30 Corrida C2 
11h20 Chamada para corrida C3 (Elites/Sub23 e Juniores masc.) 
11h30 Corrida C3 
12h45 Entrega de Prémios