29 may. 2012

IVAN CONDE 7º NA COPA DE ESPAÑA DE YEPES


O corredor cadete , Ivan Conde rematou 7º na 3ª proba puntuable para a Copa de España de BTT XC 2012, disputada na localidade toledana de Yepes, na maña do domingo ,e nunha xornada marcada polo calor. O resultadado de Ivan era máis destacado para os corredores do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, que nesta xornada non se veian acompañados pola sorte. Asi Saul Lopez, en Elite ,debía  abandonar mediada a carreira por problemas mecanicos. Marcos Villar, en Juniors ,na súa volta a participación nunha Copa de España despois da sua fractura de femur, non podia rematar a carreira por pinchazo. O mesmo sucedia en cadetetes onde Sergion Movilla , sufria unha caida que o levaba a retirarse.
En Masters 40 Xulio era 9º e Jose Manuel Gonzalez 5º en master 50.
A vinderia cita da Copa de España será o 17 de xuño en Aviles

24 may. 2012

O DOMINGO COPA DE ESPAÑA BTT XC EN TOLEDO


Este fin de semán o ACADEMIA POSTAL -ACTYON-MERIDA, desprazarase ata a localidade toledana de  Yepes, onde se vai a celebrar a 3ª proba puntuable para a Copa de España. As carreiras celebraranse na matinal do domingo, sendo as 10 horas as carreiras de cadetes , feminas e master, e as 11:30 as de Elite Sub23 e Junior. Os corredores de Maceda, que parten este sábado cara Yepes, tentaran meterse entre os 10 primeiros nas categoria nas que participan. Saul Lopez, que tan boa tempada esta a realizar, e que vai 10º na Xeral da Copa de España en sub 23, pelexara de novo por repetir o resultado de Bejar, no que fora o 7º entre os Sub 23. En Juniors, destacar a volta de Marcos Villar  a unha proba da Copa de España , despois de terse recuperado da sua rotura de femur, en plena tempada de ciclocross. En Cadetes participaran Ivan Conde , Raul Gonzalez e Sergio Movilla na categoria masculina, en tanto que e dubida a femina Xiana ,que se atopa recuperando dun golpe.

22 may. 2012

SEIS MESES DESPOIS , MARCOS REINCORPORASE A COMPETICIÓN

FAI 6 MESES
O XOVES EN ARTEIXO


Seis meses depois daquela inoportuna rotura de femur en plena tempada de ciclocross, Marcos Villar xa volta a estar de novo nas carreiras. Aínda queda moito traballo por diante ata acadar o seu nivel habitual, pero xa cada vez esta mais perto. Atras quedan xa horas e horas de traballo. So a súa gran paixon pola bicicleta e o seu caracter de  superación, fan que Marcos este de novo xa enriba dunha bicicleta disfrutando en cada unha das subidas, e en cada unha das baixadas. No é o seu primeiro percance, pero como sempre, voltou a superalo. Asi que ...... noraboa Marcos!!!! e xa sabes, o camiño a partir de agora e máis facil, polo menos máis levadeiro.

21 may. 2012

BOA ACTUACION NO MINIBTT DE CORUXO


Este domingo celebrouse en Coruxo a segunda proba do calendario galego de Mini BTT, e na que participaron máis de 170 rapazes e rapazas das diferentes escolas de ciclismo galegas. Da Escola JA Hermida acudiron a cita 21 rapazes e rapazas repartidos nas distintas categorias, e non voltaron de baleiro para Maceda, xa que colleitaron varios podiums. Destacar a victoria de Ivan Feijoo, con absoluta autoridade na categoria de Infantis. Pero tamén realizaron unha gran carreira  Aaron Lopez 6º, Roman Saa 8º, Manuel Souto 14º e Samuel Gonzales 20º. En Alevins, David Hermida foi 22º e Xacobe Atrio o 40º. En Benxamins , a categoria máis numerosa, con 50 corredores/as na grella de saída, Breogan Diz foi 6º e Martin Gonzalez 7º, Breixo Atrio 10º. Pero  tamen e de destacar as actuacions de Pablo Hermida, Hugo, Noe e Alvarez Gonzalez. Destacar en Feminas , o triunfo, unha vez máis de Aida Gonzalez, con Noela Saa, 3ª nun carreira en que dominaron as corredoras de Maceda. Aixa foi 8ª entre as chicas. Completaron a participación macedán , os mais pequenos , os prebenjamins e promesas Hugo ,  Tristan e Uxio.
A xornada , rematou con festa para todos os/as participantes. Destacar tamén o detalle que o clube organizador, o CC Coruxo, co noso clube , ao facerlle entrega, durante a ceremonia de entrega de premios, dun recoñecemto polos 25 de anos de historia.

19 may. 2012

MAÑA MINIBTT EN CORUXO

Maña a partir das 11 horas celebrarase unha nova proba do calendario galego de MINIBTT, a segunda, esta vez ña localidade pontevedresa de Coruxo, al lado da cidade de Vigo. Unha veintena de rapaces e rapazas da ESCOLA JA HERMIDA, acudiran a cita organizada polo CC Coruxo. Están previstas as carreiras de Principiantes, Promesas, Benxamins, Alevins e Infantis. Ao remate da proba a organizacion ten previsto para os participantes e acompañantes unha degustación de callos e pinchos. Mais información da proba en www.clubciclistacoruxo.es

18 may. 2012

SAUL VENCE EN ARTEIXO E SITUASE LIDER DO OPEN GALEGO XC


Intensa e maratoniana a xornada vivida onte en Arteixo, no día das letras Galegas. Pola maña celebrabase a primeira proba da tempada, de MINI BTT , e pola tarde, a 4º proba puntuable para o Open Galego de BTT XC. Eran as 11 da maña cando arrancaba a xornada, e nunha proba con unha gran participación, @s mais pequen@s da ESCOLA JA HERMIDA, iniciaban unha nova tempada, e o facían con bo pe, pisando o podium. Asi, Aida Gonzalez, en Benxamins Fem , vencia e Noela Saa quedaba as portas do podium. En Infantis, Ivan Feijoo era 3º. Pero non so estes/as corredores/as tiñan unha actuación destacada, si non que tod@s @s que acudiron , estaban a gran altura. 
Xa pola tarde , e a partir das 16:30 horas , tocaballe o turno, os maiores do clube, os integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, e a xornada non poido ir millor , xa que Saul Lopez, vencía na proba raiña con autoridade , o que lle valía para situarse como lider do Open Galego de BTT 2012. Saúl dominaba a proba xa dende o principio, nun circuito moi duro e técnico, e sumaba a súa primeria victoria da temporada. En cadetes, Ivan Conde, colleitaba unha victoria máis e afianzabase como lider do Open, e tanto que Raul Gonzalez era 3º.

16 may. 2012

MAÑA MINIBTT E BTT EN ARTEIXO

 

Maña, festividade das Letras Galegas, comeza a temporada de MINI BTT na localidade coruñesa de Arteixo, coincidindo coa IV proba puntuable para o OPEN GALEGO DE BTT XC de Arteixo. Asi pois , xornada intensa para o CC Maceda, que desprazará ata Arteixo, @s corredores/as tanto da súa Escola de Ciclismo JA HERMIDA  como os integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA.
A actividade comezará as 10:30 horas con MiniBTT , para as categorias de Principiantes, Alevins e Infantis, e continurá a tarde a partir das 16:30 horas coas carreiras para as categorias de Cadetes, Juniors, Elite, Senior e Masters.
Destacar , que a esta IV proba do Open Galego de BTT , chega Ivan Conde como lider da categoria cadete, acudíndo a proba coa intención de consolidalo con unha nova victoria. Seu compañeiro de categoria , pelexará por subir de novo ao podium , despois de pisalo por primeria vez o pasado fin de semán. Na categoría raiña, Saul Lopez, tentara acadar unha victoria por primeira vez nesta tempada despois de ter sido 2º nas duas probas anteriores.
Asi pois , interesante xornada a que se presenta en Arteixo para toda a familia do CC Maceda.

13 may. 2012

VICTORIA DO ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA EN GONDOMAR


Destacada actuación do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , na terceria proba puntuable para o OPEN GALEGO DE BTT, na localidade pontevedresa de Gondomar, nunha xornada marcada polo intenso calor. Varios foron os corredores que subiron ao podium nas diferentes categorias. Destacar a carreira de Cadetes , en que IVAN CONDE  e RAUL GONZALEZ acadaron un doblete o facer 1º e 2º, o que lle valeu a Ivan para afianzarse como lider da Xeral. En M40 , Xulio foi 3º . Na carreira de Elites, SAUL LOPEZ mantivo unha intensa loita toda a carreira con Alberto Pedreira , que finalmente se decantou para o corredor do Biciverde nos ultimos metros. Saul entraba 2º, a escasa distancia, co que manten todas as suas opcións na loita polo posto de lider da Xeral. O seu compañeiro de equipo, e ata onte lider do Open, Jose Ramon Villanueva, debeu abandonar por problemas mecanicos. A gran victoria da xornada , chegaba , na carreira por relevos, na que o clube macedán , nunha emocionate e intensa carreira vencía diante do Bici Verde de Vigo e do Monforte. Asi pois , gran xornada, nunha carreira na que ata 9 corredores do noso clube participaron na proba ,a pesar das distintas baixas.

10 may. 2012

ESTE FIN DE SEMAN, BTT EN GONDOMAR E FINAL GALEGA DE DUATLON ESCOLAR EN BOIRO



Este fin de semán voltara a haber dobre cita para os integrantes do CC Maceda. Por unha parte, @s corredores/as do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, acudiran a unha nova cita do OPEN GALEGO DE BTT ,esta vez , o sábado a partires das 16:00. Destacar tamén que a partir das 18:30 horas terá lugar unha proba por relevos. A esta cita, chegan lideres do Open , e polo tanto tentaran manter o maillot branco, J. Ramon Villanueva en Elite, e Ivan Conde en Cadetes. O obxectivo, e tentar de estar de novo no podium nas distintas categorias, na que ata 4 corredores do clube subiron o podium.
A outra cita, sera para @s peques da Escola JA HERMIDA, que o sábado acudiran a Final Galega de Duatlon Escolar en Boiro. Un total de 14 son @s corredores/as que se clasificaron para esta citan , na pasada final provincial celebrada en Maside.

Asi pois , fin de semana intenso...