29 jun 2012

MAÑA MINI BTT EN ARBO E BTT EN TARAGOÑA

@s integrantes da Escola e do Equipo

A fin de semán presentase intensa , xa que maña a actividade será por partida dobre. As 11 @s pequen@s da   Escola JA HERMIDA, acudiran a unha novoa cita do calendario galego de MINI BTT na localidade pontevedresa de Arbo, e organizada pola Fundación Oscar Pereiro.
Pola tarde, o turno será para os maiores, @s integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , na localidade de Taragoña, a partires das 17 horas , na proba puntuable para o OPEN GALEGO DE BTT XC 2012 , ao que acudirán coa intencion de repetir as actuacións das ultimas probas e defender os lideratos de Saul en Elite e de Ivan en Cadetes.
A cita e , a unha seman do Campionato Galego de BTT XC que organiza este clube o 7 de xullo.

24 jun 2012

SAUL E IVAN LIDERES DO OPEN GALEGO BTT XC EN ELITE E CADETES


Proveitosa xornada para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA  este fin de semán na proba do Open Galego de BTT XC en Oleiros, na que colleitou un total de 6 podiums, entre eles 2 victorias.
Na categoria raiña, a de Elite, SAUL LOPEZ era 2º despois dunha intensa loita con Mauro Gonzalez, que o vencia nos ultimos metros da proba. Este 2º posto , valeulle para afianzarse como lider do Open Galego.
En Cadetes, IVAN CONDE , vencia con autoridade e afianzabase todavia mais como lider. O terceiro era o seu compañeiro de equipo, RAUL GONZALEZ, na mentras que SERGIO MOVILLA finalizaba 5º.
XIANA CONDE subia o podium como unica participante en Feminas. Os ultimos podiums da xornada chegaban en Master 40 con Xulio Conde 3º e en Master 50 con Jose Manuel Gonzalez, 3º. Asi pois ,gran xornada para o clube macedan nesta proba do Open Galego de BTT.

22 jun 2012

O ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA 10º NA XERAL FINAL POR EQUIPOS DA COPA DE ESPAÑA DE BTT XC


O pasado fin de semán rematou en Aviles a Copa de España de BTT-XC; o balance para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA foi bo, a pesares das diferentes baixas, asi na categoria Pro, Saul Lopez rematou 27, (7º entre os sub23) no seu primer ano na categoría. En Cadetes Ivan Conde rematou o 11º e Raul Gonzalez 15º.En Feminas Jun-Cadete , Xiana Conde rematou a 11ª. En Master 50 Jose Manuel Gonzalez foi o 3º e en Master 40, Xulio o 7º. Na clasificación final por equipos, o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , rematou o 10º entre un total de 29 equipos, o que constitue un gran exito.
Agora a tempada continua co Open Galego, Campionato Galego de BTT , e Campionatos de España BTT.

17 jun 2012

INDURAIN E RUBIERA GALARDONADOS COAS CHOCAS DO ANO 2012








Dende hai xa 5 anos , o noso clube , ven entreganto anualmete os PREMIOS CHOCAS DO ANO, cos que queremos recoñecer a xente  do mundo da bicicleta a súa traxectoria. Nestes anos recibiron este agasallo , OSCAR PEREIRO   e MARCOS SERRANO no ano 2008, o equipo XACOBEO e J.G. NOIA, no ano 2009, EZQUIEL MOSQUERA ,no ano 2010 e GUSTAVO C. VELOSO , no ano 2011. Este ano o galardon traspasou as  terras galegas por primeira vez , e foi parar as máns de CHECHU RUBIERA e do mismisimo INDURAIN.
Ambos representan as duas caras do ciclismo, Miguel , a dun dos mellores corredores a nivel mundial da historia do ciclismo, un gañador nato. E Cechu, a dus dos millores gregarios, eses corredores que o dan todo para que un compañerio poida gaña. Grandes os dous!!!!
A verdade que a nomina de gañadores asusta.... pero a vez alegranos moitisimo que todos estes craks teñan estado cos rapazes e rapazas da nosa ESCOLA JA HERMIDA , e teñan estado en Maceda.
No mesmo acto, no que conmemoramos os 25 anos da nova etapa do CC Maceda, anque xa estivera en marcha na decada dos 70, homenaxeouse a xente que puxo en marcha o ciclismo en Maceda, como foron Claudio Blas e  Gregorio Perez. 
A vez se recoñeceu o apoio dos nosos patrocinadores e  sacaronse as fotos oficiais de todos os integrantes do Clube e da Escola , con tan ilustres acompañantes.

12 jun 2012

MIGUEL INDURAIN EN MACEDA


Este ano no Club Ciclista Maceda, estamos de aniversario, e había que celebralo.... Son xa 25 anos de historia... maís os anos en que anteriormente xa estivera en actividade o clube, alo polos anos 70. Queríamos facer , algo grande e bonito, e que máis grande e bonito, que poder contar co mási grande de todos os ciclistas: MIGUEL INDURAIN; Miguel estará con nos , pero especialmente, con tod@ os rapazes/as da Escola JA Hermida, o 16 de xuño, no Multiusos de Maceda. Esto non sería posible sin a deferencía do Clube Ciclista Ourensan ,e en especial Carlos Moures, que en todo momento colaborou para que este clube puidera cumprir un soño. .... MOITAS GRAZAS MOURE!!!
E ESTADES TOD@S CONVIDADEOS!!!




10 jun 2012

SAUL 2º (1ºSUB 23) NOS CAMPIONATOS DE CASTELA E LEON


Este sabado, a cita para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA foi nos campionatos de Castela e Leon, na localidade leonesa de Bembibre. Os corredores macedans, rindiron a un gran nivel, asi o Sub 23 , Saul Lopez vencia con autoridade na categoria de Sub 23, sendo ademais 2º na xeral absoluta , detras do corredor granadino do Wild Woff, A. Trujillo. Saul , realizaba unha gran carreira, rodando casi toda a carreira en posicions de cabeza, e adaptandose perfectamente a un duro circuito. En Juniors, Marcos Villar, que esta semán voltar a pasar polo quirofano, quedaba as portas do podium, sendo 4 , e realizando unha extraordinaria carreira. En cadetes, Ivan Conde, non tiña moita sorte, xa que cando ia en cabeza, sufria un pinchazo. Ao final entraba 6º. Na mesma categoria , Raul Gonzalez era 5º. En M50 Jose Manuel Gonzalez era 2º e en M40 Xulio  , 4º, A vindeira fin de semén chega a ultima proba da Copa  de España de BTT , en Aviles.

5 jun 2012

VICTORIA DE IVAN FEIJOO NO I TROFEO INTER RIAS DE MINI BTT


Este sabado celebrouse en Sanxenxo unha nova proba do calendario galego de MINI BTT , o I TROFEO INTER RIAS DE MINI BTT, nunha xornada , que apesares da choiva, deronse cita casi 200 rapaces e rapazas de todos os clubes galegos. A proba organizada polo CC Corvelo, transcurriu no centrico parque de Vicaño da localidade pontevedresa. En canto a participación dos nenos e nenas da ESCOLA JA HERMIDA, destacar a victoria de Ivan Feijoo, e xa van 2, na categoria Infantil, neste seu primer ano na categoria Aaron  Lopez foi 6º e Manuel Souto 10º. Tamén subiron o podium , Noela Saa , como 2ª en Principiantes Feminas e Antía Martinez, 5ª en Alevins Feminas.
A pesares das diferentes ausencias , o rapaces e rapazas do clube macedán estiveron a gran altura.
Clasificacións completas en:
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/996_I%20TROFEO%20INTER-R%C3%8DAS%20DE%20MINIBTT.pdf