27 ago 2012
AIDA GONZALEZ 1ª E IVAN FEIJOO 2º PODIUMS NO MINIBTT DE MONTEFERRO
20 ago 2012
IVAN FEIJOO E AIDA GLEZ , VENCEN NA CASA , NO VIII MINI BTT CASTELO DE MACEDA
A xornada comezou de maña, as 11 horas, xa con moito calor, nos arredores do Castelo de Maceda. Abriuse ca carreira de Prebenxamins, para continuar despois ,con todas as categorias, promesas, principiantes, alevíns e infantis. Moito foi tamén o publico que presenciou a proba en directo. No que respeta aos resultados d@s corredores e corredoras locais, destacar a victoria de Ivan Feijoo na categoria de Infantis, e de Aida Gonzalez en Principiantes, asi como os podiums de Noela e Aixa.
Pero a xornada, non remataba cas carreiras, xa que o remate das mesmas, a "festa" trasladabase as instalación municipais das Piscinas, onde se celebraba a III FESTA DO MINI BTT GALEGO, e na que participan máis de 200 persoas, disfrutando dun xantar e dunha xornada de lecer nas piscinas, para rematar con unha acampada.
Asi pois xornada completa ,nun día non que o calor apretou.
Clasificacións completas: http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1045_VIII%20MINIBTT%20CASTELO%20DE%20MACEDA.pdf
16 ago 2012
ESTE SABADO AS 11 VIII MINI BTT CASTELO DE MACEDA
Este sábado a partires das 11 horas , e nos arredores do Castelo de Maceda, o CC Maceda e a súa Escola de Ciclismo JA HERMIDA, organizan o VIII Mini BTT CASTELO DE MACEDA, e no que se agarde que participen máis dun centenar de rapazes e rapazas das diferentes Escolas de Ciclismo de Galicia, con idades de entre os 5 e os 14 anos. Ao remate do mesmo, e xa nas instalacións das piscinas tod@s @s participantes, poderán participar na III Festa do MINI BTTT GALEGO, e que consistira nunha xantar colectivo e unha tarde de convivio con xogos na piscina, para rematar con unha acamapada.
12 ago 2012
HERMIDA 4º NAS OLIMPIADAS DE LONDRES
Finalmente Hermida foi 4º nas Olimpiadas de Londres, nunha carreira emocionante na que estivo loitando toda a carreira por unha medalla, e na que un percance ca sua cadea, posiblemente , lle impedira subir o podium. Pero ainda asi, demostrou a sua gran condición e a sua garra, nunha carreira dura , intensa e moi moi emocionate. Hoxe , o unico que podemos decir, e que neste clube ,estamos MOI ORGULLOSOS de que a nosa ESCOLA DE CICLISMO leve o teu nome: JOSE ANTONIO HERMIDA.....
9 ago 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)