7 oct 2012

XA COMEZOU A TEMPORADA DE CICLOCROS CA 1ª PROBA DO SUPERPRESTIGIO EN IBIAS


Este sábado comezou unha nova temporada de Ciclocross. Foi na localidade asturiana de Ibias, onde se celebraba a primeira proba puntuable para o SUPERPRESTIGIO MMR-CAMPAGNOLO, (Antiga Copa de España), o que supuña a primeira proba de Ciclocross a nivel estatal.  Foron máis de 250 os participantes chegados de todo a peninsula, os que participaron na proba.
En canto o noso equipo, o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA,  que acudía con numerosas e importantes ausencias, como as de Marcos Villar e Saul López, desprazaba a Asturias un total de 7 corredores , sendo o resultado máis destacable, o 5º posto de Xiana Conde en Feminas Cadete. Para a maior parte deles ,era a sua primeira carreira nunha nova categoria, asi Raul Gonzalez,  Ruben Garcia e Sergio Movilla estreabanse na categoría de juniors, rematando o 20, 22  e 23. En cadetes, Roman Saa, que tamén cambiaba de categoria remataba o 19º. A vindeira cita ,para os xovens corredores da canteira macedán, saidos da Escola JA Hermida, será dentro de 15 dias en terras burgalesas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario