26 nov. 2012

XI CICLOCROSS CIDADE DE SANTIAGO


Este domingo celebrouse no Parque da Granxa do Xesto o XI Trofeo de Ciclocross Cidade de Santiago. A sorte non acompañou @s corredores macedáns, do ACADEMIA POSTAL -ACTYON - MERIDA, xa que os diversos percances sufridos, privaron que algún dos corredores poidera subir o podium. A xornada comezaba coa carreira de Cadetes , con Xiana e Roman na grella de saída. Xiana debía retirarse antes de completar a primeira volta polo seu forte catarro. Roman , completaba a carreira e remataba o 12º. En Juniors , participaban Raul e Ruben. Raul rodaba nunha excelente 5ª posición ,cando un pinchazo o reitiraba da carreira. Ruben, remataba o 13º. Por ultimo en Master , tamén as averias e pinchazos fixeron mella, e o final Xulio foi 16º e Antonio Saa o 20º. En Master 30, Jose Manuel Ramos era o 9º. A vindeira cita , será dentro dunha semén en Marín.

18 nov. 2012

BOA ACTUACION NA TAÇA DE PORTUGAL DE CX DE SOBRADO

VICTORIA DE XIANA E 4º POSTO DE RAUL E ROMAN NA TAÇA DE PORTUGAL DE CX

Moi bo balance para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON na primeira proba puntuable para a TAÇA DE  PORTUGAL de Ciclocross, disputada na localidade de Sobrado, nun bonito circuito diseñado pola organización. Chegaba nesta proba a primeira victoria da temporada para o noso clube, colleitada por Xiana Conde, na Categoria de Féminas Cadetes. Pero non so era destacable a actuación de Xiana, si non que tamén outros corredores macedáns colleitaban moi bos resultados  , asi Roman Saa era 4º na categoría de Cadetes , e tamén  Raul Gonzalez era 4º na categoria de Juniors, o que amosa que ambos corredores se van adaptando a súa nova categoria.

12 nov. 2012

SUPERPRESTIGIO DE ELORRIO


Despois de non poder estar nas citas anteriores do SUPERPRESTIGIO DE CX , en Karrantza e Muskiz, o ACADEMIA POSTAL- ACTYON estivo presente na 4ª cita de este Superprestigio, en Elorrio. Foi a corredora cadete Xiana Conde, a que ata ali se desprazou para participar na proba, nunha carreira marcada polo abundante barro, froito da choiva caida durante toda a xornada, o que endureceu as carreiras. Xiana , que estivo casi que toda a carreira pelexando por un posto no podium , finalmente foi 5ª. Destacar , que a victoria correspondeu a ex corredora da nosa escola, a galega , Desiree Duarte.
A vindeira cita do Superprestigio será o 8 de decembro na localidade de Itxasondo.

CICLOCROSS DE O ROSAL


Este sábado iniciouse o calendario galego de Ciclocross , coa proba celebrada no entorno da Praia das Eiras , no Rosal e organizada polo CC O Rosal. Nun circuito, situado a beira do Miño , e con treitos de area a actuación dos corredores macedáns do ACADEMIA POSTAL -ACTYON, estivo a un gran nivel.
En cadetes , o novel , ROMAN SAA ,realizaba unha gran carreira, na sua segunda carreira na categoria e no ciclocross, rematando o 8º. En Juniors , RAUL GONZALEZ, era 6º , estando a un gran nivel, a pesar de non ter realizado unha boa saida. Na misma categoria RUBEN GARCIA ,era 14º. Ambos corredores están a correr a suas primeiras carreiras como juniors.
Tamén participaron, Antonio Saa Tesouro en M40 (14º) E J. Manuel Ramos M30 (16º)