12 nov 2012

SUPERPRESTIGIO DE ELORRIO


Despois de non poder estar nas citas anteriores do SUPERPRESTIGIO DE CX , en Karrantza e Muskiz, o ACADEMIA POSTAL- ACTYON estivo presente na 4ª cita de este Superprestigio, en Elorrio. Foi a corredora cadete Xiana Conde, a que ata ali se desprazou para participar na proba, nunha carreira marcada polo abundante barro, froito da choiva caida durante toda a xornada, o que endureceu as carreiras. Xiana , que estivo casi que toda a carreira pelexando por un posto no podium , finalmente foi 5ª. Destacar , que a victoria correspondeu a ex corredora da nosa escola, a galega , Desiree Duarte.
A vindeira cita do Superprestigio será o 8 de decembro na localidade de Itxasondo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario