31 dic 2012

XIANA 7ª NO SUPERPRESTIGO DE PUENTE VIESGO


Este sábado remataba na localidade cantabra de Puente Viesgo, o Superprestigio de CX . A representación do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA corría a cargo de Xiana Conde, na categoria de Feminas Cadete, na que remataba no 7º lugar.

24 dic 2012

36º TROFEO DE CICLOCROSS VILA DE PORRIÑO



Este domingo, celebrouse a 36 edicion do Trofeo Vila de Porriño de Ciclocross, estreando circuito no Parque do rio Louro, polo que este ano non se celebrou no tradicional circuito do Velodromo.
A maña comezaba ca carreira de Cadetes e Feminas. En Cadetes, o representante do noso equipo , o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA  , era Roman Saa, que carreira a carreira vai amosando, como se vai afacendo ao ciclocross, nesta sua primeira temporada nesta especialidade. Entraba en meta no 8º lugar, pero cada vez mais perto da cabeza da carreira. En Feminas Cadete, Xiana Conde estaba de novo no podium, e era  3ª , nunha carreira na que se viu superada ademais de por Desiree Duarte, por Irene Trabazos. En juniors, Raul Gonzalez ,realizaba tamen unha gran carreira, sendo 7º na meta , pero entrando practicamente no mesmo tempo que o 5º. Tanto Raul, como Roman, sufriron sendas caidas.
Completaban a participacion macedán, os Master, con Xulio 9º, Antonio Saa 16º en M40 e Jose Manuel Gonzalez 4º en M50

18 dic 2012

V CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA

PODIUMS DE XIANA, XULIO E JOSE MANUEL




Este sábado, día 15, organizamos en Maceda, o V CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA, nos arredores do Castelo de Maceda. Despois duns dias previos de moita auga e temporal, a tarde presentouse, sen choiva, e o circuito practicamente seco e moi rápido. A participación foi alta , xa que a parte dos galegos habituais do calendario galego, estiveron corredores/as chegados de Portugal, Asturias, Zamora...
En canto ao público, tamén foi numeroso, o que ven confirmar que esta proba vaise convertindo como unha proba tradicional xa no calendario galego.
A primeria carreira en celebrarse , foi a de Feminas, en todas as categorias , e a de Cadetes. En feminas, a participación foi mais alta do habitual, xa que casi 15 rapazas tomaron a saida. A vencedora en Elite foi a actual campiona de España, Isabel Castro, en Juniors , a corredora de Cambre, Lorena Sanin, e en Feminas Cadete, a tamen campiona de España, Desiree Duarte. Destacar a 2ª posicion da corredora local, XIANA CONDE, na categoria de Feminas Cadete.
En Cadetes, o vencedor foi o corredor de Coruxo, Daniel Piñeiro, co corredor local , ROMAN SAA, en 10º lugar, despois de ter sufrido un pinchazo.
A seguinte carreira, foi a de Master. En Master 30 , vencia o corredor do Spol , e actual campión de España, José Rodriguez, co local J.MANUEL VAZQUEZ 12º. En Master 40 vencia o actual campión de Portugal, Antonio Sousa, co local XULIO CONDE, 3º, e ANTONIO SAA 11º. En Master 50 vencia Valeriano Carrera, co local J.MANUEL GONZALEZ 3º.
A ultima carreira en tomar a saida, era a de Elite-Sub23. Vencia na carreira o corredor de Salavaterra , Mauro Gonzalez. En Sub23, vencía o corredor local PABLO RODRIGUEZ (Hirumet), no que era a sua unica particpacion en CX , nesta temporada, e realizando unha gran carreira, diante do seu publico. IAGO SAA era o 17º. En juniors vencia nunha bonita carreira, resolta o sprint, o corredor do Spol , Angel Diz. O local RAUL GONZALEZ, era 5º despois de completar a sua millor carreira nesta sua 1ª tempada na categoria de Juniors. SERGIO MOVILLA era 14º.
Asi pois boa actuacíón dos integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA na súa carreira.
Destacar , tamén , que durante a carreira os máis peques da ESCOLA JA HERMIDA, puideron disfrutar dunha zona de Trial, montada por Pablo Atrio.
Con esta carreira , o CC Maceda, pecha as actividades organizativas neste ano 2012 , no que estivo a conmemorar o seu 25 aniversario.

Clasificacions completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1086_Clasificaci%C3%B3n.pdf

Fotos de Luz Maria Iglesias:
https://plus.google.com/photos/114831358335341071162/albums/5822573016201347665

Fotos de Luis Prado:
https://plus.google.com/photos/102642082525240937032/albums/5822302492399898353?banner=pwa

9 dic 2012

XXXVI TROFEO HORACIO BARROS DE CICLOCROSS


Este domingo celebrouse na localidade de Mosende, o XXXVI Trofeo Horacio Barros de Ciclocross, unha proba clásica no calendario galego a que se celebra nun circuito que xa ten albergado os Campionatos de España. A maña estaba fria , pero soleada, e o circuito rápido e seco, presentado algunha variación con respeto a os anos anteriores.
A primeria proba era  de Cadetes, con Roman Saa, que realizaba unha boa carreira finalizando o 10º.
En Master, destacar o novo podium colleitado por J. Manuel Gonzalez en M50 finalizando 3º. Antonio Saa era o 15º en M40. Xulio no finalizaba a proba por unha caida.
Na proba que pechaba a xornada, a de Junior e Elite, tomanban parte, Raul Gonzalez e Sergio Movilla.
Raul Gonzalez, a pesares dalgunha caida, era o 7º , na mentras que Sergio era o 12º.

8 dic 2012

SUPERPRESTIGIO CICLOCROSS ITSASONDO


O sábado 9 de decembro celebrouse na localidade vasca de Itsasondo a penultima proba puntuable para o Superprestigio de Ciclocross, da RFEC. A xornada amenceu chuviosa , e fria, polo que o circuito foi acumulando moito barro ,o que endureceu moito as diferentes carreiras. A representacion macedán nesta cita corria a cargo da Xiana Conde, na categoria de Feminas Cadete e de Xulio en Master 40. A saída da proba das Feminas foi as 11 horas. O circuito estaba moi duro, polo abundante barro e despois de terse disputado xa sobre el 2 carreiras. Xiana, realizou unha boa carreira entrando 7ª en meta , a 51 segundos do podium.Xulio rematou o 14º na sua categoria.

7 dic 2012

VICTORIA DE XIANA NO XXV CICLOCROSS DE BOIRO

RAUL GONZALEZ 6º JUNIOR
Xiana Conde 1ª en Feminas Cadete

O junior Sergio Movilla

Onte domingo ,celebrouse na vila de Boiro, no entorno do paseo marítimo o XXV Ciclocross de Boiro. A carreira estivo marcada pola choiva que acompañou durante todas as carreiras, provocando que o circuito estivese embarrado e con auga, o que endurecia as carreiras. A primeria carreira en celebrarse , foi a de Cadetes e Feminas. Na categoria de Feminas Cadete, Xiana Conde colleitaba unha nova victoria, vencendo nunha proba moi disputada a mariñense Irene Trabazo. Na proba masculina, Roman Saa era o 11º. A seguinte carreira era a de Masters. En Master 50 Jose Manuel Gonzalez ,subía o podium sendo 3º. En Master 40 Xulio Conde era 10º e en Master 30 Jose Manuel Ramos era 13º. A ultima proba en disputarse era a de Elite Junior. Os representantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA eran Raul Gonzalez e Sergio Movilla. Raul , realizaba unha gran carreira rematando o 6º entre os juniors, e Sergio, finalizaba o 18º. A vindeira cita para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA sera maña sábado na localidade vasca de Itsasondo donde se celebra unha nova proba do Superprestigio, en concreto a penultima.

Fotos de Luz Maria Iglesias
https://plus.google.com/photos/114831358335341071162/albums/5818862502098006417?banner=pwa

2 dic 2012

XIANA VENCE NO XI CICLOCROSS DE MARIN

MARCOS VILLAR VOLVEU DE NOVO A COMPETICON


Hoxe, nunha maña fria, e no Lago Castiñeiras, o CC Marin, organizaba o XI Ciclocros de Marin. A primeira carreira ,era a dos Cadetes e as Feminas. Román Saa, cadete, era o 11º realizando unha boa carreira, no seu primer ano na categoria, e que carreira a carreira vai amosando como se vai adaptando a nova categoría. En Feminas, na categoria de Cadetes, Xiana Conde , conquería a victoria, a primeria deste ano , no calendario galego, e a segunda da temporada. Posteriomente, tocaballe o turno os  Master, con J. Manuel 18º en M30, con Xulio 9º e Toño 18º en M40 e J. Manuel 5º en M50. Pechaba a xornada a carreira de Juniors e Elite. En Junior , destacar a volta a competición de Marcos Villar, despois dun longo periodo de inactividade polos seus problemas coa perna. Xunto con Marcos ,tomaban participaban Raul Gonzalez e Ruben García. Dende a saída, Marcos e Raul rodaban xuntos, rematando ambos como 6º e 7º respectivamente, e despois de realizar unha gran carreira. Ruben, tiña que retirarse , por un pinchazo.
Asi pois ,boa xornada para @s corredores/as do ACADEMIA POSTAL-ACYON-MERIDA de Maceda.