25 feb. 2013

UN NOVO PROXECTO: ESCOLA CICLISMO PEREIRO DE AGUIAR





Xa van 8 anos dende que o noso clube puxera en marcha a ESCOLA DE CICLISMO JA HERMIDA. Nestes dias estamos a por en marcha un novo proxecto de Escola. Esta vez, no cercano concello de O Pereiro de Aguiar, onde, e dentro do noso clube., o CC Maceda, arranca a ESCOLA DE CICLISMO O PEREIRO DE AGUIAR. Esta Escola , nace coa colaboración do Concello de O Pereiro de Aguiar e será dirixida por PABLO ATRIO , persoa que dende hai anos ven colaborando intensamente co noso clube e a nosa Escola, amosando a sua gran valía no traballo cos rapazes e rapazas.
Deste xeito os rapazes e rapazas do concello de O Pereiro, poderan achegarse e disfrutar do mundo da bicicleta. Para o noso clube, e moi importante e ilusionate, poder respaldar e apoiar este novo proxecto de canteira que se incia, gracias o apoio do Concello do Pereiro e a ilusion de xente como Pablo.
Asi pois ponse en marcha unha nova Escola de Ciclismo, dentro do noso clube, o que supón seguir apostando pola canteira.




MILLOR EQUIPO DE BTT XC NO ANO DO NOSO 25 ANIVERSARIO

IVAN CONDE GAÑADOR DO RANKING BTT XC 2012 EN CADETES




O pasado sábado , 16 de febreiro, celebrouse no auditorio de Valga, a gala anual que a Federación Galega de Ciclismo organiza co fin de entregar o premios os millores corredores/as e clubes da temporada. Neste caso, entregaronse os premios, os vencedores/as dos rankings das diferentes modalidades de ciclismo do ano 2012, ademais de outros recoñecementos e distincións. O noso clube estivo representado nesta gala. A titulo individual , o corredor cadete , IVAN CONDE , recibiu trofeo que o acreditaba como gañador do ranking en BTT XC, na categoria de Cadete. O noso clube, recibia o premio o millor equipo de BTT XC, da temporada 2012. Asemade  a Federación recoñecialle os seus 25 anos de historia e facialle entrega da placa conmemorativa. Queremos tamén trasladar os nosos Parabens a todos/as os galardornados na gala.

6 feb. 2013

PORQUE ME GUSTA O CICLOCROSS?


Artigo publicado no Xornal O Sil do mes de febreiro 2013, escrito por Xiana Conde:



Son as 6 da maña dun domingo de decembro, e soa o espertador, e hora de levantarse. Aínda e noite pecha e non para de chover, vai unha temperatura baixa, e a auga e case neve. En media hora sairemos cara Boiro. Toca unha carreira máis de Ciclocrós, e esta vez parece que pasada por auga, así hai que almorzar forte e ben, que a maña vai ser longa e coido que dura. Na mesa agárdame un bo almorzo
Son as 6:30 a.m. e xa estamos todos, arrancamos, por diante quedan 2:30 h de viaxe en medio dunha noite pecha, o que aproveitarei para durmir un pouco, iso si me deixan.
Son as 9 e estamos chegando a Boiro, e hora de voltar a espertarse, esta vez , ca canción dos Suaves, A Dolores le llamaban Lola. Tras o cristais da furgoneta, vese como sigue chovendo con forza, e non ten moitas pintas de parar, tamén vai algo de frío, o fin e o cabo e Decembro.
Chegamos, e antes de nada hai que organizar todo (Carpas, bicis, roupa,…..) xa que en hora e media estaremos correndo, pero antes hai que darlle unha volta o circuíto para recoñecelo.
Son as 10:15 e apenas queda un cuarto de hora para a saída, estou en riba do rolo, pedaleando , para entrar en calor , e dándolle un repaso mental o circuíto. Hai barro, moito barro, e moita auga, ademais de algún treito de área pola Praia. Neses momentos penso, “que bonito sitio para vir de verán a Praia, pero hoxe ... “
Faltan 10 minutos e chámannos para a saída, a auga e cada vez máis intensa. Somos case que 15 as rapazas que imos saír, e os nervios son cada vez máis intensos. Dan a saída, comeza a carreira. Barro , auga, frío, área, …. e o que me espera durante 35 minutos.  A carreira faise dura, moi dura. Ao final , o esforzo merece a pena , e gaño.
A nosa carreira rematou, pero a maña non, diante quedan outras dúas carreiras, e non para de chover. Son case que as tres da tarde, e remata todo coa entrega de premios. Aínda nos queda recoller todo e o viaxe de volta, xa sen nervios e sen sono, son o momento das bromas e das risas, de contarnos o que pasou na carreira . As veces parece imposible ,que as carreiras nos den para tantas aventuras.
Moitas veces , penso, como e que a unha rapaza como eu, con 15 anos, lle poida gustar un deporte como o ciclocrós? Como pode ser ? Co ben que estaría eu en cama un domingo ata as 11 ... e en cambio prefiro mollarme e encherme de barro . Pois si, aínda que as veces poda dar moita  pereza, si que me gusta e si que o disfruto . As veces semella, que canto máis duro e épico poida ser un deporte , máis nos guste e máis nos enganche e máis nos marque. Son moitas as experiencias que vives, moitos os lugares que vas coñecendo , moitos os amigos e amigas que vas facendo, en fin moitas máis cousas fan que o frío a choiva e o barro queden simplemente reducidas a unha anécdota. E difícil de explicar , pero e así, e o sentir dunha persoa a que lle gusta o ciclocrós e que o disfruta. Cando chegas a casa, e encendes o computador , empezas a ver as fotos da carreira , e pensas “ufff, que bonita loucura, que ben o pasei...” Esta temporada xa rematou, xa e un recordo, e xa estou esperando que chegue a seguinte para voltar o barro, sobre todo para ver a todos eses amigos e amigas que comparten comigo esta paixón por un deporte. E penso , que estas experiencias ,non se esqueceran na vida...