26 mar. 2013

EVA ALVAREZ 9ª NO TROFEO EUSKALDUN DE FEMINAS


A corredora junior do ACTYON-ACADEMIA POSTAL, Eva Alvarez, acudía este fin de semán a participar nas duas primeiras probas puntuables para o Trofeo Euskaldun de Feminas en estrada. A primeira delas tiña lugar o sábado na localidade de Balmaseda. Eva , finalizaba no 6º lugar a 1'06 da vencedora, a asturiana, Alicia Gonzalez. A segunda das probas, celebrábase o domingo en Zalla, donde Eva finalizaba 14.  Deste xeito Eva vai situada na xeral no posto 9º.

25 mar. 2013

SAUL LOPEZ 2º ELITE NO VIGOBIKECONTEST

RAUL GONZALEZ 2º EN JUNIORS E XIANA CONDE VENCIA EN FEMINAS CADETE. TAMEN OS PEQUES SUBIAN O PODIUM NO MINIDH





Este fin de semán celebrouse en Vigo, unha nova edición do Vigobikecontest, nos montes de Coruxo. O sábado, e dentro deste envento, disputábase a 2ª proba puntable para o OPEN GALEGO DE BTT XCO. A xornada presentabase chuviosa, pero os xovés corredores do ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA, do CC Maceda, brilaron, colleitando varios podiums. Os primeiros en chegar a meta eran os Cadetes. Xiana Conde vencía en Feminas Cadetes, enfundándose, ademais o maillot de lider do Openg. Román Saa era o 6º entre os rapazes. A continuación entraban os junior , con Raul Gonzalez, nunha magnifica 2ª posición. O seu compañeiro de equipo ,Sergio Movilla era 4º. O outro junior, Marcos Villar tiña que retirarse por un inoportuno pinchazo cando rodaba destacado en 1ª posicion. Os últimos en entrar en meta, eran os participantes na categoria raiña, a de Elite. Saul Lopez, acadaba unha ,tamén extraordinaria 2ª posicion, despois dunha gran carreira. Reseñar tamén, que entre os master participantes , tamén houbo un podium, o do M 50 Jose Manuel Gonzalez.


Xa o domingo ,tocaballe o turno os mais peques, os integrantes da ESCOLA JA HERMIDA, que por primeria vez participaban nunha proba de Descenso, concretamente nun MINIDH, dentro tamén, do Vigobikecontest. E non o fixeron nada mal, xa que Breogán Diz era o 3º entre os Benxamíns con Manuel Firvida 4º. En alevins, Breixo Atrio , era 4º.

20 mar. 2013

ARRANCOU UNHA NOVA TEMPADA DE BTT CON FRIO, CHOIVA E BARRO


Este fin de seman arrancou oficialmente a temporada para o ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA,  coa primeira proba puntuable para o OPEN GALEGO de BTT XCO en Sanxenxo, na tarde do sábado 16, e na maña do domingo, ca primeria proba puntuable para o OPEN DE ESPAÑA BTT XCO  na localidade Navarra de Sangüesa. A coincidencia de ambas carreira obrigou ao noso equipo a dividirse.
Ambas carreiras estiveron marcadas polo intenso frio, choiva e o barro.
Na xornada do sábado , o mais destacado foi o 3º posto do junior Raul Gonzalez Carracedo, que na sua primeira carreira como junior , subía o podium. O seu compañeiro Sergio Movilla era 7º. En cadetes , Roman Saa , era tamen 7º.
Na proba do domingo, en Navarra, o infortunio cebouse cos corredores macedáns. Asi na carreira de feminas, a junior Eva Alvarez, debíase retirar cando marchaba na 3ª posicion, a consecuencia dunha caida. Tamén se retiraba a cadete, Xiana Conde, cando estaba pelexando polo podium , a consecuencia dun pinchazo. Tamén Saul Lopez, se retiraba por pinchazo , na carreira de Elite, e Marcos Villar, por caida, na carriera de Junior. Asi pois, xornada aciaga a do domingo, nunha xornada moi dura polo moito barro que obrigou os organizadores a suprimir parte do circuito inicialmente previsto, e a ter que modificar o mesmo no transcurso da carreira.
A vindeira cita tera lugar este fin de seman co Vigo Bike Contest, puntable para o Open Galego de BTT XCO 2013.

15 mar. 2013

EMPEZAMOS UNHA NOVA TEMPADA DE BTT EN SANXENXO E NAVARRA

Este fin de semán empezamos oficialmente unha nova tempada de BTT, e por partida dobre. O sábado comeza en Sanxenxo o OPEN GALEGO BTT-XCo co II TROFEO INTERRIAS organizado polo CC Corbelo. Este ano serán un total de 9 as probas puntuables para o Open Galego, rematando coa proba de Maceda. O domingo , na localidade navarra de Sangüesa comeza , tamén o OPEN DE ESPAÑA DE BTT-XCO, que este ano contará con un total de 5 probas puntuables. O noso equipo, o ACTYON -ACADEMIA POSTAL estará presente nas 2 probas, tendo que dividir os seus efectivos. Asi parte do equipo estará na proba do sabado, na mentras que o resto partiran o mesmo sábado cara Navarra.
Este ano, agardanos diante un calendario intenso, no que os obxectivos fundamentales son o Open de España , Open Galego, Campionatos de España e Galicia, asi como probas da Taça de Portugal. Para elo contamos con:
SUB 23- Saul Lopez Alvarez
JUNIOR FEMINA- Eva Alvarez Regueiro
JUNIOR- Marcos Villar Perez
JUNIOR- Raul Gonzalez Carracedo
JUNIOR- Ivan Conde Fernandez
JUNIOR - Sergio Movilla Feijoo
CADETE FEMINA-Xiana Conde Alonso
CADETE-Román Saa Crespo
Ademais varios corredores Master , acompañaran o equipo.
Dentro da nosa filosofia de apoio total a canteira, apostamos por corredores xoves, de categorias inferiores, formados na sua maior parte na nosa Escola. Incorporanse , con respecto o ano pasado, Roman Saa, que pasa de infantis, e a junior Eva Alvarez Regueiro, que ven do Monteferro Bike Club, e que atesora un moi bo palmares, xa que e unha corredora que xa ten victorias no Open de España.
Destacar, tamén que tamén contaremos con unha sección de DH, (Descenso) que participara no calendario galego , e tamen no portugues de Descenso:
SUB23- Iago Garcia Bua
SUB23- Marcos Ferreiro Sanchez
JUNIOR- Miguel Gomez Cid
Agradecer a todos os patrocinadores que , un ano mais , estan detras deste proxecto.


11 mar. 2013

ESTREANDO INSTALACIONS CUBERTAS PARA ADESTRAR



Este fin de semán estreamos instalacións cubertas. O noso clube ven de recuperar parte das antigas instalacións da antiga Hipica Municipal, reconvertindoas nun Mini Bike Parque, o que nos vai permitir seguir traballando cos pequenos da Escola JA Hermida, incluso os dias de frio e choiva, xa que estas instalacións están cubertas, pechadas e iluminadas. Aínda queda moito por facer ata chegar a ter un lugar axeitado, pero co feito xa ten unhas condicions mínimas para poder adestrar. Agradecer a colaboración do Concello de Maceda para facer posible este proxecto, ao cedernos as instalacións e aportarnos material.

4 mar. 2013

A JUNIOR EVA, 3ª NO XCO INTERNACIONAL VAL RANS (PORTUGAL)


A corredora junior EVA ALVAREZ REGUEIRO , que onte se estreaba co noso maillot participando no 4º XCO INTERNACIONAL VAL RANS , na localidade portuguesa de Penafiel, realizando unha gran carreira e sendo 3ª na súa categoría, e polo tanto subindo o podium. Eva, corredora que foi formada na gran  canteira do Monteferro Bike Club, ven de incorporarse recentemente o noso equipo, co fin de proseguir a sua formación e participar asi nas millores probas de BTT a nivel Estatal. A incorporación de Eva, supon tamén un reforzo para a parte feminina do noso clube, que ata agora so contaba con unha corredora. Dende aca queremos agradecer o seu club de orixen, o Monteferro Bike Club todas as facilidades dadas e o apoio dado en todo momento a corredora.

1 mar. 2013

O SABADO 2 DE MARZO EMPEZAMOS UN NOVO CURSO


O Sábado 2 de marzo a partires das 16:30 nos arredores do Castelo de Maceda, a Escola JA HERMIDA , comeza un novo curso, con novas ilusions e novos proxectos.... Si estas interesado e che gusta  a bicicleta non o dubides, apuntate. Ou ben podes enviarnos un mail a ccmaceda@gmail.com ou virte xa directamente o sabado con nos. Esperamoste!!!