11 mar 2013

ESTREANDO INSTALACIONS CUBERTAS PARA ADESTRAR



Este fin de semán estreamos instalacións cubertas. O noso clube ven de recuperar parte das antigas instalacións da antiga Hipica Municipal, reconvertindoas nun Mini Bike Parque, o que nos vai permitir seguir traballando cos pequenos da Escola JA Hermida, incluso os dias de frio e choiva, xa que estas instalacións están cubertas, pechadas e iluminadas. Aínda queda moito por facer ata chegar a ter un lugar axeitado, pero co feito xa ten unhas condicions mínimas para poder adestrar. Agradecer a colaboración do Concello de Maceda para facer posible este proxecto, ao cedernos as instalacións e aportarnos material.

No hay comentarios:

Publicar un comentario