25 jun 2013

VICTORIAS DE MARCOS E XIANA NO 3º BTT DE OLEIROS



O junior Marcos Villar, acadaba unha nova victoria esta temporada, na proba do Open de Galicia de Oleiros, ultima proba puntuable para o Open Deputacion de A Coruña. E non so Marcos , subía ao podium nesta categoria, xa que o Raul Gonzalez, era 2º , co que o noso equipo, o ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA, acadaba o doblete nesta categoria. Ambos corredores dominaban unha carreira , marcada polo barro que habia no circuito. Sergio Movilla entraba 5º na mesma categoria.
En feminas Cadete, Xiana vencia, e tamen se levaba a xeral final do Open Deputacion de A Coruña.

17 jun 2013

EVA ALVAREZ 4ª EN BERGARA E 6ª EN SOPLENA ESTE FIN DE SEMAN.


Boa actuación da Junior, Eva Alvarez, este fin de semán nas probas de Bergara e Soplena do Trofeo Euskaldun de Feminas. Na proba do Sábado , en Bergara, Eva entraba en meta no 4º lugar, nunha chegada o sprint. Na proba do domingo, nun circuito mais duro, Eva, que estivo moi activa durante toda a carreira, entrou en 6º lugar. Asi pois , bo balance, nestas carreiras, nas que compiten, as millores feminas do panorama estatal de ciclismo en Estrada.

MARCOS VILLAR VENCE EN JUNIOR CON RAUL DE 3º EN CASTRO BARBUDO. XIANA VENCE EN FEMINAS CADETE


Este sabado, disputouse nos montes de Castro Barbudo, en Rianxo, unha nova cita do Open Galego de BTT XC, tamén puntuable para o Open da Deputacion da Coruña, no circuito, sen dubida, mais técnico do calendario galego. A xornada comezou con retraso, pero para o noso equipo o ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA, foi positiva, xa que Marcos Villar vencia na categoria de junior, con absoluta claridade, e evidenciando que vai recuperando  o seu nivel despois de mais de un ano de recuperación da sua lesión. O seu compañeiro, Raul Gonzalez, que este no seu primeiro ano na categoria, esta a convertirse nun asiduo do podium, entraba en meta 3º e acompañaba a Marcos no podium. A outra victoria da xornada, acadabaa Xiana Conde, quen vencía en Feminas Cadete e situabase lider do Open de Galicia e do Open da Deputacion da Coruña. En Elite, Saul López, era 4º e quedaba as portas do podium. En Cadetes , Román Saa , era 5º. En Master 50, tamén subia o podium Jose Manuel Gonzalez.

10 jun 2013

EVA ALVAREZ 2ª JUNIOR NO CAMPIONATO GALEGO DE CONTRARELOXO



Onte celebrabase na localidade do Codeseda, na Estrada o campionato de Galicia de contrarreloxo para as categorias de Cadetes, Feminas e Master, nun circuito de forza , de 10 km. A representacion do ACTYON -ACADEMIA POSTAL-MERIDA, corria a cargo das corredoras feminas, Eva Alvarez e Xiana Conde. Eva Alvarez, realizaba unha boa crono na categoria junior e entraba 2ª en meta, proclamandose subcampiona galega. Xiana era a 6ª en Cadetes, na sua primeira experiencia nunha crono.

3 jun 2013

EVA ALVAREZ VENCE EN JUNIORS NO OPEN DE ESPAÑA BTT DE VALLADOLID


Na matinal do domingo, no Cerro das Contiendas, en Valladolid, celbraronse os Intenacionales de Valladolid, proba puntuable para o Open de España de BTT XC. E a Junior , do ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA , lograba unha importante victoria , ao gañar a carreira de Juniors, e asi manter todas as opcions de levarse a clasificacion xeral, na ultima proba , que se celebrara a finais de xuño en Aviles. En canto os restantes corredores macedáns, Xiana Conde, rematou 6ª en Cadetes Feminas e Marcos Villar non poido finalizar a proba de juniors.

RAUL VENCE EN JUNIORS EN CAMBRE E SAUL 3º ELITE




O sabado celebrouse en Cambre o 13º Gran Premio Concello de Cambre, proba puntuable para o Open de Galicia de BTT XC, e a xornada non poido ir millor para o noso equipo o ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA. Na categoria Elite, Saul Lopez, era 3º. En Juniors, Raul Gonzalez, lograba unha importante victoria, a segunda da temporada, e en Master50 o seu pai, Jose Manuel Gonzalez era 2º; asi pois exitosa xornada para a canteira macedan.