23 sept. 2013

AIDA GONZALEZ, BREOGAN DIZ E IVAN FEIJON VENCEN NO MINI BTT DE MARIN



Onte domingo, e nunha xornada marcada polo intenso calor, no que se superaban os 35º a pesares de estar xa as portas do Outono, os xoves integrantes da Escola JA Hermida tiveron unha destacada actuacion na que sumaron un total de 7 podiums , entre eles 3 victorias, as de IVAN FEIJOO,(Infantis) AIDA GONZALEZ (Alevins) e BREOGAN DIZ (Principiantes) . Destacar tamen os 2º postos de NOELA SAA  (Alevins) MARTIN GONZALEZ (Principiantes) e Xiana Conde (Cadetes) e o 5º de AARON GONZALEZ (Infantis). Asi pois, exitosa xornada para o noso clube, no que todos estiveron a un gran nivel nun dia de moito moito calor.

16 sept. 2013

IVAN E AIDA VENCEN NO MINI BTT DE MOS


Este domingo celbrouse un novo MiniBTT, dentro desta tempada 2013, que xa esta a piques de rematar. A proba, celebrada en Mos, e organizada pola Fundacion Oscar Pereiro, contaba cunha importante participacion de rapazes e rapazas, como ven sendo xa habitual en cada proba de MiniBTT. Os nosos corredores , de novo ,tiveron unha destacada actuación colleitando ata 5 podiums, entre eles a victorias de Ivan Feijoo e Aida Gonzalez, o 2º posto de Breogan Diz, e os 3º de Noela Saa e Martin Gonzalez. Unha vez rematada a proba, poidemos disfrutar dunha bonita xornada de praia..

2 sept. 2013

HERMIDA BRONCE NOS CAMPIONATOS DO MUNDO DE SUDAFRICA E PABLO 16º SUB 23







JOSE ANTONIO HERMIDA, acadou a medalla de bronce nos Campionatos do Mundo de BTT XC , en Sudafrica, nunha emocionate carreira, na que estivo a loitar en todo momento polo maillot arcoiris. Deste xeito Hermida, volta a un podium nuns campionatos do mundo ,e acrecenta o seu impresionante palmares, no que entre outras victorias conta cos titulos de Campion do Mundo Junior en 1996, o de Sub23 no ano 2000, o de Elite en 2010, ademais da medalla de prata nas Olimpidas de Atenas, bronce nos campionatos do mundo de Livigno, varios campionatos de Europa e de España....... en fin ,un palmares que o situa entre os millores bikers da historia.... Hermida, con 35 anos , vense de convertir no corredor mais veterano en subir a un podium duns campionatos do mundo Elite.
PABLO RODRIGUEZ, finalizaba o 16º , na proba de Sub 23 realizando unha moi boa carreira , e progresando proba a proba, amosando unha gran regularidade nesta sua segunda tempada na categoria de Sub 23.
Dende aca felicitar a ambos corredores.....e para nos un gran orgullo levar o nome de JA Hermida, e que de aca teña saido un corredor como Pablo....

IVAN , AIDA E BREOGAN VENCEN NO MINI BTT DE CAMBRE



No mesmo dia que Jose Antonio Hermida acadaba a medalla de bronce nos campionatos do mundo de Sudafrica, os seus pupilos da Escola JA Hermida, acudian o MINI BTT de Cambre, acadando moi bos resultados. Asi IVAN FEIJOO, vencia con autoridade na proba de infantis, na que AARON LOPEZ, remataba 5º. AIDA GONZALEZ era 1ª en Alevins, con NOELA SAA 3ª. BREOGAN DIZ, vencia en principiantes, con MARTIN GONZALEZ 3º e HUGO GONZALEZ era 2º en prebenxamins. Asi pois moi boa xornada, nunha carreira na que participaron mais de 150 rapazes e rapazas de todas as Escolas galegas.
Clasificacions completas: http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1231_TOTALES.pdf