30 dic 2013

IVAN FEIJOO CAMPION DE GALICIA CADETE DE CICLOCROSS

SAUL 3º SUB23, RAUL 3º JUNIOR, XIANA 2ª JUNIOR E J. MANUEL 3º M5O TAMEN SUBIRON O PODIUM NO CAMPIONATO DE GALICIA DE CICLOCROSS









Este domingo celebraronse na localidade de Dumbria os campionatos de Galicia de Ciclocross 2013, e a colleita non poido se millor para os nos@s corredores/as, pechando asi un gran ano. Asi en Cadetes, IVAN FEIJOO refrendaba a sua gran tempada, neste seu primeiro ano como cadete, no que leva vencido en todas as carreiras nas que ten participado en Galicia, e gañaba con total autoridade e proclamabase Campión de Galicia. Na mesma categoría, ROMAN SAA , era 6º, nunha xornada na que os nervios o traicionaban, pero que non pode empañar a gran tempada que esta a realizar. En juniors, RAUL GONZALEZ subia o podium , sendo 3º nunha carreira moi disputada e apretada, e na que tivo que pelexar ata o final polo 3º posto. XIANA CONDE, era 2ª , nun dia no que os problemas fisicos a limitaron. Outro dos protagonistas foi SAUL LOPEZ, que finalizaba 3º na dificil categoria de Sub 23 , despois de realizar unha gran carreira, e na que vencia o macedán e actual Campión de España de BTT,  Pablo Rodriguez. O ultimo podium chegaba en M50 con J.MANUEL no 3º posto. Xulio Conde quedaba as portas do podium en M40, rematando 4º e Antonio Saa 17º. Asi pois un gran dia para os nosos corredores...


22 dic 2013

VICTORIA DE IVAN FEIJOO EN CADETES NO CX DE PORRIÑO.


Ivan Feijoo sumaba unha nova victoria esta tempada, as portas dos campionatos de Galicia de Ciclocross , no XXXVII Trofeo de Ciclocross Vila de Louro, en Porriño, na categoria de Cadetes. Roman Saa era 4º na mesma categoria quedando as portas do podium, a mesma posicion que ocupaba Raul Gonzalez en Juniors. Xiana era 2ª junior e 5ª na xeral de Feminas. En Master 40 Xulio era 10º. En Master 50 , Jose Manuel era 4º. A seguinte cita, os campionatos de Galicia en Dumbria o vindeiro fin de semán.

21 dic 2013

VICTORIA DE IVAN FEIJOO E XIANA NO CX DE MARIN. ROMAN 3º CADETE E SAUL 3º EN SUB 23


Este sabado disputouse en Marin o XII TROFEO DE CICLOCROSS RIA DE MARIN, coa victoria de Ivan Feijoo en Cadetes, sumando unha victoria mais esta tempada, e estando acompañado de novo, no podium polo seu compañeiro de equipo Roman Saa , que era 3º . Xiana Conde, tamén se levaba a carreira de Juniors, sendo 3ª absoluta na carreira de feminas. Saul Lopez era 3º en Sub23, no seu primeiro podium da tempada. Raul Gonzalez era 4º en juniors. En Master 40 Xulio era 7º e Antonio Saa 18º. En master 50 , Jose Manuel era 4º.

15 dic 2013

VICTORIAS DE PAULO GONZALEZ E CHUS BARROS NO VI CX CASTELO DE MACEDA






O VI Ciclocross Castelo de Maceda, xa é historia. Este ano a victoria na categoria raiña foi para Paulo Gonzalez ( CC Salvaterra de Miño) no apartado de homes , e para Chus Barros ( Spol) no de Mulleres.
O dia presentouse soleado e o circuito seco e moi rapido, pero ainda asi fixose duro, como manifestaban os participantes o remate da proba. Foron casi 150 os participantes chegados de toda Galicia, Zamora, Asturias e Portugal. No que respecta a actuacion dos nosos, destacar os 6 podiums colleitados, entre os que se atopan as victorias de IVAN FEIJOO, en Cadetes, que conta este ano as suas carreiras en Galicia, por victorias, e de XIANA CONDE en Juniors. Estas victorias sirvenlle para afianzarse como lideres do ranking galego nas suas respectivas categorias. Tamén subiron o podium , RAUL GONZALEZ, en junior, ROMAN SAA en Cadetes , Jose Manuel en M50 e Xulio Conde en M40. Asi pois moi bo balance , na carreira da casa, e diante do noso publico, que como anos anteriores, poido disfrutar de bonitas e intensas carreiras e do xa tradicional chocolate.
Clasificacions completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1277_Internet.pdf
Fotos de Luz Maria Iglesias
https://picasaweb.google.com/114831358335341071162/Ciclocross2014Maceda?noredirect=1
Fotos de Jose Ribo
https://plus.google.com/photos/112791761760614773609/albums/5957559497198765265

11 dic 2013

VI CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA


Este sábado, dia 13 de decembro , a partir das 15:00 horas, e nos arredores do Castelo de Maceda, organizamos o VI CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA, proba incluida no calendario galego de Ciclocross. O circuito, será o mesmo que en anos anteriores, con saida e chegada na rua paralela o IESP SAN MAMEDA, e que transcurrira polo entorno do Castelo de Maceda.
Os horarios aproximados das probas son os seguintes:
15:00 : FEMINAS (Todas as categorias) E CADETES
15:45: MASTER 30,40,50
16:30: ELITE/SUB 23 , SENIOR E JUNIOR

O horario de inscripcion será de 13:00 a 14:30 horas, na zona da saída.



9 dic 2013

VICTORIAS DE IVAN EN CADETES E XIANA EN JUNIORS NO CX DE MOSENDE


Este domingo, chegaba a 2ª proba da ponte de ciclocross do calendario galego, con unha das probas de mais tradicion o XXXVII Trofeo Horacio Barros, celebrado en Mosende, na coñecida como a catedral do Ciclocross Galego. Nunha maña moi moi fria, cunha intensa neboa e temperaturas baixo cero, os nosos voltaron a estar a un bo nivel, e asi Ivan Feijoo vencia en Cadetes, e Xiana Conde en Junior. Raul Gonzalez era 4º en Junior ao igual que Xulio en M40. Saul finalizaba 8º na carreira Elite. Roman Saa, era 10º en cadetes, nunha maña na que o frio lle poido.

VICTORIAS DE IVAN EN CADETES E XIANA EN JUNIORS EN BOIRO .RAUL 2º EN JUNIOR


Este venres celebrouse en Boiro unha nova proba do calendario galego de Ciclocross, nun circuito xa clasico no calendario galego, e que transcurre polo paseo maritimo e zona de praia., e que este ano cambio de sentido con respeto a anos anteriores. En cadetes, Ivan sumaba unha nova victoria, con Roman Saa en 4º lugar. En Juniors, Raul Gonzalez era 2º , na mentras que Xiana era 1ª na proba junior, sendo 3ª na xeral absoluta. Saul ,era 10º na carreira de Elite. En M 40 Xulio era 6º, e en M50 , 4º. Asi pois bo balance para @s nos@s

4 dic 2013

XIANA 8ª, IVAN 11º E RAUL 12º NA COPA FEDERACION CX DE NAVIA



O domingo 1, celebrouse en Navia (Asturias) unha nova proba puntuable para a COPA FEDERACION DE CICLOCROSS, no mesmo circuito que o ano pasado se celbraran os Campionatos de Espaaña. De moi boa se pode calificar a actuacion dos corredores/as do ACTYON-MERIDA-ACADEMIA POSTAL, xa que IVAN FEIJOO era o 11º en Cadetes, e ROMAN SAA o 18º. XIANA CONDE era a 8ª en feminas junior e RAUL GONZALEZ o 12º en junior. En M40 Xulio finalizaba o 11º . Asi pois , moi bo nivel para a canteira macedan nunha proba de maximo nivel.

VICTORIA DE IVAN , E PODIUMS DE XIANA E ROMAN NO CX DE DUMBRIA




Este sábado, 30 de novembro, disputouse en Dumbria unha nova proba do calendario galego de Ciclocross, no mesmo circuito , no que a finais de Decembro vanse celebrar os Campionatos de Galicia de Ciclocross. A xornada foi moi boa para os integrantes do ACTYON-MERIDA-ACADEMIA POSTAL, xa que en cadetes vencía IVAN FEIJOO, con ROMAN SAA en 3º lugar despois dun apretado sprint. En juniors, RAUL GONZALEZ , era 5º , nunha chegada tamén ao sprint, na loita pola 3ª posicion. En Feminas junior, XIANA CONDE era 2ª. Destacar a volta a competición de SAUL LOPEZ, que na proba de Elite finalizaba en 8ª posicion, sendo o 3º entre os SuB23, e amosando un bo nivel.  En M50 Jose Manuel finalizaba 2º , e en M40 Xulio Conde era 4º, Antonio Saa era 18º.