27 ene. 2014

EVA ALVAREZ 2º NA III RESISTENCIA LIMIANA EN PORTUGAL


Arrancou a temporada de BTT coa participación de Eva Alvarez na proba de III Resistencia Limia, en Ponte de Lima , na veciña Portugal. Eva, que se estreaba na categoria de Sub23, realizou unha gran carreira e rematando en 2ª posicion, e amosando un bo nivel , nesta sua primeira carreira da tempada. Tratabase dunha proba de resistencia , nos que os participantes debian dar o maximo numero de voltas a un circuito de 7 km no tempo de 3h, completando Eva un total de 8 voltas, quedando a moi pouco de completar as 9 voltas.

13 ene. 2014

GALICIA BRONCE NO TEAM RELAY NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCROSS CON IVAN FEIJOO

SAUL 7º EN SUB23 



Este fin de seman celebraronse os Campionatos de España de Ciclocross na localidade castellonense de Segorbe, e nos que a representacion do noso clube, foi amplia, con 8 corredores. Xiana e Ivan acudian a cita coa seleccion de Galicia. Destacar a medalla de Ivan Feijoo, na proba de Team Relay, formando parte do combinado galego ,que entraba 3º en meta, e sumaba asi , a medalla de bronce. En canto aos resultados a nivel individual, Saul Lopez, foi 7º en Sub23, nunha extraordinaria carreira , na que saiu atras e rematou entre os millores. Raul González foi 19º en Junior , realizando tamen unha gran carreira despois da caida na primeira volta que lle obrigou a remontar toda a carreira. Xiana Conde foi 13º, tamen lastrada por un fuete golpe na cara, por unha caida na zona de tablas. Ivan Feijoo foi 21º en Cadetes, e Roman Saa o 39º . En Master 40  Xulio foi 22º e Toño Saa o 52º. En M50 Jose Manuel foi 47º .

8 ene. 2014

IVAN FEIJOO E XIANA CONDE COA SELECCION GALEGA DE CICLOCROSS NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA


Os corredores IVAN FEIJOO e XIANA CONDE veñen de ser convocados pola Federacion Galega de Ciclismo para acudir coa SELECCION GALEGA DE CICLOCROSS aos Campionatos de España, que se celebran esta fin de seman na localidade castellonense de Segorbe.

7 ene. 2014

VICTORIAS DE IVAN E XIANA NO CICLOCROSS DE DOMAIO



Este sabado finalizaba en Domaio a temporada galega de ciclocross, con bo sabor de boca para os integrantes do noso clube, xa que como foi habitual en todas as probas, sumaron varios podiums e victorias. Asi Ivan Feijoo vencia de novo en Cadetes ,sumando 10 victorias en 10 probas , incluido o titulo de Campion Galego, e todo elo no seu primeiro ano na categoria. Roman Saa entraba en meta 5º. En Juniors ,Raul Gonzalez, voltaba a finalizar no podium e era 3º. Xiana Conde era a 3ª entre as feminas, sendo a 1ª junior. En Elite Sub23 , Saul Lopez, amosaba a sua progresion , sendo 5º, e 2º entre os Sub23. En M40 Xulio era 4º, ao igual que Jose Manuel en M50. Antonio Saa era 13º en M40. Asi pois un bo xeito de rematar a temporada galega de ciclocross.