20 mar 2014

SAUL LOPEZ 9º SUB23 NO OPEN DE ESPAÑA COFIDIS DE VALLADOLID


Este fin de seman comezaba en Valladolid o OPEN DE ESPAÑA DE BTT XCO -COFIDIS, con duas probas, o sabado a contrareloxo individual e o domingo a proba de rali. 
A cita acudian SAUL LOPEZ, EVA ALVAREZ E XIANA CONDE.  
Na contrareloxo, SAUL LOPEZ finalizaba 18º entre os Sub23 e EVA ALVAREZ A 10ª entre as feminas elite. Na mantinal do domingo ,chegaba a proba importante a de rali. As 10 da maña deberian sair as feminas e as 12 os Elite, pero unha protesta realizada por todas as chichas, en desacordo como son tratadas no orden de saida nas carreira a pesar de ser a carreira de Valladolid unha carreira UCI. Ao final , a sua carreira , celebrouse as 12 horas.
O circuito, resultou ser moi moi duro, sobre todo para as categorias inferiores, facendose as carreiras moi longas.
SAUL LOPEZ, que saia dende as ultimas posicions da grella de saida, con mais de 130 corredores, realizaba unha gran carreira , remontando volta a volta e entrando en meta no posto 29º , sendo o 9º entre os sub23, o que e un gran resultado e mais si temos en conta que foi o 5º sub23 español. Na proba vencia na categoria Sub23, o macedán PABLO RODRIGUEZ , corredor do MMR bike pro team. 
EVA ALVAREZ, era a 14º na carreira de ELITE, xa que a pesares de ser unha corredora Sub23, na categoria de feminas ,non hai clasificacion de sub 23, so recoñecendose en podium a vencedora da categoria.
XIANA CONDE entraba en meta a 9ª en JUNIOR, con un forte golpe na clavicula que a vai obrigar a estar parada durante un tempo.

JOSE RAMON VILLANUEVA 2º EN MONTEFERRO. IVAN FEIJOO UNHA VICTORIA MAIS EN CADETES




Na tarde do sábado celebrabase en Monteferro o X Trofeo Concello de Nigran, segunda proba da temporada puntuable para o OPEN GALEGO DE BTT XC. A cita , dada a coincidencia ca proba do OPEN DE ESPAÑA en Valladolid, acudia parte do equipo, e a verdade e que a pesar das baixas, cumpriron de sobras. Asi JOSE RAMON VILLANUEVA , era 2º na proba raiña, a dos Elite, amosando que e un correodor moi a ter en conta nesta tempada. En Juniors , RAUL GONZALEZ, voltaba a estar no podium sendo 3º. En Cadetes IVAN FEIJOO , sumaba unha victoria máis , e tamén con autoridade. ROMAN SAA , era 4º. Do resto de corredores , en Elite, Jorge Garrido foi o 32, en cadetes, Aaron Lopez 13º e Abel Franco 14º. En Master 30 Felix Borrajo 9º, David Gonzalez 31º Ruben Lopez 37º e Jose Garcia 39º. En Master 40 Antonio Saa o 11º e en Master 50º Jose Manuel o 6º.

13 mar 2014

SAUL LOPEZ 2º E JOSE RAMON VILLANUEVA 5º NA TRANSGALAICA DE COTOBADE



Saul López remataba 2º e J. Ramón Villanueva 5º, na primeira TRANSGALAICA  da tempada, a celebrada este fin de semán en Cotobade, e que abria o OPEN GALEGO DE MARATON. Nunha xornada soleada, e na que tomarón a saida máis de 300 corredores, ambos corredores estiveron a pelexar toda a xornada pola victoria na proba, e finalmente remataron en posicións de podium. Asi pois , moi bo resultado, nunha especialidade na que non e a súa, e na que pelexaron contra verdadeiros especialistas en probas largas. Por equipos o ACTYON-MERIDA-ACADEMIA POSTAL finalizou 2º a escasos 10 segundos do vencedor. En canto o resto de participantes, Felix Borrajo finalizou o 28 , Xulio o 45 e Antonio Saa o 96.

6 mar 2014

SAUL VENCE NO VIGOBIKECONTEST E EVA 2ª EN FEMINAS


Este sabado comezou a temporada galega de BTT , coa proba celebrada nos montes de Coruxo, o VIGOBIKECONTEST, e non o poido facer de millor xeito para o noso clube, xa que SAUL LOPEZ, vencia na categoria absoluta, na mentras que EVA ALVAREZ, era 2ª , nun dia duro con moita auga e barro. Pero non foron estes os unicos podiums, asi  IVAN FEIJOO vencia con autoridade en Cadetes, na sua primeira carreira de BTT como cadete, mentras que ROMAN SAA era 2º. XIANA CONDE vencia tamen en juniors. RAUL GONZALEZ era 3º entre os Juniors, e o seu pai, completaba a exitosa xornada para o ACTYON-MERIDA-ACADEMIA POSTAL ,co 3º posto en M50. Ata un total de 18 corredores/as do noso clube acudiron a cita, destacando que corredores como MANUEL SOUTO, AARON LOPEZ e ABEL FRANCO se estreaban na categoria.