19 jul 2014

MINI BTT DE CAMBADOS: VICTORIA DE AIDA EN ALEVINS




Este fin de seman acudiamos a proba de Mini BTT de Cambados, organizada polo CC Corbelo. Destacar a victoria de Aida Gonzalez en Alevins e o 5º posto de Noela;  o 5º posto de Artai en Prebenxamines, e o 5º e 6º posto de Breogan e Marco en Alevins. Asi pois bo balance , no que todos os que acudiron estiveron a un gran nivel. como nos teñen acostumados.

14 jul 2014

RAUL GONZALEZ E IVAN FEIJOO CAMPIONS GALEGOS BTT XC 2014. EVA E SAUL , SUBCAMPIONS.






Gran xornada para o CC Maceda, a vivida onte nos montes de Pobra de Brollon, entorno a sobreira milenaria de San Tiorxo. A xornada comezaba ca victoria de Ivan Feijoo en cadetes, proclamandose Campion de Galicia, e sumando unha victoria máis na categoria. Ivan dominaba a proba con autoridade. Raul Gonzalez, nunha carreira intensa, se proclamaba Campion de Galicia BTT XC , diante do actual campion de España de Ciclocross, o junior de O Rosal , Raul Gonzalez. Raul , lograba asi un importante titulo, e subia o máis alto do podium nunha categoria dificil ,dada a igualdade que hai entre os corredores.
Na segunda parte da xornada, Eva Alvarez entraba en meta como 2ª femina Elite, e polo tanto Subcampiona de Galicia. Na carreira Elite-Sub23 masculina, Saul Lopez, realizaba unha gran carreira na sua terra, rematando 2º na xeral absoluta ,so superado por un corredor de tanto nivel como e macedán  Pablo Rodriguez. Deste xeito, Saul se proclamaba subcampion de Galicia Sub 23.
O resto de corredores do noso clube, que non subiron o podium, tamen estiveron a un gran nivel.... Noraboa a tod@s!!!!!

MINI BTT TUI: AIDA , SAUL E ARTAI NO PODIUM


Dia de moita calor onte no MINI BTT de Tui, o que tiveron que aguantar os mais peques da Escola JA Hermida, nunha nova proba do calendario galego de Mini BTT. Aínda asi ,os nosos disfrutaron dunha bonita xornada e alguns deles subiron o podium, coma ven sendo habitual en cada proba. Asi Aida vencia en alevins, e Saul e Artai eran 2º e 3º en principiantes.

7 jul 2014

CAMPIONATOS DE ESPAÑA BTT XC CADETES EN JAEN




Este sabado celebraronse en Jaen os Campionatos de España Escolares de BTT XC. A cita acudían formando parte da Seleccion de Galicia, os corredores cadetes do noso clube, IVAN FEIJOO e ROMAN SAA. A carreira disputabase no Parque da Santa Catalina. O circuito era duro. Ivan Feijoo partia en primeira liña, facendo unha boa saida, que o situaba entre os millores. Cando estaba a piques de rematar a 1ª volta, e cando rodaba no grupo de cabeza, entre os 5 primeiros sufria unha forte caida nunha zona de baixada rapida. Ahi perdia todas as opcions, pero a pesar delo continuaba en carreira, e remataba a proba no posto 21º. Roman Saa, saia  case que a final da grella de saída. Durante a carreira pagou a dureza do circuito e a calor , e victima dun mareo tiña que retirarse.
De todos os xeitos bonita a experiencia para ambos e para o resto de integrantes do combinado galego.

ESCOLAS ESTRADA EN TEIS


Os corredores alevins, Breogan Diz e Marco Lema, acudian este domingo a proba de Estrada para Escolas disputada en Teis. Marco remataba o 12º , na mentras que Breogan Diz sufrian unha caida nos metros finais da carreira cando pelexaba polo podium.

2 jul 2014

IVAN FEIJOO E ROMAN SAA CA SELECCION GALEGA NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE JAEN



Os corredores cadetes do noso clube, Ivan Feijoo e Roman Saa, acudiran este fin de semana , formando parte da seleccion de Galicia de BTT XC, a os Campionatos de España Escolares, que este fin de semán se celebran na capital andaluza de Jaen. Parabens os dous!!!