12 ene. 2015

IVAN FEIJOO SUBCAMPION DE ESPAÑA DE CICLOCROSS CADETE E SAUL LOPEZ 5º EN SUB23




Ivan Feijoo, conqueria o subcampionato de España de Ciclocross Cadete, este domingo ,no parque de Los Pericones en Gijon, nunha maña moi intensa, con choiva e moito moito barro, o que marcou o desenlace de todas as probas. Nunha carreira moi intensa, condicionada polo barro, o que provocaba numerosas caidas e resbalons, das que Ivan non se libraba, a loita centrouse entre Ivan e o catalan Jofrep Cullel, decantouse o final polo catalan, que entraba como vencedor. Ivan pecha asi una grandisima temporada, na que ademais deste subcampionato, gañou a Copa de España, e o Campionato de Galicia. O outro cadete, Abel Franco, non tivo o seu millor dia no barro, e remataba o 27º despois de ter sufrido varios percances. En Sub23 , Saul Lopez , realizaba unha carreira espectacular, e remataba 5º despois de estar pelexando durante toda a carreira por un posto no caixon. Saul, quedaba moi perto do podium, amosando un gran nivel, diante de rivais moi dificiles. Raul Gonzalez, finalizaba o 17º despois de duas roturas de patilla na sua bici, cando marchaba nun extraordinario 8º posto e estaba a realizar unha gran carreira. En Juniors , Roman Saa ,debia retirarse , debido a unha caida. O sabado, Xiana Conde era a 11ª entre as Junior. Na carreira de Elite ,Jose Antonio Hermida, era o 3º , despois de ter saido nas ultimas posicions, nunha carreira na que vencia Aitor Hernandez e Javier R. Larrinaga era 2º

GALICIA, CON IVAN FEIJOO, BRONCE NO TEAM RELAY NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCROSS






A seleccion galega, colleitaba este venres, no arranque dos Campionatos de España de Ciclocross de Gijon ,a medalla de bronce na proba de Team Relay. Nunha carreira emocionate, na que os galegos , entre os que estaba o noso Ivan Feijoo, lideraron a proba durante duas voltas, e na que o final entraban en terceira posicion detras de Asturias e Euskadi. Ivan realizaba unha grandisima carreira, marcando o 7º millor tempo de todos os corredores, e o millor tempo dos galegos, perdendo tan so 10 segundos co millor tempo. Asi pois , un bronce para Galicia e un bronce para Ivan Feijoo.

7 ene. 2015

SAUL, XIANA , IVAN E ABEL SELECIONADOS POR GALICIA PARA PARTICIPAR NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE GIJON






Os nosos corredores/a SAUL LOPEZ (SUB23) XIANA CONDE (JUNIOR) IVAN FEIJOO (CADETE) E ABEL FRANCO (CADETE) acudiran a os vindeiros Campionatos de España a celebrar este fin de seman en Gijon, coa Seleccion de Galicia. O resto de corredores acudiran formando parte do noso equipo , co cal a representacion do noso clube ne Gijon vai ser amplia.

4 ene. 2015

IVAN FEIJOO VENCE NO CICLOCROSS DE GIJON , ABEL FRANCO 3º EN CADETES


Ivan sumaba unha victoria mais esta temporada, esta vez en Gijon , no circuito que dentro de unha seman acollera os Campionatos de España de Ciclocross. Pola sua parte, Abel Franco, era 3º en Cadetes , nunha gran carreira. En Juniors , Roman Saa era 8º. En feminas Junior Xiana finalizaba 6ª . En Elite ,Saul Lopez sufria unha caida na 1ª volta que lle iba a condicionar toda a carreira finalizando 14º . Raul Gonzalez era o 16º.