12 ene 2015

GALICIA, CON IVAN FEIJOO, BRONCE NO TEAM RELAY NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCROSS






A seleccion galega, colleitaba este venres, no arranque dos Campionatos de España de Ciclocross de Gijon ,a medalla de bronce na proba de Team Relay. Nunha carreira emocionate, na que os galegos , entre os que estaba o noso Ivan Feijoo, lideraron a proba durante duas voltas, e na que o final entraban en terceira posicion detras de Asturias e Euskadi. Ivan realizaba unha grandisima carreira, marcando o 7º millor tempo de todos os corredores, e o millor tempo dos galegos, perdendo tan so 10 segundos co millor tempo. Asi pois , un bronce para Galicia e un bronce para Ivan Feijoo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario