27 abr 2015

VICTORIA DE CARLOS, ANTIA E BREOGAN NA PRIMEIRA PROBA DE MINI BTT EN ARTEIXO






Este domingo arrancou en Arteixo unha nova temporada de Mini BTT, nunha proba con mais de 200 participantes e no que a choiva respetaba a xornada. En infantiles vencia con autoridade Carlos Canal, con Marco Nube 2º , nunha gran carreira. Antia Martinez, era a 1ª entre as Infantis, con Noela Saa 3ª . En Alevins, victoria de Breogan Diz, con Martin Gonzalez, 3º. Reseñar a gran actuacion de todos e cada un dos rapazes e rapazas da Escola JA Hermida, nesta primeira proba.... amosando moi boas maneiras, e divertindose.

BRAIS SENDIN VENCE EN JUNIOR NA TRANSGALAICA DE TUI E GAÑA A XERAL JUNIOR


Brais Sendin acudia a Transgalaica de Tui, despois de terse retirado na proba de Arteixo de Rali, vencendo na categoria junior , e marcandose un 8º na xeral absoluta , o que lle valia para levarse a xeral junior da Transgalaica 2015.

CHOIVA, AVERIAS, E PINCHAZOS NO BTT DE ARTEIXO CON VICTORIA DE XIANA CONDE EN FEMINAS JUNIOR



Xornada con moita choiva na terceira proba do Open de Galicia de BTT XC en Arteixo, nun dia marcado polos percances para os nosos integrantes, con caidas, pinchazos e averias, e que se saldaba, como mais destacado, ca victoria de Xiana Conde en Feminas Junior, o que lle valia para siturse como lider, e o 4º posto de Abel Franco en Cadetes. Tamen boa actuacion dos Master, con Felix Borrajo 2º en M40 e J. Manuel 3º en M50. Saul Lopez, sufria unha aparatosa caida cando pelexaba polo podium na proba Elite, finalizando 7º .Brais Sendin (junior) debia retirarse por pinchazo.
Raul Gonzalez finalizaba 12º na carreira de Elite. 

20 abr 2015

VICTORIA EN JUNIORS DE BRAIS SENDIN EN MELGAÇO (PORTUGAL)


Brais Sendin, acudia este domingo a participar a proba do Campionato do Minho de BTT XCO , na localidade portuguesa de Melgaço , proba na que se daban cita os millores bikers da zona norte de Portugal. Brais, que tan bo comezo esta a realizar , acadaba a victoria na categoria Junior, con un bo marxe sobre o 2º clasificado , ratificando o seu bo estado de forma.

BREOGAN DIZ 2º EN ALEVINS NA PROBA DE ESTRADA DE O ROSAL


Breogan Diz, acudia este domingo a proba de Escolas, de Estrada en O Rosal, e acadaba un moi meritorio 2º posto, subindo ao podium, e amosando a sua boa adaptación a unha disciplina como e a de Estrada.

FINAL PROVINCIAL DUATLON ESCOLAR MASIDE 2015



Nunha xornada , na que o final libramos da choiva, os nosos rapazes e rapazas voltaron a disfrutar dunha xornada deportiva, esta vez na disciplina de Duatlon Escolar, tendo unha moi boa actuacion , nunha disciplina a que non estan moi habituados. Asi sumaron varios podiums e victorias. Destacar as victorias de Abel Franco en Cadetes, e de Carlos Canal en Infantis.

13 abr 2015

BRAIS SENDIN 5º JUNIOR NO OPEN DE ESPAÑA DE JEREZ E CAIDA DE IVAN FEIJOO





Nun fin de seman accidentado para os corredores do noso clube, na segunda proba puntuable para o Open de España BTT XC en Jerez, ante numerosisimo publico, destacar a actuacion de Brais Sendin, que finalizaba 5º , despois de estar a pelexar durante a carreira polo podium . A victoria final foi para o rumano Vlad. Reseñar a lesion de Ivan Feijoo , que o sabado mentras recoñecia o circuito sufria unha desafortunada caida na que se fracturaba o radio, o que lle obrigara a estar un mes apartado das competicions. Ao resto de integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON, non lle acompañaba a sorte, e debian retirarse por diversos problemas mecanicos. Sinalar tamen o podium de J. Manuel Gonzalez, no eliminator do sabado celebrado no centro de Jerez.
En Galicia, e na Transgalaica, Felix Borrajo ,subia ao podium de Master 40 , finalizando 3º.
Destacar a gran carreira do macedan do MMR Pro Team , Pablo Rodiguez , que finalizaba 3º na carreira Elite, sendo 1º en Sub23 e mantendose como lider do Open en Sub23.