30 may 2015

PABLO RODRIGUEZ (MMR) GAÑA A COPA DO MUNDO SUB23 DE ALBSTADT E SITUASE LIDER DA XERAL




O corredor macedán  do MMR Pro Team, Pablo Rodriguez, conqueriu un fito historico para o ciclismo macedan, ao ter vencido por primeira vez nunha proba da Copa do Mundo de BTT XCO , en Sub 23, na localidade alemana de Albstadt , o que lle valeu para situarse ademais como lider da Copa do Mundo. Pablo que xa fixera 2º na primeira das probas, en Nove Mesto Na Morave, saiu a por todas na carreira e mais o ver que o seu maximo rival o suizo Foster, iba terceiro, co que a Pablo unha victoria lle valia para facerse co maillot blanco de lider da Copa do Mundo. E asi foi , Pablo vencia , e faciase co maillot blanco.
A seguinte cita sera na localidade suiza de Leinzerheide o 5 de xullo.

29 may 2015

PABLO RODRIGUEZ (MMR PRO TEAM) 2º NA COPA DO MUNDO DE NOVE MESTO!!!!



Este fin de semán comezaba na localidade checa de Nove Mesto Na Morave unha nova edición da Copa do Mundo de BTT XCO, e non o podía facer de millor xeito para o ciclismo macedán, xa que na proba de Sub23, Pablo Rodríguez (MMR Pro Team) era nada menos e nada mais que 2º!!!!. Na carreira dos Elite, o noso maestro Hermida era 10º despois dunhas duras semans nas que estivo apartado da competición por problemas de saude.
Pablo chegaba a esta cita en moi boa condición física , como asi o amosaban os resultados nas primeiras citas da temporada no Open de España do que vai líder. A única dubida , podía ser como se atopaban os seus rivais. Pero pronto as dubidas se disiparon, xa que Pablo estivo en todo momento en postos de cabeza de carreira ,chegando a liderala, e loitando pola victoria. Ao final , a pelexa pola carreira quedou centrada entre Pablo e o suizo Foster, acadando este ultimo a victoria .Pablo remataba moi satisfeito co resultado, o seu millor resultado nunha Copa do Mundo, que ademáis o situa entre os millores da Elite Mundial na categoría Sub23.
Hermida , tamén , finalizaba moi satisfeito  co seu top ten despois dunhas semans nas que estivo a recuperarse de problemas de saude.
Asi pois gran arranque de tempada para Pablo e Hermida..... nunha temporada na que os Campionatos do Mundo serán en Andorra....

26 may 2015

VICTORIAS DE ABEL FRANCO, CARLOS CANAL E ANTIA MARTINEZ NO VI MINI BTT DE CORUXO




Este fin de semana a cita para o VI Mini BTT , era en Coruxo, nun dos circuitos mais traballados do calendario galego. Foron mais de 250 rapazes e rapazas as que participaron na proba, o que convertiron o evento nunha gran festa. Da nosa Escola acudiron 25 rapazes e rapazas, estando a un grandismo nivel todos eles/as. Asi Abel Franco , vencia en Cadetes; en infantis Carlos Canal tamen sumaba unha nova victoria, con Marco Nube en 3º posto. Antia , Aida e Noela, sumaban un triplete en Infantis, entrando en meta por ese orde. En Alevins, Bregoan Diz era 2º.
Asi pois exitosa xornada para a Escola JA Hermida en Coruxo
As clasificacion completas estan en :

http://fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1504_150515_CLS_GENERAL_MINIBTT_CORUXO_FGC.pdf

18 may 2015

VICTORIAS DENDE ALEVINS ATA JUNIORS NO III MINI BTT E BTT DE DUMBRIA








Exitosa xornada este sabado no que coincidian o III Mini BTT e o III BTT de Dumbria, e na que case que  30 corredores/as tanto do noso equipo ACADEMIA POSTAL-ACTYON como da nosa Escola de Ciclismo JA HERMIDA participaban , acadando ata 5 victorias, dende a categoria Alevin ata a de Junior, coas victorias de Breogan Diz (Alevin) Carlos Canal e Antia Martinez (Infantil) Abel Franco (Cadete) e Brais Sendin (Junior). Destacando, ademais, o podium de Raul Gonzalez (2º Sub23) , Marco Nube (Infantil) Noela Saa (Infantil) Martin Gonzalez (Alevin) e Marco Varela (prebenxamin).
Asi pois ,bonita xornada, na que tanto pequen@s como grandes estiveron a un gran nivel.

12 may 2015

ABEL FRANCO 8º EN CADETES , XIANA 5ª EN JUNIOR O MAIS DESTACABLE NO OPEN DE ESPAÑA DE AGUILAR DE CAMPO



Este fin de seman tivo lugar unha nova cita do Open de España de BTT XC, esta vez na localidade palentina de Aguilar de Campo. Na crono do sabado, celebrada nos arredores do Castelo de Aguilar, Abel Franco era o 7º entre os cadetes, Brais Sendin, Raul Gonzalez 17º no grupo de Elite o 10º entre os junior, e Jose Manuel Gonzalez 2º en M50.
Xa na cita do domingo, no rali, nos arredores do embalse de Aguilar, Abel Franco, que sufria caida nos primeros compases da carreira , remontaba para finalizar o 8º. Xiana Conde era a 5ª en Feminas junior. Brais Sendin, unha das opcions serias de podium, que chegaba a esta proba 2º na xeral junior, rompia a cadea e finalmente tiña que confromarse con un 12º posto, que lle sabia a pouco. Raul Gonzalez, era o 27º entre os Elite Pro, proba na que vencia o macedan do MMR , Pablo Rodriguez, que de este xeito colleitaba por primeira vez unha victoria nunha proba do Open de España BTT XC, na categoria Elite. Jose Manuel era 4º en M50

VICTORIAS DE CARLOS CANAL , ANTIA MARTINEZ E BREOGAN DIZ NO II MINI BTT DE BEMBRIVE





Moi boa xornada para os rapazes e rapazas da Escola JA Hermida, no II MINI BTT de Vigo, onde colleitaron ata 8 podiums, entre eles tres victorias; a de Alberto Canal e Antia Martinez en Infantis, e a de Breogan Diz en Alevins. Ademais , pisaron podium, Noela Saa ,Aida Gonzalez e Marco Nube, en Infantis, Martin Gonzalez en Alevins, e Sarela Conde en Principiantes. Foron un total de 22 os rapazes e rapazas da nosa Escola que participaron na proba:

CADETES:
6º Aaron Lopez

INFANTIS:
1º Carlos Canal
3º Marco Nube
6º Hugo Vazquez

1ª Antia Martinez
3ª Noela Saa
4ª Aida Gonzalez

ALEVINS
1º Breogan Diz
4º Martin Gonzalez
20º Alvaro Barreal

PRINCIPIANTES:
13º Lucas Piñeiro
16º Hugo Fernandez
19º Uxio Atrio

5ª Sarela Conde

PROMESAS:
8º Nicolas Sierra
14º Saul Lopez
17º Artai Gavilanes
22º Hugo Gonzalez

PREBENXAMINS
6º Marco Varela
11º Iago Cruz
13º Xoel Diz
15º Mateo Dibuja



As clasificacións completas estan neste enlace:
http://fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1523_clasificaciones_rev150511.pdf

Podedes ver un amplio reportaxe fotografico realizado por David Lema en Facebook:
https://www.facebook.com/david.lemacostas/media_set?set=a.823270397727467.1073741905.100001335429842&type=1&pnref=story

5 may 2015

BRAIS SENDIN 2º NO OPEN DE ESPAÑA DE VALL DE LORD, SITUASE 2º NA XERAL PROVISIONAL DO OPEN



O corredor junior Brais Sendin, finalizaba 2º este fin de seman , na proba do Open de España de BTT XCO - Copa Internacional Catalana, celebrada en Vall de Lord. Brais, que na proba crono do sabado, finalizaba 7, realizaba unha gran carreira nun circuito duro e moi bonito, nos arredores da localidade de Sant Llorenç de Morunys, e so se via superado polo rumano Vlada Dascalu, actual lider do Open. Con este resultado Brais sube a 2ª posición da Xeral do Open. Roman Saa finalizaba o 26 tamen en Juniors.
En cadetes, a sorte non acompañaba a Abel Franco, que tanto na crono como na carreira do domingo debia abandonar por problemas mecanicos, cando estaba a realizar unha boa carreira. En Elite Sub23, Raul Gonzalez finalizaba o 47, (18 sub 23) nunha carreira na que o macedan do MMR finalizaba 2º e primeiro Sub23. Xiana Conde era 11ª en Feminas Junior.

3 may 2015

VICTORIA DE BREOGAN DIZ EN ALEVINS, CON MARTIN GONZALEZ 4º NO 38º TROFEO VILA DE LOURO PARA ESCOLAS






Gran actuacion dos peques da Escola JA Hermida, no 38 trofeo Vila de Louro, celebrado nas pistas de Torneiros en Porriño, destacando a gran victoria de Breogan Diz en Alevins, con Martin Gonzalez 4º.Alexandre Alvarez finalizaba o 17º. En Infantis, Noela Saa era a 6ª entre as rapazas e Antia Martinez a 7ª . Hugo Vazquez finalizaba o 32º.