29 may 2015

PABLO RODRIGUEZ (MMR PRO TEAM) 2º NA COPA DO MUNDO DE NOVE MESTO!!!!



Este fin de semán comezaba na localidade checa de Nove Mesto Na Morave unha nova edición da Copa do Mundo de BTT XCO, e non o podía facer de millor xeito para o ciclismo macedán, xa que na proba de Sub23, Pablo Rodríguez (MMR Pro Team) era nada menos e nada mais que 2º!!!!. Na carreira dos Elite, o noso maestro Hermida era 10º despois dunhas duras semans nas que estivo apartado da competición por problemas de saude.
Pablo chegaba a esta cita en moi boa condición física , como asi o amosaban os resultados nas primeiras citas da temporada no Open de España do que vai líder. A única dubida , podía ser como se atopaban os seus rivais. Pero pronto as dubidas se disiparon, xa que Pablo estivo en todo momento en postos de cabeza de carreira ,chegando a liderala, e loitando pola victoria. Ao final , a pelexa pola carreira quedou centrada entre Pablo e o suizo Foster, acadando este ultimo a victoria .Pablo remataba moi satisfeito co resultado, o seu millor resultado nunha Copa do Mundo, que ademáis o situa entre os millores da Elite Mundial na categoría Sub23.
Hermida , tamén , finalizaba moi satisfeito  co seu top ten despois dunhas semans nas que estivo a recuperarse de problemas de saude.
Asi pois gran arranque de tempada para Pablo e Hermida..... nunha temporada na que os Campionatos do Mundo serán en Andorra....

No hay comentarios:

Publicar un comentario