29 jun. 2015

PABLO RODRIGUEZ (MMR PRO TEAM) E LUCIA VAZQUEZ (PC QUINTENA) LEVANSE O CAMPIONATO GALEGO DE MACEDA.






Pablo Rodriguez (MMR Pro Team) cumpria todos os pronosticos e gañaba onte o Campionato de Galicia BTT XCO en Maceda, na sua casa, diante dos seus. Detras del entraba un gran Saul Lopez, outras das referencias do BTT Galego. Destacar, que a terceira posicion en Sub23 quedaba tamen en casa con Raul Gonzalez, completando asi un podium que se quedaba en Casa. En categoria de Feminas, tamen Lucia Vazquez cumpria os pronosticos e levabase a victoria.
En canto ao os nosos, Ivan Feijoo vencia con autoridade en Cadetes, na mentras que Abel Franco era 3º. En juniors, Brais Sendin tamen dominaba con autoridade, amosando o seu gran nivel. Roman Saa quedaba as portas do podium entrando en meta 4º. No que se refire ao resto de categorias , reseñar as victorias de Manuel Parada (Bogas) en Elite, Desiree Duarte en Feminas Junior, Sara Trigo, en Feminas Cadete, Diego Rey en M30, Bestillerio en M40 e Oscar Lorenzo en M50.
Destacable tamen foron os 153 biker que tomaron parte na proba....

28 jun. 2015

BREOGAN DIZ VENCE EN ALEVINS NA 3ª VOLTA CONCELLO DE NEGREIRA


Na carreira de Escola disputada este sabado en Negreira, Breogan Diz colleitaba unha nova victoria na categoria de alevins, con Martin Gonzalez en 5º lugar.

24 jun. 2015

O DOMINGO 28 OS CAMPIONATOS DE GALICIA BTT XCO EN MACEDA





Este domingo dia 28, disputaranse en Maceda, os Campionatos de Galicia BTT XCO , nos arredores das piscinas municipais de Maceda , e organizado polo noso clube, e a nosa Escola de Ciclismo JA Hermida, que este ano celebra o seu 10º aniversario, conxuntamente coa Federacion Galega de Ciclismo. A partir das 11 horas tera lugar a primeira das probas , a das categorias de M30, M40 e M50 e 60, Cadete Masculino e Cadete Femenino. As 12:30 sera a cita para as categorias Elite Masculino e Femenino, Sub23, Junior Masculino e Junior Femenino.
O percorrido duns 5 km transcurre polos arredores do rio estando a saida e a chegada nas piscinas municipais.
Destacar entre os favoritos a levarse os titulos e as medallas , ao macedan e actual lider da Copa do Mundo Sub23 , do MMR Pablo Rodriguez Guede, e o local Saul Lopez (ACADEMIA POSTAL-ACTYON) . Tamen nas categorias de Junior e Cadetes , os favoritos son os corredores locais Brais Sendín, en juniors, que lembramos, este ano finalizou 2º na xeral da Copa de España, e Ivan Feijoo, en cadetes, actual subcampion de España de Ciclocross de vencedor da Copa de España de Ciclocross.
Destacar tamen ,na categoria femenina que a principal favorita na categoria Elite, e a recente vencedora da Copa de España BTT XCO, Lucia Vazquez (PC Quintena), mentras que en Juniors, parte como favorita, Desireee Duarte, e en tanto que en Cadetes a favorita e Sara Trigo (Salvaterra).
Entre os nosos, a parte de Saul , Brais e Ivan, parten con opcions de medalla,  Abel Franco (Cadetes) Felix Borrajo (Master40) , non descartando que algun outro corredor poida entra pola pelexa dunha posicion no podium.
As inscripcions realizaranse no mesmo lugar da saida ata 1 hora antes do comezo da primeira das probas, como e habitual nas probas de BTT do Open Galego.

22 jun. 2015

BERNARDO LOSADA 3º SUB23 NO DH DE SANTIAGO


Bernardo Losada subia ao podium na proba celebrada este fin de seman no Monte do Pedroso de Santiago, ao finalizar 3º Sub23 (9º scrach) e colleitando asi , o primerio poidium para o noso equipo na disciplina de DH.

CARLOS CANAL E ANTIA MARTINEZ SUMAN UNHA VICTORIA MAIS NO MINI BTT DE BENTAZOS





Tanto Carlos Canal , como Antia Martinez, sumaban este domingo unha victoria mais, nesta temporada de Mini BTT, na que estan a contar as sua participacions por victorias, na categoria Infantil. Carlos Canal dominaba a sua carreira , acompañandoo Marco Nube no podium ao finalizar 5º, e con Hugo Vazquez 6º, as portas do podium. Entre as chicas ,a victoria era para Antia Martinez, con Noela Saa 2ª , nunha carreira na que Antia , colleitaba unha axustada victoria frente a sua compañeira de equipo , que realizaba unha gran carreira. Aida Gonzalez era 4ª
En Alevins Bregoan Diz, era 2º e Martin Gonzalez 4º . Reseñar que entre as chicas Yaiza quedaba as portas do podium ao finalizar 6ª. Asi pois moi bo balance nesta nova e moi calurosa xornada de Mini BTT , que rematou na praia....

VICTORIAS DE SAUL LOPEZ , BRAIS SENDIN E IVAN FEIJOO NO VII BTT DE SANTIAGO.





Saul Lopez faciase, na tarde do sabado, ca victoria absoluta no VII Trofeo de BTT de Santiago, organizada polo CC Compostelano no Monte do Pedroso. Saul , dominaba a carreira dende o principio e acadaba unha victoria importante a unha seman do Campionato de Galicia en Maceda.
En Juniors , a victoria tamen era para o noso equipo, con Brais Sendin dominando a carreira. E cadetes vencia Ivan Feijoo e Abel Franco era 3º. En Master 40 , Felix Borrajo subia ao podium como 3º. Asi pois exitosa xornada para o noso equipo.

15 jun. 2015

IVAN FEIJOO 3º EN CADETES E SAUL LOPEZ 4º ELITE SUB23 NO BTT XCO MONTE DO FACHO EN BARCELOS (PORTUGAL)




Saul Lopez, amosaba en terras portuguesas que pouco a pouco vai recobrando o seu bo nivel de cara as citas importantes remantado 4º no BTT XCO MONTE DO FACHO, nunha carreira na que quedou as portas do podium, pois apenas 10 segundos separaronno do 2º e 3º clasificado.
En Cadetes Ivan Feijoo era 3º en meta, despois de ter que remontar nun circuito complicado para adiantar, pero amosando que xa vai estando a un moi bo nivel, facendo esquecer xa a lesion que o tivo apartado un periodo de 2 meses.
Reseñar a victoria absoluta do Cadete Abel Franco no na media maraton de BTT en Boticas (Portugal)

VICTORIAS DE CARLOS CANAL E ANTIA MARTINEZ NO MINI BTT DE LOURIDO







A Escola JA Hermida, voltaba a ter unha xornada exitosa, esta vez no MINI BTT de Lourido, onde Carlos Canal vencia en Infantis con Marco Nube 3º e Hugo Vazquez 6º. Antia Martinez facia o mesmo entre as chicas infantis, complentado un triplete con Aida Gonzalez como 2ª e Noela Saa 3ª. En Benxamins, Breogan Diz foi 2º e Martin Gonzalez 5º . Destacar que foron unha veintena de rapazes e rapazas da Escola os que acudiron a Poio para participar na proba.

8 jun. 2015

BRAIS SENDIN FINALIZA 2º NA XERAL FINAL JUNIOR DO OPEN DE ESPAÑA BTT XCO






Brais Sendin, quedaba onte domingo ,2º na proba do Open de España BTT XCO, disputada nos pirineos oscenses, en Panticosa, completando asi un gran Open de España , e finalizando tamen, 2º na xeral final do Open. Brais so se veia superado polo rumano Vlad Dascalu. Brais, acada asi, un dos obxectivos desta tempada, que era finalizar no podium do Open de España.
Destacar tamen a carreira de Saul Lopez, quen era 15º na carreira de Elite-Sub23, sendo 5º entre os Sub23, e sobre todo, amosando un bo nivel despois na sua primeira proba a nivel estatal.
Destacar que o vencedor en Sub23 foi o macedan, do MMR Pro Team, Pablo Rodriguez Guede, que vencia ademais nesta proba, e finalizaba sobre 2º na xeral da carreira , co mesmo tempo que o vencedor da mesma, o seu compañeiro de equipo, Carlos Coloma.

VICTORIA DE BREOGAN DIZ EN ALEVINS EN O ROSAL EN ESTRADA



O corredor alevin, Breogan Diz, sumaba este sabado ,unha nova victoria en O Rosal no X TROFEO COMUNIDADE DE MONTES STA MARIÑA, vencendo con  autoridade. En 7º lugar entraba o seu compañeiro de equipo, Alexandre Alvarez, e 11 era Martin Gonzalez.
En cadetes , Felipe Pavon, era o 30.

IVAN FEIJOO VENCE EN CADETES NO OPEN GALEGO DE MUGARDOS NA SUA VOLTA A COMPETICION







Ivan Feijoo voltaba a competicion despois dunhas semans retirado pola sua lesion na proba do Open de España de Jerez, e de que millor xeito que facelo  colleitando a victoria na proba do Open de Galicia de BTT XC en Mugardos. Ivan vencia, na proba de cadetes, amosando un bo nivel. Abel Franco, tamen subia ao podium , rematando 3º , en cadetes , a pesares de ter sufrido algunha caida. En Sub 23, Raul Gonzalez, era 3º , subindo ao podium , e finalizando 8º na xeral.  Tamen finalizaban no podium, Felix Borrajo en M40 e J. Manuel en M50

1 jun. 2015

UN FIN DE SEMAN PARA NON ESQUECER.. EXITOS NO BTT DE CAMBRE, NO MINI BTT DE CAMBADOS E TAMEN NA WC DE ALBSTAD!!!







Na mesma fin de seman na que Pablo Rodriguez Guede (MMR Pro Team) nos daba a maior das alegrias, ao ter gañado a Copa do Mundo de Albstad (Alemania) situándose , ademais , como lider da COPA DO MUNDO ...nin mais nin menos!!!! a nosa canteira seguia a colleitar exitos ,amosando o seu bo nivel, asi na xornada do sábado no Open de Galicia de BTT XC, os nosos corredores, do ACADEMIA POSTAL-ACTYON , vencian en Juniors, con Brais Sendin e Xiana Conde; Saul Lopez era 2º en Sub23, Abel Franco 2º en Cadetes. Xa o domingo no Mini BTT de Cambados, os integrantes da Escola JA Hermida, vencian en Infantis , con Carlos Canal e Antia Martinez, e Bregoan Diz , en Alevins. A elo hai que sumarlle os podiums de Aida Gonzalez, Noela Saa, Marco Nube, Hugo Vazquez e Martin Gonzalez, e sobor de todo ver como disfrutaron todos os integrantes do clube e Escola co exitazo de Pablo.....