25 sept 2015

MACEDA RINDE HOMENAXE A PABLO RODRIGUEZ GUEDE





Dende hoxe o Pavillon Municipal de Maceda, levara o nome de todo un Campion de Europa de MTB XCO SUB23, e 2º na xeral da Copa do Mundo , o ciclista macedán Pablo Rodriguez Guede (MMR) . O pobo de Maceda, e arrededores, asi como as autoridades provinciais, achegaronse o Pavillon para rendille un emotivo e merecido homenaxe ao xove ciclista macedan.
E un orgullo para este clube e a sua Escola de Ciclismo , na que se formou Pablo, que dende xa o nome da instalación deportiva leve o nome dun ciclista , como e Pablo. Parabens!!

24 sept 2015

O CONCELLO DE MACEDA RINDE HOMENAXE HOXE A PABLO RODRIGUEZ GUEDE


O Concello de Maceda , rendirá esta tarde un homenaxe ao ciclista macedán PABLO RODRIGUEZ GUEDE, despois da sua gran tempada na que obtiña o titulo de Campion de Europa Sub 23 en MTB, ademas de ter sido 2º na xeral final da Copa do Mundo Sub23, despois de ter vencido nunha das probas. Con estes resultados, ademais dos titulos de Campion de España e Campion de Galicia, Pablo, vense de confirmar como un dos millores bikers a nivel mundial , na sua categoria Sub23, e situandose nunha moi boa posicion para a partir do ano que ven , pelexar por estar entre os millores na categoria Elite.
Pablo, que se formou inicialmente, na Escola de Ciclismo JA Hermida, a que lle deu xa varios titulos e alegrias non so a nivel estatal ,si non xa internacional, continuo a sua carreira deportiva, xa a partires da categoria de Sub23, en diversos equipos, chegando a que nestes dous ultimos anos ten sido a sua casa, o MMR.
O Concello de Maceda , daralle o nome de Pablo Rodriguez ao Pavillon Municipal, nun acto que comezara as 18:00 horas.

21 sept 2015

VICTORIAS DE ANTIA MARTINEZ , CARLOS CANAL E BREOGAN DIZ NO MINI BTT DE TUI








Nunha xornada calurosa, celebrabase no Monte Aloia, unha nova edicion do MINI BTT de Tui, no que participaban un total de 18 corredores e corredoras da nosa Escola de Ciclismo JA Hermida, conquerindo a victoria nas categorias de Infantis e de Alevins.
Asi Carlos Canal e Antia Martinez vencian en Infantis, sumando unha victoria mais nesta exitosa tempada. Destacar ,que ademais da victoria de Antia, Aida Gonzalez era 2ª e Noela Saa 3ª na mesma categoria, copando as 3 primeiras posicions. Breogan Diz, sumaba unha nova victoria , na categoria alevin. Destacar tamen o 4º posto de Sarela Conde.

16 sept 2015

VICTORIAS DE CARLOS CANAL E ANTIA MARTINEZ NO BARRO DO MINI BTT DE MARIN







Dia marcado polas inclemencias metereoloxicas , o que tiveron os rapazes e rapazas da Escola JA Hermida en Marin, na disputa do Mini BTT de Marin . Pero a pesares da choiva , barro e vento, ao final poideron disfrutar , sumando ademais algunhas victorias e podiums. Asi Carlos Canal vencia , unha vez mais en Infantis, dominando a carreira dende o principio. Marco Nube era 4º , subindo ao podium. En rapazas, sumabamos un triplete con Antia Martinez como vencedora, Noela Saa 2ª, e Aida Gonzalez 3ª. En alevins, Breogan Diz era 2ª e Martín Gonzalez 3º. En Principiantes Sarela Conde, subia ao podium como 4ª. O resto de rapazes e rapazas , tiveron , tamen unha destacada actuacion.

5 sept 2015

VICTORIAS DE CARLOS CANAL E BREGOAN DIZ NO XV MINI BTT DE CAMBRE






Anque a expedicion da Escola JA Hermida ao Mini BTT de Cambre, non era tan numerosa como ven sendo habitual, dada a coincidencia desta proba cos Campioantos do Mundo de BTT  que se celebraban en Vallnord (Andorra) e os que se desprazaron un bo numero de rapazes e rapazas da Escola, os resultados foron de novo moi destacables. Asi Carlos Canal sumaba unha nova victoria en infantis con Marco Nube como 3º. En Alevins, nova victoria de Breogan Diz, con Martin Gonzalez 4º . En Prebenxamins, Marco Varela era 5º . O resto de corredores estiveron tamen a un grandisimo nivel.

3 sept 2015

BRAIS SENDIN 54º JUNIIOR NOS COMPIONATOS DO MUNDO DE VALLNORD




Brais Sendin ,  finalizaba o 54º entre os junior nos Campionatos do Mundo de Vallnord, a unha volta do vencedor, o danes Andrea Andersen. Brais que partia co dorsal 89, recuperaba posicions en carreira, nun circuito moi duro situado a 1800 m de altitude, e mais con condicions climaticas adversas, xa que a a falta de 10 min para o comezo da proba caia un chaparron importante e granizo. Segundo manifestaba Brais, eso fixolle enfriar, co que se lle fixo mais dura si cabe a proba. Brais amosabase contento o remate da proba, pero quedaballe a espina clavada de ter ser retirado a falta dunha volta pola aplicacion da norma do 80%. Brais manifestaba a sua intencion de que a partir desta experiencia poida estar de novo en vindeiros mundiais.

2 sept 2015

ESPAÑA 10ª NO TEAM RELAY NOS CAMPIONATOS DO MUNDO DE VALLNORD, CON PABLO RODRIGUEZ


Hoxe mercores arrancaban os Campionatos do Mundo de MTB XCO en Vallnord, coa proba de Team Realy, na que o combinado Español, do que formaba parte o macedan do MMR, Pablo Rodriguez, finalizaba 10º. Os vencedores foron o combinado frances , sendo segundos Dinamarca e terceira Italia.