24 sept 2015

O CONCELLO DE MACEDA RINDE HOMENAXE HOXE A PABLO RODRIGUEZ GUEDE


O Concello de Maceda , rendirá esta tarde un homenaxe ao ciclista macedán PABLO RODRIGUEZ GUEDE, despois da sua gran tempada na que obtiña o titulo de Campion de Europa Sub 23 en MTB, ademas de ter sido 2º na xeral final da Copa do Mundo Sub23, despois de ter vencido nunha das probas. Con estes resultados, ademais dos titulos de Campion de España e Campion de Galicia, Pablo, vense de confirmar como un dos millores bikers a nivel mundial , na sua categoria Sub23, e situandose nunha moi boa posicion para a partir do ano que ven , pelexar por estar entre os millores na categoria Elite.
Pablo, que se formou inicialmente, na Escola de Ciclismo JA Hermida, a que lle deu xa varios titulos e alegrias non so a nivel estatal ,si non xa internacional, continuo a sua carreira deportiva, xa a partires da categoria de Sub23, en diversos equipos, chegando a que nestes dous ultimos anos ten sido a sua casa, o MMR.
O Concello de Maceda , daralle o nome de Pablo Rodriguez ao Pavillon Municipal, nun acto que comezara as 18:00 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario