16 sept 2015

VICTORIAS DE CARLOS CANAL E ANTIA MARTINEZ NO BARRO DO MINI BTT DE MARIN







Dia marcado polas inclemencias metereoloxicas , o que tiveron os rapazes e rapazas da Escola JA Hermida en Marin, na disputa do Mini BTT de Marin . Pero a pesares da choiva , barro e vento, ao final poideron disfrutar , sumando ademais algunhas victorias e podiums. Asi Carlos Canal vencia , unha vez mais en Infantis, dominando a carreira dende o principio. Marco Nube era 4º , subindo ao podium. En rapazas, sumabamos un triplete con Antia Martinez como vencedora, Noela Saa 2ª, e Aida Gonzalez 3ª. En alevins, Breogan Diz era 2ª e Martín Gonzalez 3º. En Principiantes Sarela Conde, subia ao podium como 4ª. O resto de rapazes e rapazas , tiveron , tamen unha destacada actuacion.

No hay comentarios:

Publicar un comentario