28 dic 2015

ANTIA MARTINEZ, CARLOS CANAL E IVAN FEIJOO CAMPIONS DE GALICIA DE CICLOCROSS




Nos Campionatos de Galicia de Ciclocross de Ferrol , o ACADEMIA POSTAL-ACTYON de Maceda, sumaba ata tres titulos. Asi en Categoria Cadete, Antia Martinez vencia entre as rapazas ,e acadaba o seu primeiro titulo autonómica neste seu primeiro ano na categoria. Entre os rapazes, vencia Carlos Canal, con autoridade, e sumando tamen o seu primeiro titulo. Hugo Vazquez era 10º.
En juniors, vencia Ivan Feijoo, refrendando o seu gran nivel, despois de gañar tamen a Copa de España. Roman Saa era 2º, asinando un bonito doblete. Abel Franco entraba e meta 5º a apenas 10 segundos do podium. En Elite Saul Lopez era 4º Elite, quedando as portas do podium. En Sub 23 , Raul Gonzalez 4º e Brais Sendin 5º , tamen quedaban as portas do podium. En Feminas Elite, Xiana Conde era 7ª.Na proba de promocion vencia Noela Saa. En Master, Xulio era 6º en M40, e Antonio Saa 2º. En M 50 Jose Manuel Gonzalez era 6º.  Asi pois exitosa xornada para o noso clube nuns campionatos de Galicia disputados en Ferrol sobre un bonito circuito.

Clasificacions completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/sites/default/files/todasclasificaciones_2_1.pdf

22 dic 2015

IVAN FEIJOO 25 NA COPA DO MUNDO DE CICLOCROSS JUNIOR DE NAMUR




Para Ivan Feijoo cumpriase este fin de seman un dos sonos de calquera ciclocrosman..o de poder participar nunha copa do Mundo de Ciclocross e mais en Belxica, en concreto na proba de Namur, tal vez un dos circuitos mais duros, e mais cando hai barro. E Ivan Feijoo, que viña de gañar a Copa de España non defraudaba, e a pesar de librar unha caida na saida, completaba unha moi boa carreira na sua primeira experiencia en Copa do Mundo. Entraba o 25, nunha carreira na que estaban presentes a maior parte das seleccions. Ivan adaptabase ben ao circuito, e volta a volta recuperaba postos, chegando a rodar nas ultimas volatas como o 12 millor tempo.

Resultados:
http://www.uci.ch/cyclo-cross/ucievents/2016-cyclo-cross-uci-cyclo-cross-world-cup/210701016/widgets/entries-start-lists-results-standings-172314/

15 dic 2015

ABEL FRANCO 3º NA COPA DE GALICIA DE CICLOCROSS EN VIVEIRO


Coincidindo ca ultima proba da Copa de España de ciclocross en Valencia, disputabase en Viveiro unha nova proba puntuable para a Copa Galicia de Ciclocross. Nela Abel Franco acadaba un novo podium, ao rematar 3º na categoria junior, nunha carreira , na que tiña algunha caida, pero que non lle impedian loitar polo podium, entrando en meta 3º. En Elite Sub 23, Raul Gonzalez era 8º, entrando en meta como 4º Sub23

Clasificacions:
http://www.fgalegaciclismo.es/carrera/concello-de-viveiro

14 dic 2015

IVAN FEIJOO GAÑA A COPA DE ESPAÑA DE CICLOCROSS JUNIOR.






Este domingo remataba a Copa de España de Ciclocross en Valencia, no centrico circuito do Turia, e Ivan Feijoo , chegaba a mesma como lider da Copa na categoria junior, pero con un estreito marxe de 5 puntos sobre Jokin Alberdi. A loita preveiase dura e emocionate, e asi foi. Nunha proba emocionante, con avarias e todo, Ivan entraba en meta 6º, con Jokin so dous postos por diante, o que lle valia a Ivan para acadar a xeral final da Copa. Deste xeito , Ivan voltaba a acadar en Valencia a victoria nunha Copa , ao igual que facia o ano pasado na categoria Cadete. Ivan faciase asi, e no seu primeiro ano como Junior, con este importante titulo que premia a regularidade. Ivan vencia en 3 das oito probas.
En Cadetes, Carlos Canal, era 2º,  a escasos 7 segundos do vencedor da proba, o vasco J. Calvo. Carlos Canal, pecha asi unha gran Copa ,sendo 4º na xeral , e sumando varios podiums a nivel estatal, na sua primeira tempada de Ciclocorss. Roman Saa, era 13º en Juniors finalizando 10º na xeral. Antia Martinez ,con algun problema, era 9ª e finalizaba 5ª na xeral. Hugo Vazquez finalizaba o 23º. Xiana Conde era a 21ª na carreira de Feminas Elite.

Clasificacions CX Valencia:
http://www.rfec.com/sites/rfec.com/files/CX%20Valencia%202015.%20Clasificaciones.pdf

Clasificacion Xeral Finala Copa de España
http://www.rfec.com/sites/rfec.com/files/General%20final%20Copa%20Es%60pa%C3%B1a%20CX.pdf



7 dic 2015

ABEL FRANCO 2º JUNIOR NA COPA DE GALICIA DE BOIRO


Abel Franco era este domingo 2º en juniors na proba puntuable para a Copa de Galicia de Ciclocross en Boiro, nunha emoncionate carreira que se decidiu ao sprint entre Abel e o Pablo. Na categoria de Elite, Raul Gonzalez, era 9º , 4º entre os Sub23. Saul Lopez, na sua primeira carreira da temporada, debia abandonar por averia.
Clasificacións completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/carrera/trofeo-concello-de-boiro

IVAN FEIJOO 4º EN IGORRE SIGUE LIDER DA COPA DE ESPAÑA JUNIOR A FALTA DA PROBA DE VALENCIA


Este domingo celebrouse na Katedral do Ciclocross a penultima proba puntuable para a Copa de España de Ciclocross, ante numerosisim publico, e nun circuito con moito menos barro do habitual. Ivan Feijoo , entraba en meta 4º entre os juniors, mantendo deste xeito o maillot de lider da Copa , que se decidira na ultima proba de Valencia. Roman Saa , que cando marchaba 5º, sufria unha caida, debia posteriormente abandonar por avaria. En Cadetes, Carlos Canal era 9º, acadando un novo top ten, e Hugo Vazquez era o 39º. En Feminas Cadete, gran carreira de Antia, que era 5ª , non moi lonxe do podium. Xiana era a 22 en Feminas Elite. Asi pois , na categoria junior, todo se vai decidir na carreira de Valencia.

4 dic 2015

UNHA ETAPA DE "LA VUELTA A ESPAÑA 2016" SAIRA DE MACEDA


A nova saltaba esta semán, unha etapa de "La Vuelta" saira de Maceda, como asi o confirmaban no acto de presentación das etapas que pasaran pola provincia de Ourense, que este ano tera un protagonismo especial na Vuelta. Asi a Vuelta arrancara de Laias con unha crono de 28 km ata Castrelo de Miño. A segunda etapa partira de Ourense. A cuarta chegara a Luintra e sera a quinta etapa, a que saia de Maceda. No acto de presentación, celebrado en Castrelo de Miño, ademais do Presidente da Deputación de Ourense, estaba o director xeral de Unipublic, J. Guillen. No mesmo acto , o protagonismo era para o macedán Pablo Rodriguez Guede (MMR Pro Team) e hoxe un dos grandes referentes do ciclismo galego.
Esta nova constitue unha gran ledicia para toda a xente do CC Maceda, que despois de mais de 50 anos de existencia ve cumprida unha das suas ilusións, a de que unha dos grandes monumentos do ciclismo recale en Maceda. O ano 2016 semella que vai ser un ano con protagonismo do ciclismo macedan.

2 dic 2015

COPA DE GALICIA : VICTORIAS DE IVAN, CARLOS ANTIA E NOELA NO CICLOCROSS DE DUMBRIA






Exitosa xornada para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON de Maceda na terceira proba da Copa de Galicia de Ciclocross, na que colleitou un total de 4 victorias (Ivan Feijoo en junior, Carlos Canal en Cadetes, Antia Martinez en Cadetes, e Noela Saa en promocion). Na categoria junior, acadabase un dobrete , xa que ademais da victoria de Ivan Feijoo , Roman Saa era segundo en meta, nunha gran carreira. Abel Franco era 5º quedando as portas do podium. En cadetes era Carlos Canal o que acadaba a sua primeira victoria en Galicia. Hugo Vazquez era 12º. En Feminas cadete, chegaba a primeira victoria de Antia Martinez na sua nova categoria. Na carreira de promocion, Noela Saa e Aida Gonzalez dominaban e acadaban un dobrete, con victoria de Noela. Na carreira de Elite, Raul Gonzalez era 5º Sub23 e 9º na xeral. En M40 Xulio Conde 7º , Antonio Saa 21 e en M50 J.Manuel Gonzalez 7º.

Clasificacions completas:

http://www.fgalegaciclismo.es/carrera/4o-trofeo-ciclocross-concello-de-dumbria