26 ene. 2016

IVAN FEIJOO O 44 NA COPA DO MUNDO DE HOOGERHEIDE


Ivan Feijoo, finalizaba o 44 na Copa do Mundo de Hoogerheide, ultima proba antes dos Campionatos do Mundo que se celebran o vindeiro fin de seman en Zolder. Ivan, que non tiña unha boa saida, perdendo algunhas posicions. O carreira disputabase nun circuito con moito barro, facendose moi pesado e duro o rodar nel, e marcandose diferencias entre os corredores que estan mais adaptados a este tipo de carreiras e os que non. Ao final , Ivan remontaba algunhas posicions e finalizaba o 44, pero sobre todo, o mais positivo era ter corrido nun circuito de barro e nunhas condicions de dureza que ata esta carreira non tiña tido esta temporada, o que constitue un bo aprendizaxe de cara a vindeiras citas.

Clasificacions:
http://www.uci.ch/cyclo-cross/ucievents/2016-cyclo-cross-uci-cyclo-cross-world-cup/210701016/widgets/entries-start-lists-results-standings-172314/

IVAN FEIJOO CONVOCADO POLA SELECCION ESPAÑOLA PARA O MUNDIAL DE ZOLDER


Ivan Feijoo, despois da sua gran temporada, ven de recibir a convocatoria da selección Española para participar nos Campionatos do Mundo de Zolder, que se disputan o ultimo fin de xaneiro, na localidade belga de Zolder. Ivan ,que participara na categoria Junior, acude asi , a sua primeira cita mundialista, e e o terceiro corredor do noso clube en participar coa seleccion española nuns Campionatos do Mundo . Anteriormente o fixeran Pablo Rodriguez (en BTT e CX) e Brais Sendin (en BTT) . A expedición partira o vindeiro xoves dias 28 de xaneiro, e a sua carreira e o sabado 30.

11 ene. 2016

IVAN FEIJOO SUBCAMPION DE ESPAÑA JUNIOR DE CICLOCROSS




Ivan Feijoo acadaba este domingo outro exito mais na sua corta fructifera carreira, ao acadar o subcampionato de España de Ciclocross na categoria junior, na localidade cantabra de Torrelavega. Ivan que partia como un dos favoritos para subir o podium, non defraudaba, e acadaba o subcampionato, nunha carreira marcada polo barro , nun circuito espectacular, e nunha loita de tu a tu co vasco Jokin Alberdi, que a apostre entraria vencedor. En Cadetes , a outra das opcions serias do noso equipo, Carlos Canal, realizaba unha gran carreira , sendo 5º despois de que unha caida, cando marchaba 1º , o apartara da loita pola victoria e polo podium. Ainda asi , Carlos completaba unha gran carreira. 
Do resto destacar tamen o 9º posto da cadete de 1º ano, Antia Martinez. 
Na proba de Team Relay, que de celebraba o venres , e na que tanto Ivan como Abel, formaban parte do combinado galego, Galicia era 4ª despois de ter sufrido unha saida de cadea , nos ultimos 100 metros, o ultimo relevo, Mauro, e cando tiñan practicamente asegurado o 3º posto.


4 ene. 2016

IVAN, ABEL, ROMAN , ANTIA E CARLOS CA SELECCION DE GALICIA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CX EN TORRELAVEGA




Os corredores do noso equipo Ivan Feijoo, Carlos Canal e Roman Saa (juniors) e Antia Martinez , Carlos Canal (Cadetes) , acudiran formando parte da seleccion de Galicia, os Campionatos de España de Ciclocross, na localidade cantabra de Torrelavega que se celebraran os dias 8,9 e 10 de Xaneiro

VICTORIAS DE SAUL LOPEZ (ELITE), IVAN FEIJOO (JUNIOR) ANTIA MARTINEZ E CARLOS CANAL (CADETES) NO VIII CICLOCROSS DE MACEDA








Ata catro victorias sumou o ACADEMIA POSTAL-ACTYON no VIII CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA, ultima proba puntuable para a Copa Galicia de Ciclocross, diante do seu publico, nunha xornada marcada pola choiva e o barro. SAUL LOPEZ  dominaba a proba absoluta e acadaba unha importante victoria na categoria Elite. Raul Gonzalez era 3º en Sub 23. En juniors, o dominio era absoluto por parte de Ivan Feijoo, con un gran Abel Franco, 2º. Roman Saa , era 4º. En Cadetes, Carlos Canal daba outra victoria mais ao clube local. Hugo Vazquez era 9º. Antia Martinez, sumaba unha victoria mais na categoria cadete. Tamen Noela Saa acadaba a victoria na proba de promocion.
En M 40 Xulio era 5º, e Antonio Saa 18º, e en M50 J. Manuel 7º.


Clasificacions :
http://www.fgalegaciclismo.es/carrera/concello-de-maceda

Fotos:
https://plus.google.com/u/0/photos/+LuzIglesias/albums/6235649833714010481