25 abr 2016

DUATLON ESCOLAR DE MACEDA


Na maña do domingo celebrouse en Maceda a final provincial de DUATLON ESCOLAR , contando este ano con unha participacion superior a outros anos, e constituindo unha bonita festa e xornada para os rapazes e rapazas das diferentes escolas que acudiron a participar.
No deportivo, destacar, en canto ao que o noso clube se refire, as victorias de Marco Nube en Infantis, de Antia Martinez en Cadete, de Nicolas Sierra en Benxamins, e os  podiums de Noela Saa, Aida Gonzalez e Hugo Vazquez.

VICTORIAS DE SAUL LOPEZ, ROMAN SAA E ANTIA MARTINEZ NO OPEN GALEGO DE CASTRO BARBUDO





Saul Lopez vencia con autoridade na categoria Elita, na segunda proba puntuable para o Open Galego BTT XCO, disputada en Castro Barbudo, nun circuito técnico. Saul, chegaba a meta con 2 minutos de ventaxa sobre o 2º clasificado. Pero esta non era a unica alegria para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON, xa que en Juniors chegaba a victoria de Roman Saa, que ademais lle valia para situarse como lider do Open. Abel Franco entraba en meta 4º perdendo o maillot de lider. Aaron Lopez era 6º. Ivan Feijoo debia abandonar por rotura de cadea. En cadetes , Carlos Canal, non podia tomar parte na proba por ter sufrido unha caida na volta de recoñecemento. Hugo Vazquez entraba en meta 4º. Antia Martinez sumaba unha victoria mais en Feminas Cadete.

Foto Luz Maria Iglesias
Clasificacions completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/carrera/5o-trofeo-castro-barbudo-btt-xc

18 abr 2016

IVAN FEIJOO 6º JUNIOR, CARLOS CANAL 5º CADETE, NO SUPERPRESTIGIO DE ARNEDO




Este fin de semán , Ivan Feijoo, Abel Franco, Carlos Canal e Antia Martinez acudian coa Seleccion Galega, a participar na proba do SUPERPRESTIGIO MTB ,na localidade riojana de Arnedo, cita internacional na categoria junior e na que se daban cita varias seleccións autonómicas e a Selección de Portugal. En juniors, IVAN FEIJOO, finalizaba 6º, na mentras que CARLOS CANAL era 27º. En cadetes, CARLOS CANAL, finalizaba 5º. ANTIA MARTINEZ era 9ª entre as feminas cadete.

Clasificacións completas:
http://superprestigiomtb.com/pdf/2016/2016-04-17-SPM-CLASIFICACION-ARNEDO.pdf

15 abr 2016

A XUNTA PREMIA O CC MACEDA NOS PREMIOS DO DEPORTE GALEGO 2015


A Secretaria Xeral para o Deporte , ven de facer publico, os premiados este ano nos PREMIOS DO DEPORTE GALEGO 2015 , entre os cales se atopa o CC Maceda, distinguido co PREMIO A MILLOR ENTIDADE NA PROMOCION DO DEPORTE BASE. A entrega de premios farase o vindeiro 12 de maio, no Teatro Principal de Ourense. Este premio, constitue para o noso clube e Escola de Ciclismo, un bonito agasallo e recoñecemento a anos de traballo ca canteira do ciclismo.

11 abr 2016

IVAN FEIJOO VENCE EN JUNIORS NA TAÇA DE PORTUGAL. SAUL LOPEZ 6º EN ELITE



Ivan Feijoo acadaba este domingo unha importante victoria na proba da Taça de Portugal disputada na localidade de Valongo, na categoria junior. Ivan dominaba a proba dende o principio, e chegaba a meta cunha renta de 2 min sobre o segundo clasificado. Deste xeito , Ivan , ademais da victoria, suma uns importantes puntos UCI, o que lle vai valer para millorar a sua posicion no rankin da UCI.
Na categoria Elite, Saul Lopez, tamén realizaba unha gran carreira entrando e meta 6º , nunha proba C1, na que pelexaba entre os millores bikers portugueses. Asi pois , gran balance, na participacion do ACADEMIA POSTAL-ACTYON en terras lusitanas, nunha xornada marcada polo mal tempo.

VICTORIA DE ABEL FRANCO (JUNIOR) E ANTIA MARTINEZ E CARLOS CANAL (CADETES) NO ARRANQUE DO OPEN DE GALICIA BTT XCO







Arrancaba este fin de seman unha nova tempada de BTT XCO en Galicia coa proba de Ferrol, dando asi comezo ao OPEN GALEGO DE XCO; e non o poido facer de millor xeito para o noso equipo o ACADEMIA POSTAL-ACTYON, xa que os nos@s corredores/as acadaban ata 7 podiums, entre eles tres victorias. Asi en juniors , vencia Abel Franco, con Roman Saa 3º e Aaron Lopez 5º, o que lle valia a Abel para situarse como primeiro lider do Open. Tamén se vestia de lider , Carlos Canal, vencedor en Cadetes, con Hugo Vazquez 3º . Antia Martinez , tamen se colocaba como lider, ao vencer en Cadetes. Raul Gonzalez, tamén subia ao podium en Sub23 , ao ser 3º. E en feminas Elite, Xiana Conde era 3º asinando un novo podium.
Asi pois exitosa xornada para a nosa canteiras

6 abr 2016

IVAN FEIJOO 74º NA UCI JUNIORS SERIES DE RIVERA (SUIZA)


A sorte non acompañaba a Ivan Feijoo na sua primeira participacion nunha proba da UCI JUNIORS SERIES , na localidade suiza de Rivera. Xa que de partida tiña que sair no posto 160 ao non ter a UCI actualizado o seu rankin. Despois, cando xa tiña remontado ata a posicion 50 , nun circuito dificil , sufria un pinchazo na ultima volta , facendo medio circuito a pe, e perdendo moitas posicions. Ao final 74 , e unha boa experiencia para o futuro. Na mesma proba participaba Pablo Rodriguez co seu equipo MMR e Jose Antonio Hermdia (MERIDA), ambos na categoria Elite. Ao final pablo era 11º e Hermida o 12º.

VICTORIA DE CARLOS CANAL NA PROBA DE BTT XCO DE MELGAÇO (PORTUGAL) EN CADETES




Carlos Canal colleitaba este fin de seman unha nova victoria en terras lusitanas ,esta vez na proba rexional de Melgaço, vencendo con autoridade na categoria de Cadetes . Na mesma categoria Hugo Vazquez era o 11º. En Elite, Raul Gonzalez lograba un moi bo 8º posto. En Juniors , Abel Franco perdia na ulitma volta un podium polo que estivo loitando toda a carreira. Ao final era 6º.Na carreira de Escolas, Noela Saa era 3ª na categoria de Infantis.

1 abr 2016

PRESENTACION DE LA VUELTA A ESPAÑA CON PROTAGONISMO DA NOSA ESCOLA JA HERMIDA




Onte celebrouse en Ourense a presentacion das etapas de La Vuelta 2016 pola provincia de Ourense, con un gran protagonismo para o noso clube e a nosa Escola de Ciclismo JA Hermida e todos os seus rapazes e rapazas. Lembrar que a 7ª etapa, o venres 26 de agosto partira de Maceda, o que vai constituir un autentico fito historico para o noso clube e o noso pobo. No acto, capitaneado por Pedro Delgado, Oscar Pereiro e Fernando Escartin, entregouse un recoñecemento entre outros a Pablo Rodriguez e Xulio Conde.