27 jun 2016

VITORIAS DE SAUL LOPEZ , IVAN FEIJOO, CARLOS CANAL E ANTIA MARTINEZ NO OPEN GALEGO DE CORUXO







Saul Lopez  vencia con autoridade na proba do Open de Galicia de BTT XCo celebrada este sabado nos montes de Coruxo, nun dos circuitos clasicos do calendadario galego. Deste xeito, Saul amosaba xa dende a primeira volta que era o corredor mais forte da proba. En sub 23, Raul Gonzalez, voltaba a estar no podium, e era 3º. En juniors Ivan Feijoo vencia de novo, con un amplo marxe sobre os seus compañeiros de equipo, Roman e Abel , que entraban por esta orde en meta, conseguindo asi un novo triplete. Roman deste xeito afianza a sua posicion de lider do Open.
En Cadetes, a victoria era de novo para Carlos Canal, esta vez moi sufrida pola calor. Hugo Vazquez era 4º. Carlos despois deste resultado e mais lider do Open. En Feminas Cadete, Antia Martinez vencia tamen unha vez mais , sendo tamen mais lider.
Asi pois extraordinario balance para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON - MMR, con 4 victorias ,un segundo posto, e 2 terceiros. Despois desta proba, Roman Saa , Carlos Canal e Antia Martinez siguen de lideres do Open.

No hay comentarios:

Publicar un comentario